sábado, 4 de enero de 2020

DIARIO DE LÚA: SÁBADO, 4 DE ENERO DE 2020


Sábado, 4 de xaneiro de 2020
O ano 2020 comezou moi ben. Creo que non podería comezar mellor. Comezou entre felicidade, festa, viño Ribeiro, risos, bailes, cantos, amor, agarimo, fidelidade, promesas de estarmos sempre aí para o que precisásemos... Que diferenza entre este Cabodano e o Cabodano do ano pasado. O 2019 empezou para min con falla de saúde, de amor, de agarimo e de lealdade. Comecei o ano rodeada de soidade, de doenza, de malestares anímicos e físicos, sen esperanza e crendo que principiaba para min un ano baleiro, sen sentido... Sei que nunca máis me volverei sentir así, tan desfeita de dor, tan soa, tan desprotexida e fallada de amor namentres Agnes estea comigo. Se Agnes está na miña vida, xunta min, tamén terei o agarimo das persoas que forman a súa familia; a que tamén sinto como a miña familia despois de todas as cousiñas que vivimos xuntos todos. Se Agnes está comigo, entón podo ter un fogar que me acolle, unha vida que me enche a ialma e, sobre todo, por riba de todo, unha morea de razóns para vivir, una infinda ducia de motivos para loitar pola vida, por manter unha vida que si paga a pena vivir, unha vida digna chea de beizóns.
Nunca dependín de ninguén para ser eu mesma, para vivir, para encher a miña vida das cousas todas que gustaba de facer, pero agora si que dependo de Agnes para sentir que a miña vida ten sentido, para crer que paga a pena estar neste mundo que está tan doente. Agora xa si que dependo do amor para sentirme enchida de vida. Antes non. Seica antes non precisase nada para saberme viva e feliz porque estaba afeita á idea de que nunca podería ser feliz con Agnes, porque seica me conformase con vivir sen ela. Xamais pensei que nos reencontrariamos. Cría que nunca máis nos volveriamos ver, que a súa vida e maila miña quedaran divididas para sempre despois de todas esas promesas de amor eterno que nos fixemos; mais sabía que nin ela nin eu tiñamos a culpa de que non estivésemos xuntas. Sabía que estabamos lonxe a unha da outra porque así o decidiran as persoas que nos coñecían.
Mais iso queda moi lonxe de nós xa. Non paga a pena xa mirar cara o pasado. Hai que mirar para o futuro sendo conscientes do fermoso e valioso que é o noso presente. A noite de Cabodano fun plenamente consciente do perfecta que é a miña vida, á fin, despois de tantos anos sufrindo e pasándoo mal, tendo que tirar para adiante sentindo que tiña que tragarme a miña dor toda. Nese sentido, sei que son moi forte porque seguín coa miña vida, facéndolles crer aos demais que era a persoa máis feliz e leda do mundo, cando, en realidade, o único que sentín durante anos foi un inmenso desexo de agocharme do mundo enteiro, de estar soa, de non falar con ninguén e de chorar durante horas; pero non me quixen deixar vencer pola tristura e o desalento e estudei a miña carreira, prepareime unhas oposicións e opositei poñendo a miña ialma toda nese esforzo. Quitei a miña praza nun instituto de Ourense e alí sigo traballando. Sinto que todos eses esforzos pagaron a pena porque me deron como resultado o traballo da miña vida. Éncheme moitísimo ser a confidente deses rapaces que se encontran mal no mundo, que teñen problemas... Éncheme moitísimo axudalos, sentir que eles atopan en min unha persoa que os entende.
Volvendo á noite de Cabodano, quero contar que a celebramos na aldeíña, coa familia toda. Casandra viñera pasar o Nadal á aldeíña con Gabriel, pero marchou o día vinte e oito porque non se sentía ben deixando soa á súa irmá durante tantos días. Gabriel quedou en Ourense, co seu pai, Damián, o tío de Agnes, e volverá a Cataluña despois de Reis. Casandra me acaeu moi ben. Non a coñecía practicamente. Coñecémonos aquela noite na que ela veu buscar a Artemisa, aquel día no que Artemisa tentara tirarse a vida. Sempre sinto arrepíos cando lembro que non morreu grazas a Agnes e tamén grazas a min, que fun quen a colleu dos brazos antes de que ela se botase ao río dende a Ponte Vella. Non sei se Artemisa me agradece que lle salvase a vida. Agora ela está doente. Loita contra unha doenza horríbel que todos sabemos que vai superar. Agnes leva case tres semanas celebrando rituais para enviarlle saúde e boa enerxía. Dende que soubo grazas ao seu poder de intuición que Artemisa está doente, non deixou de celebrar eses rituais que, seguramente, a están a axudar moito. Segundo nos comentou Casandra, ata que realmente estea curada, Artemisa non saberá que Agnes a está a axudar. Casandra pensa que non precisa sabelo. Nin tan sequera Casandra lle confesou á súa irmá que Agnes e máis eu sabemos cal é a doenza que a está a atacar. Falamos con ela o día de Noiteboa e desafogouse moito connosco. Foi un momento moi duro, pero coido que Agnes e máis eu a animamos bastante. Ela díxonos que se sentiu moi apoiada por nós. Casandra paréceme unha muller moi forte á que non lle custa compartir o seu vigor coas persoas que quere.
Estes días de Nadal, de festas, de vacacións, están a pasar moi rapidamente, coma se tivesen présa por marcharen. Gustaríame que Agnes collese algúns días de festa, pero está tan entregada ao seu traballo que nin pensar en descansar pode. Enténdoa, pero non podo evitar insistirlle dicíndolle que nos tocou algo na lotería e que non é preciso que traballe tanto, pero non a convenzo porque ela non traballa por cartos, senón porque realmente lle gusta o seu choio e iso é moi importante. Amais, quere reservar o belisco que nos tocou para facer reformas na casiña da aldea, que boa faltiña lle fai, que xa é moi velliña, e tamén para a nosa voda.
O momento no que lle preguntei a Agnes se quería casar comigo foi un dos máis bonitos que viviamos ultimamente, a maiores do noso reencontro, que iso pareceu un soño; o soño máis máxico que xamais puidemos imaxinar. Todos os que compartían aquela noite connosco quedaron moi abraiados cando me viron achegarme a Agnes logo de pedirlle se quería casar comigo. Nunca poderei esquecer a mirada que Agnes tiña nese momento. Ollábame con tanto amor que crin que me derretería, que non sería quen de seguir falando, que ficaría pegada ao chan sen poderme mover, pois esa mirada facíame sentir tanta calor, tanto amor, tanto agarimo... Non sei describir o que sentín cando ela me dixo que si, cando me abrazou, apertándome con tanto amor contra ela... cando me dei de conta de que estaba chorando da emoción... Foi un momento tan bonito que me custaba crer que fose real, sobre todo despois de tanto sufrimento, despois de pasalo tan mal por mor de estar lonxe dela... Agora estaremos xuntas para sempre e non permitiremos que ninguén nos volva separar. Sei que estaremos xuntas para sempre non só por eses momentos tan bonitos que vivimos, senón polo noso día a día, por como compartimos a vida, polas cousas que partillamos, que facemos xuntas, pola nosa maneira de vivirmos os nosos espertares, o noso durmir, a nosa vida toda, momento a momento. Son os pequenos momentos, os que semellan menos importantes, os que realmente nos amosan se estamos feitos para estar coa persoa que amamos e eses momentos que crean os nosos días e mailas nosas noites amosáronnos dun xeito contundente que nós estamos feitas para estarmos xuntas para sempre, que nacemos para amarnos. A estas alturas da vida, coido que ter dúbidas de se nos amamos ou non é algo que non ten senso.
A Noiteboa deste ano foi moi especial, foron moi especiais todos estes días de festa, pero sobre todo a noite de Cabodano foi marabillosa, inesquecíbel. Nunca a poderei esquecer, sempre a lembrarei cun agarimo inmenso. Pasámolo tan ben que me custa explicar como foi todo porque se me mesturan todos os momentos na mente e cústame distinguir cal vai antes e cal despois. Lembro sobre todo deses momentos previos á cea, nos que o preparamos todo con tanta ilusión. Ía moitísimo frío, pero podíase estar perfectamente na rúa porque a calor de todos se xuntaba e esqueciamos a friaxe que nos rodeaba. Agnes levaba un vestido de tirantes, de cor azul, que lle quedaba tan e tan ben... pero eu insistinlle moitísimo en que se abrigase algo máis, xa que é moi propensa a coller arrefriados; mais non me fixo caso. A que colleu algo na gorxa fun eu. Ao día seguinte, non podía nin falar, pero xa estou ben, por sorte. Tiven algo de febre, pero xa pasou.
Lembro tamén deses momentos nos que a música soaba, nacía das nosas mans, das mans de todos os que tocaban connosco, da voz de Agnes, dos seus movementos... Sempre gozo moitísimo dos momentos nos que creamos música xuntas, pero aquela noite parecíame que nunca a ouvira cantar nin tocar antes. Debería de estar afeita a vela, pois ensaiamos todos os mércores e algúns sábados tamén, pero aquela noite era todo tan especial que me parecía que nunca ouvira algo tan fermoso, que non coñecía a voz de Agnes, tan potente e doce asemade... e parecíame que a súa voz se espallaba pola aldea toda, polo bosque todo, e chegaba ata as montañas, colándose entre as pedras, facendo nacer máis flores, máis árbores, no medio da neve que cobre os cumes... Tocaba coma se nese momento non fose frío, coma se as súas mans tivesen toda a vida do mundo. Ás veces, eu ficaba detida, sen saber como seguila, do arroubada que quedaba ao vela, ao ouvila... Ía moitísimo frío, pero eu non o sentía. Non o sentía porque ouvila cantar e tocar e vela bailar me facía sentir unha calor moi doce e deliciosa polo meu corpo todo. Acabei deixando a zanfona e achegándome a ela para bailar xuntas. A Agnes custoulle moito deixar a pandeireta nas mans da súa nai e entregarse a min na danza, pero, cando a convencín, pareceume que o mundo ficaba detido e lonxe de nós. Hei de confesar que, nese momento, esquecín todo, todo o que formaba a nosa vida, e o único que me comezou a importar foi gozar con ela da vida, desa noite, da música, dos bailes... e non lembrei dos que estaban connosco, tocando música, véndonos bailar.
Xa beberamos bastante, pero, esquecendo o que podía pasar despois, enchín máis dunha vez a cunca de Agnes e empurreina a beber, a seguir bebendo, namentres bailabamos cada vez máis xuntas, máis lonxe de todo. Agnes dicíame: “coido que non debería de seguir bebendo”, ao que eu lle contestaba que non se preocupase por ren, que gozase desa noite, que o que importaba era que o pasásemos ben, que recibísemos cunha felicidade inmensa ese novo ano que entraba, que non me importaba nada, que só quería pasalo ben con ela.
Canto rimos, cantos bicos nos demos, que mareadiñas rematamos ambas as dúas... Facíame rir saber que ambas as dúas estabamos a bailar sentindo que o chan non existía, que voabamos no medio da noite... Rin moito xunta ela, gocei con ela da música e dos bailes como se de verdade non houbese mañá, coma se o mundo enteiro rematase esa noite.
Hai un momento no que comezou a ser todo confuso para min, no que me custa lembrar que ocorreu despois. Sei que Agnes ría de felicidade, leda e bebediña, ao notar que o baile que estabamos compartindo se volvía algo comprometido. Lembro que me dixo: “Lúa, Luíña, que non estamos soas”, pero a min non me importaba. Bailaba con ela acariñándoa por onde podía acariñala, esvaraba as miñas mans polo seu corpo, acariñaba os seus cabelos, achegábame a ela todo o que podía... e Agnes estaba tan apetecíbel, tan rica nese momento... Non sei que me pasou, pero sei que houbo un momento no que non me abondou con esas caricias tan doces e inocentes. Collina do brazo e corrín como puiden á casiña de Anxos namentres a música seguía soando tan alegre. Agnes case non podía camiñar do bébeda que ía, pero tamén porque o riso a detiña. Rimos moitísimo ambas as dúas tentando correr deica á casiña da aldea polas rúas de pedra, loitando contra o mareo que nos domeaba e tamén contra os zapatos de taco que levabamos, que Agnes odia ir con tacos, pero por esa noite fixo unha excepción... e estivo a piques de esnafrarse contra o chan porque non calculou ben a posición das pedras da rúa. Eu collina antes de que caese e ao final acabamos ambas as dúas sentando no chan porque o riso non nos deixaba manternos en pé. Nese momento, xa ninguén nos vía, o frío desaparecera, estabamos soas na metade da rúa que conduce á casa de Agnes e de Anxiños, estabamos as dúas sentadas no chan, colléndonos das mans, rindo como cativas. AS bágoas do riso xa estragaran a nosa maquillaxe, pero non nos importaba. Riamos e riamos sen saber xa por que riamos. Tiñamos ambas as dúas un ataque de riso que case nos afogaba. Doíanos a barriga e as meixelas, case que xa non podiamos respirar, pero foi tan e tan divertido... Con Agnes río moitísimo de todo. Temos ambas as dúas un sentido do humor moi bo e calquera cousiña nos pode facer unha graza inmensa; pero aquela noite creo que rimos como nunca, como se aquela fose a primeira vez que a unha vía bébeda á outra.
No medio das nosas gargalladas, Agnes díxome: “ai, Luíña, eu xa non teño azos para facer ren máis”; tralo cal, deitouse en min, protexéndose entre os meus brazos do frío da noite, apoiando a cabeciña no meu colo, e pechou os ollos namentres xa o seu riso se acougaba. E, sinceramente, nese momento, esquecín onde nos achabamos, que había ao noso redor, as horas que eran xa e sobre todo a temperatura, case baixo cero, que nos rodeaba, e fixen o amor con ela alí mesmo, na metade da rúa, coma se fósemos dúas feriñas en procura da súa liberdade. Que tenra vergonza me dá se lembro eses momentos tan deliciosos. Menos mal que ninguén nos viu. Iso si tería sido totalmente vergoñoso! Pero foi tan e tan especial, tan forte facelo alí, sentindo como o frío da noite e a calor que compartiamos loitaban por apoderarse do noso ser todo, como ela compartía comigo todo o que era, todo... Estabamos tan ao noso, tan mergulladas na nosa paixón, que nin tan sequera nos dimos de conta de que as pedras do chan nos rabuñaron algunhas partes da pel. Foi cando fomos durmir aquela madrugada cando Agnes viu que tiña algunha feridiña sen importancia nas costas, nos brazos. Lembro que me dixo: “isto non cho fixen eu, verdade?”, rindo de novo. “Xaora que non, parviña!” díxenlle eu rindo tamén. Como nos afectou beber desa maneira... pero non me arrepinto nada de telo feito.
Non lembro en que momento nos erguemos do chan e corremos a medio vestir deica o cuarto de Agnes, que o compartimos sempre que estamos na aldeíña. Só lembro que, de súpeto, estabamos ambas as dúas no leito, agochándonos baixo as mantas, procurando a calor que o frío da noite nos arrebatara. Era coma se alguén nos tivese levado alí. Agnes tampouco lembra do momento no que entramos na casa despois de facer o que fixemos na rúa. Aínda río cando lembro eses momentos, esa noite tan especial. Non sei se alguén sabe o que pasou entre nós; pero, se alguén o sabe, ninguén nolo dixo,  nin tan sequera Anxiños.
Ao día seguinte, evidentemente, ambas as dúas tiñamos unha dor horríbel de cabeza. Bebemos un litro de café con sal, polo menos, e iso permitiunos poder voltar a Ourense, que Agnes traballaba ao día seguinte. A maiores da resaca, eu tiña unha dor inmensa de gorxa e algunhas décimas de febre; pero, malia poñerme algo doentiña, non me arrepinto de ter vivido o que vivín con Agnes.
E iso é todo por hoxe. Gustaríame contar máis cousiñas, como a viaxe a Madrid e Toledo que fixemos este decembro pasado. Eu teño algúns amigos en Madrid e quería que coñecesen a Agnes. Foron uns días moi bonitos. A Agnes gustoulle moitísimo Madrid, pero sobre todo namorou de Toledo; mais sei que ningún lugar lle roubará o corazón como llo ten roubado a nosa terriña querida. Non obstante, xa non me queda tempo para seguir escribindo, alomenos por hoxe. Xa o seguirei facendo noutro momentiño.

Traducción:



Sábado, 4 de enero de 2020
El año 2020 comenzó muy bien. Creo que no podría haber comenzado mejor. Comenzó entre felicidad, fiesta, vino Ribeiro, risas, bailes, cantos, amor, cariño, fidelidad, promesas de estar siempre ahí para lo que precisásemos... Qué diferencia entre este fin de año y el fin de año del año pasado. El 2019 empezó para mí con falta de salud, de amor, de cariño y de lealtad. Comencé el año rodeada de soledad, de enfermedad, de malestares anímicos y físicos, sin esperanza y creyendo que se iniciaba para mí un año vacío, sin sentido... Sé que nunca más volveré a sentirme así, tan deshecha de dolor, tan sola, tan desprotegida y faltada de amor mientras Agnes esté conmigo. Si Agnes está en mi vida, junto a mí, también tendré el cariño de las personas que forman su familia; la que también siento como mi familia después de todas las cosiñas que vivimos todos juntos. Si Agnes está conmigo, entonces puedo tener un hogar que me acoge, una vida que me llena el alma y sobre todo, por encima de todo, un montón de razones para vivir, una infinita cantidad de motivos para luchar por la vida, por mantener una vida que sí merece la pena vivir, una vida digna llena de bendiciones.
Nunca dependí de nadie para ser yo misma, para vivir, para llenar mi vida de todas las cosas que me gustaba hacer, pero ahora sí que dependo de Agnes para sentir que mi vida tiene sentido, para creer que merece la pena estar en este mundo que está tan enfermo. Ahora sí que ya dependo del amor para sentirme llena de vida. Antes no. Quizás antes no precisase nada para saberme viva y feliz porque estaba hecha a la idea de que nunca podría ser feliz con Agnes, porque tal vez me hubiese conformado con vivir sin ella. Jamás pensé que nos reencontraríamos. Creía que nunca más volveríamos a vernos, que su vida y la mía habían quedado divididas para siempre después de todas esas promesas de amor eterno que nos hicimos; mas sabía que ni ella ni yo teníamos la culpa de que no estuviésemos juntas. Sabía que estábamos lejos la una de la otra porque así lo habían decidido las personas que nos conocían.
Mas eso queda muy lejos de nosotras ya. No merece la pena mirar ya hacia el pasado. Hay que mirar para el futuro siendo conscientes de lo hermoso y valioso que es nuestro presente. La noche de fin de año fui plenamente consciente de lo perfecta que es mi vida, al fin, después de tantos años sufriendo y pasándolo mal, teniendo que tirar para adelante sintiendo que tenía que tragarme todo mi dolor. En ese sentido, sé que soy muy fuerte porque seguí con mi vida, haciéndoles creer a los demás que era la persona más feliz y alegre del mundo, cuando, en realidad, lo único que sentí durante años fue un inmenso deseo de esconderme del mundo entero, de estar sola, de no hablar con nadie y de llorar durante horas; pero no quise dejarme vencer por la tristeza y el desaliento y estudié mi carrera, me preparé unas oposiciones y oposité poniendo toda mi alma en ese esfuerzo. Saqué mi plaza en un instituto de Ourense y allí sigo trabajando. Siento que todos esos esfuerzos merecieron la pena porque me dieron como resultado el trabajo de mi vida. Me llena muchísimo ser la confidente de esos chicos que se encuentran mal en el mundo, que tienen problemas... Me llena muchísimo ayudarlos, sentir que ellos encuentran en mí una persona que los entiende.
Volviendo a la noche de fin de año, quiero contar que la celebramos en la aldeíña, con toda la familia. Casandra había venido a pasar las Navidades a la aldeíña con Gabriel, pero se marchó el día veintiocho porque no se sentía bien dejando sola a su hermana durante tantos días. Gabriel se ha quedado en Ourense, con su padre, Damián, el tío de Agnes, y volverá a Cataluña después de Reyes. Casandra me cayó muy bien. No la conocía prácticamente. Nos conocimos aquella noche en la que ella vino a buscar a Artemisa, aquel día en el que Artemisa había intentado quitarse la vida. Siempre siento escalofríos cuando recuerdo que no murió gracias a Agnes y también gracias a mí, que fui quien la cogió de los brazos antes de que ella se lanzase al río desde el Puente Viejo. No sé si Artemisa me agradece que le salvase la vida. Ahora ella está enferma. Lucha contra una enfermedad horrible que todos sabemos que va a superar. Agnes lleva casi tres semanas celebrando rituales para enviarle salud y buena energía. Desde que supo gracias a su poder de intuición que Artemisa está enferma, no ha dejado de celebrar esos rituales que, seguramente, están ayudándola mucho. Según nos comentó Casandra, hasta que realmente esté curada, Artemisa no sabrá que Agnes está ayudándola. Casandra piensa que no necesita saberlo. Ni tan siquiera Casandra le ha confesado a su hermana que Agnes y yo sabemos cuál es la enfermedad que está atacándola. Hablamos con ella el día de Nochebuena y se desahogó mucho con nosotras. Fue un momento muy duro, pero creo que Agnes y yo la animamos bastante. Ella nos dijo que se sintió muy apoyada por nosotras. Casandra me parece una mujer muy fuerte a la que no le cuesta compartir su vigor con las personas que quiere.
Estos días de Navidad, de fiestas, de vacaciones, están pasando muy rápidamente, como si tuviesen prisa por marcharse. Me gustaría que Agnes cogiese algunos días de fiesta, pero está tan entregada a su trabajo que ni pensar en descansar puede. La entiendo, pero no puedo evitar insistirle diciéndole que nos ha tocado algo en la lotería y que no es preciso que trabaje tanto, pero no la convenzo porque ella no trabaja por dinero, sino porque realmente le gusta su trabajo y eso es muy importante. Además, quiere reservar el pellizco que nos ha tocado para hacer reformas en la casiña de la aldea, que buena falta le hace, que ya es muy viejiña, y también para nuestra boda.
El momento en el que le pregunté a Agnes si quería casarse conmigo fue uno de los más bonitos que vivíamos últimamente, aparte de nuestro reencuentro, que eso pareció un sueño; el sueño más mágico que jamás pudimos imaginar. Todos los que compartían aquella noche con nosotras se quedaron muy asombrados cuando me vieron acercarme a Agnes después de pedirle si quería casarse conmigo. Nunca podré olvidar la mirada que Agnes tenía en ese momento. Me miraba con tanto amor que creí que me derretiría, que no sería capaz de seguir hablando, que permanecería pegada al suelo sin poder moverme, pues esa mirada me hacía sentir tanto calor, tanto amor, tanto cariño... No sé describir lo que sentí cuando ella me dijo que sí, cuando me abrazó, apretándome con tanto amor contra ella... cuando me di cuenta de que estaba llorando de la emoción... Fue un momento tan bonito que me costaba creer que fuese real, sobre todo después de tanto sufrimiento, después de pasarlo tan mal por mor de estar lejos de ella... Ahora estaremos juntas para siempre y no permitiremos que nadie nos vuelva a separar. Sé que estaremos juntas para siempre no sólo por esos momentos tan bonitos que vivimos, sino por nuestro día a día, por cómo compartimos la vida, por las cosas que compartimos, que hacemos juntas, por nuestra manera de vivir nuestros despertares, nuestro dormir, nuestra vida toda, momento a momento. Son los pequeños momentos, los que parecen menos importantes, los que realmente nos demuestran si estamos hechos para estar con la persona que amamos y esos momentos que crean nuestros días y nuestras noches nos demostraron de un modo contundente que nosotras estamos hechas para estar juntas para siempre, que nacimos para amarnos. A estas alturas de la vida, creo que tener dudas de si nos amamos o no es algo que no tiene sentido.
La Nochebuena de este año fue muy especial, fueron muy especiales todos estos días de fiesta, pero sobre todo la noche de fin de año fue maravillosa, inolvidable. Nunca podré olvidarla, siempre la recordaré con un cariño inmenso. Nos lo pasamos tan bien que me cuesta explicar cómo fue todo porque se me mezclan todos los momentos en la mente y me cuesta distinguir cuál va antes y cuál después. Recuerdo sobre todo esos momentos previos a la cena, en los que lo preparamos todo con tanta ilusión. Hacía muchísimo frío, pero se podía estar perfectamente en la calle porque el calor de todos se juntaba y olvidábamos la frialdad que nos rodeaba. Agnes llevaba un vestido de tirantes, de color azul, que le quedaba tan y tan bien... pero yo le insistí muchísimo en que se abrigase algo más, ya que es muy propensa a coger resfriados; mas no me hizo caso. La que cogió algo en la garganta fui yo. Al día siguiente, no podía ni hablar, pero ya estoy bien, por suerte., tuve algo de fiebre, pero ya pasó.
Recuerdo también esos momentos en los que la música sonaba, nacía de nuestras manos, de las manos de todos los que tocaban con nosotros, de la voz de Agnes, de sus movimientos... Siempre disfruto muchísimo de los momentos en los que creamos música juntas, pero aquella noche me parecía que nunca la había oído cantar ni tocar antes. Debería estar acostumbrada a verla, pues ensayamos todos los miércoles y algunos sábados también, pero aquella noche era todo tan especial que me parecía que nunca había oído algo tan hermoso, que no conocía la voz de Agnes, tan potente y dulce a la vez... y me parecía que su voz se esparcía por toda la aldea, por todo el bosque, y llegaba hasta las montañas, colándose entre las piedras, haciendo nacer más flores, más árboles, en medio de la nieve que cubre las cumbres... Tocaba como si en ese momento no hiciese frío, como si sus manos tuviesen toda la vida del mundo. A veces, yo permanecía detenida, sin saber cómo seguirla, de lo arrobada que quedaba al verla, al oírla... Hacía muchísimo frío, pero yo no lo sentía. No lo sentía porque oírla tocar y cantar y verla bailar me hacía sentir un calor muy dulce y delicioso por todo mi cuerpo. Acabé dejando la zanfoña y acercándome a ella para bailar juntas. A Agnes le costó mucho dejar la pandereta en las manos de su madre y entregarse a mí en la danza, pero, cuando la convencí, me pareció que el mundo quedaba detenido y lejos de nosotras. He de confesar que, en ese momento, me olvidé de todo, todo lo que formaba nuestra vida, y lo único que me comenzó a importar fue disfrutar con ella de la vida, de esa noche, de la música, de los bailes... y no me acordé de los que estaban con nosotras, tocando música, viéndonos bailar.
Habíamos bebido bastante, pero, olvidando lo que podía pasar después, llené más de una vez la cunca de Agnes y la empujé a beber, a seguir bebiendo, mientras bailábamos cada vez más juntas, más lejos de todo. Agnes me decía: “creo que no debería seguir bebiendo”, a lo que yo le contestaba que no se preocupase por nada, que disfrutase de esa noche, que lo que importaba era que lo pasásemos bien, que recibiésemos con una felicidad inmensa ese nuevo año que entraba, que no me importaba nada, que sólo quería pasarlo bien con ella.
Cuánto nos reímos, cuántos besos nos dimos, qué mareadiñas acabamos las dos... Me hacía reír saber que las dos estábamos bailando sintiendo que el suelo no existía, que volábamos en medio de la noche... Me reí muchísimo junto a ella, disfruté con ella de la música y de los bailes como si de verdad no hubiese mañana, como si el mundo entero acabase esa noche.
Hay un momento en el que comenzó a ser todo confuso para mí, en el que me cuesta recordar qué ocurrió después. Sé que Agnes se reía de felicidad, alegre y bebidiña, al notar que el baile que estábamos compartiendo se volvía algo comprometido. Recuerdo que me dijo: “Lúa, Luíña, que no estamos solas”, pero a mí no me importaba. Bailaba con ella acariciándola por donde podía acariciarla, deslizaba las manos por su cuerpo, le acariciaba los cabellos, me acercaba a ella todo lo que podía... y Agnes estaba tan apetecible, tan rica en ese momento... No sé qué me pasó, pero sé que hubo un momento en el que no me bastó con esas caricias tan dulces e inocentes. La cogí del brazo y corrí como pude a la casiña de Anxos mientras la música seguía sonando tan alegre. Agnes casi no podía caminar de lo ebria que iba, pero también porque la risa la detenía. Nos reímos muchísimo las dos intentando correr hacia la casiña de la aldea por las calles de piedra, luchando contra el mareo que nos dominaba y también contra los zapatos de tacón que llevábamos, que Agnes odia ir con tacones, pero por esa noche hizo una excepción... y estuvo a punto de estamparse contra el suelo porque no calculó bien la posición de las piedras de la calle. Yo la cogí antes de que se cayese y al final acabamos las dos sentándonos en el suelo porque la risa no nos dejaba mantenernos en pie. En ese momento, ya nadie nos veía, el frío había desaparecido, estábamos solas en mitad de la calle que conduce a la casa de Agnes y de Anxiños, estábamos las dos sentadas en el suelo, cogiéndonos de las manos, riéndonos como niñas. Las lágrimas de risa ya habían estropeado nuestro maquillaje, pero no nos importaba. Nos reíamos y reíamos sin saber ya por qué nos reíamos. Teníamos las dos un ataque de risa que casi nos ahogaba. Nos dolía la barriga y las mejillas, casi ya no podíamos respirar, pero fue tan y tan divertido... Con Agnes me río muchísimo de todo. Tenemos las dos un sentido del humor muy bueno y cualquier cosiña puede hacernos una gracia inmensa; pero aquella noche creo que nos reímos como nunca, como si aquélla fuese la primera vez que la una veía ebria a la otra.
En medio de nuestras carcajadas, Agnes me dijo: “ay, Luíña, yo ya no tengo fuerzas para hacer nada más”; tras lo cual, se recostó en mí, protegiéndose entre mis brazos del frío de la noche, apoyando la cabeciña en mi regazo, y cerró los ojos mientras su risa ya se sosegaba. Y, sinceramente, en ese momento, me olvidé de dónde nos hallábamos, qué había a nuestro alrededor, las horas que eran ya y sobre todo la temperatura, casi bajo cero, que nos rodeaba, e hice el amor con ella allí mismo, en mitad de la calle, como si fuésemos dos fiereciñas en busca de su libertad. Qué tierna vergüenza me da si recuerdo esos momentos tan deliciosos. Menos mal que nadie nos vio. ¡Eso sí habría sido totalmente vergonzoso! Pero fue tan y tan especial, tan fuerte hacerlo allí, sintiendo cómo el frío de la noche y el calor que compartíamos luchaban por apoderarse de todo nuestro ser, cómo ella compartía conmigo todo lo que era, todo... Estábamos tan a lo nuestro, tan sumergidas en nuestra pasión, que ni tan siquiera nos dimos cuenta de que las piedras del suelo nos arañaron algunas partes de la piel. Fue cuando nos fuimos a dormir aquella madrugada cuando Agnes vio que tenía alguna heridiña sin importancia en la espalda, en los brazos. Me acuerdo de que me dijo: “esto no te lo he hecho yo, ¿verdad?” Riéndose de nuevo. “¡Claro que no, tontiña!” Le dije yo riéndome también. Cómo nos afectó beber de esa manera... pero no me arrepiento nada de haberlo hecho.
No recuerdo en qué momento nos levantamos del suelo y corrimos a medio vestir hacia el cuarto de Agnes, que lo compartimos siempre que estamos en la aldeíña. Sólo recuerdo que, de súbito, estábamos las dos en la cama, escondiéndonos bajo las mantas, buscando el calor que el frío de la noche nos había arrebatado. Era como si alguien nos hubiese llevado allí. Agnes tampoco se acuerda del momento en el que entramos en la casa después de hacer lo que hicimos en la calle. Todavía me río cuando rememoro esos momentos, esa noche tan especial. No sé si alguien sabe lo que pasó entre nosotras; pero, si alguien lo sabe, nadie nos lo dijo, ni tan siquiera Anxiños.
Al día siguiente, evidentemente, ambas teníamos un dolor horrible de cabeza. Bebimos un litro de café con sal, por lo menos, y eso nos permitió poder volver a Ourense, que Agnes trabajaba al día siguiente. Además de la resaca, yo tenía un dolor inmenso de garganta y algunas décimas de fiebre; pero, a pesar de ponerme algo maliña, no me arrepiento de haber vivido lo que viví con Agnes.
Y eso es todo por hoy. Me gustaría contar más cosiñas, como el viaje a Madrid y Toledo que hicimos este diciembre pasado. Yo tengo algunos amigos en Madrid y quería que conociesen a Agnes. Fueron unos días muy bonitos. A Agnes le gustó mucho Madrid, pero sobre todo se enamoró de Toledo; mas sé que ningún lugar le robará el corazón como se lo tiene robado nuestra tierriña querida. No obstante, ya no me queda tiempo para seguir escribiendo, al menos por hoy. Ya seguiré haciéndolo en otro momentiño.



jueves, 26 de diciembre de 2019

DIARIO DE ARTEMISA: JUEVES, 26 DE DICIEMBRE DE 2019


Jueves, 26 de diciembre de 2019
Mi hermana se fue el martes a Ourense y, según me ha contado, está pasándoselo muy bien y está muy a gusto allí apartada de los ruidos de la ciudad y del estrés de la rutina. Lo que no me ha dicho es que también está muy a gusto lejos de la profunda negatividad que llena nuestras vidas por culpa de mi horrible estado de salud. Hace unos minutos, estuve hablando durante más de una hora con ella y me ha contado todo lo que ha vivido desde que llegó allí. Yo le he insistido en que me hable de todo sin sentir miedo a herirme. Quiero que me lo cuente todo. No me sienta mal que me hable de Agnes. Yo no sé lo que me está pasando, pero me siento distinta desde hace unos días. Hace una semana, todavía estaba sumida en esa inmensísima tristeza que me quitaba por completo las ganas de luchar y de vivir, pero, desde hace unos pocos días, me despierto sintiendo una energía muy bonita llenándome el alma. Es como si hubiese amanecido por dentro de mí. Incluso me siento más fuerte. Llevo desde el lunes yendo a caminar por las mañanas, cuando sale el sol, y me siento muy a gusto paseando por el campo. La calma que lo invade todo se me mete en el alma y me da fuerzas para seguir caminando. No sé de dónde proviene esta energía tan bonita, pero no quiero que se vaya. Ojalá me durase para siempre. Si se queda conmigo, estoy totalmente segura de que me curaré, de que podré luchar contra esta horrible enfermedad. Quiero vivir. Siento latir en mí el deseo de batallar contra todo lo que me impida ser feliz. Quiero vivir. Hace muchísimo tiempo que no siento ese deseo gritando con fuerza en mí y quiero aferrarme a él para luchar por mí. Sé que me curaré si siento este ánimo, si consigo mantener conmigo este ánimo tan bonito. Incluso mi hermana ha notado que estoy diferente. Ha podido oír en mi voz ese aliento que hace mucho tiempo que no siento y eso le hace feliz. No sé cómo explicar lo que siento y tampoco sé por qué de repente me siento tan distinta, pero, inesperadamente, me di cuenta de que había algo diferente en mí; algo que me hacía sonreír, como una caricia en el alma, como una voz que me enviaba pensamientos positivos y una energía luminosa que me instaba a salir de casa y disfrutar del sol. El sol también me da mucha energía, me envía luz... pero yo siento que esta energía tan bonita me viene de otro lugar. No sé de dónde proviene, pero sé que no procede ni de mi entorno ni de la medicación que tomo porque llevo muchas semanas medicándome, y hasta ahora no he notado ningún efecto. Incluso tengo ánimo para cocinar, para salir a comprar, aunque me canso mucho, pero el cansancio no me detiene. Simplemente, me detengo un poco para recuperar el aliento y luego sigo caminando, a mi ritmo. Hace mucho tiempo que no puedo caminar tan rápido como antes, pero sé que esto es temporal. Además, he perdido tanto peso que enseguida me siento agotada, pero ahora sí tengo paciencia conmigo misma, ahora sí tengo la capacidad de comprender mejor a mi cuerpo enfermo y de mimarlo como mejor se merece.
No sé qué me ocurre, pero me encanta sentirme así y no quiero que esto cambie. Quiero estar así para siempre. Cuando le confesé todo esto a mi hermana, noté que se emocionaba, que me decía que se alegraba con la voz temblorosa. Mi hermana está pasándolo muy mal por mí, pero sé que no es la enfermedad que me ataca lo que más la desanima, sino el hecho de que yo no quisiese luchar por mi vida. Digo quisiese porque ahora sí quiero luchar por mi vida.
Mi hermana me ha contado cosas muy bonitas que me han hecho tener aún más ganas de luchar por mi vida porque el hecho de que ocurran esas cosas tan hermosas me anima a creer que yo también podré vivir acontecimientos preciosos que me llenen el alma de magia y felicidad. Al principio, mi hermana se mostraba reticente a explicarme esas cosas bonitas, pero al final conseguí convencerla de que me las contase. Cuando lo hizo, al contrario de lo que ella creía, no me sentí triste ni rabiosa. Me sentí feliz por ello; pero empezaré por orden o al menos lo intentaré. Me siento con fuerzas para escribir durante horas y voy a aprovecharme de ello.
Mi hermana me contó que, cuando llegó a Ourense con Gabriel, los recibió Anxiños con mucho amor y calor. Enseguida se reencontró con Agnes. Hacía mucho tiempo que no se veían. Creo que hacía por lo menos un año. Un año sin verse, un año en el que ocurrieron muchas cosas, en el que estuvieron a punto de perder el contacto para siempre; pero Agnes es muy buena e indulgente y perdonó a mi hermana lo mal que la trató en su momento. Agnes piensa que es mejor perdonar a las personas que queremos en vez de estar a disgusto con ellas impidiendo vivir los momentos hermosos que la vida nos tiene reservados.
Mi hermana me dijo que se sintió y se siente muy a gusto con Agnes, que Agnes la acogió en su casa con mucho cariño, que han estado hablando durante horas sobre miles de temas distintos, que Agnes está muy diferente y muy guapa... Estuve a punto de decirle que tampoco hacía falta que le echase tantos halagos a Agnes, pues lo único que conseguía era alimentar más el amor que siento por ella; pero no se lo dije porque en realidad, me gustaba escucharla. Sé que Agnes está mucho más guapa que nunca; que le brillan los ojos porque es feliz, que está mucho mejor; que, al verla, parece imposible creer que haya estado tan malita... Lo que más me sorprendió fue oír que a mi hermana le había caído genial Lúa. Me dijo que le parecía una mujer fascinante, llena de virtudes, con un corazón enorme, con mucha bondad en el alma y miles de cosas preciosas más. Sé que Lúa es así, pero me cuesta reconocerlo porque me duele que sea el eterno amor de Agnes, pero no es justo que la deteste de esta manera porque quien más sufre por culpa de este sentimiento tan malo soy yo. A mí es a quien se le contamina el alma experimentando emociones tan negativas. He visto fotos de la cena del martes y me gusta verlos a todos juntos. Una parte de mi alma me revela que a mí también me gustaría estar con ellos. Me gustaría compartir con Agnes y su bonita familia esos momentos tan mágicos y alegres, pero, de momento, eso no es posible, principalmente porque estoy enferma, pero también porque todavía amo a Agnes con todo mi corazón y me dolería mucho verla tan feliz con Lúa; mas tengo la esperanza de que algún día pueda estar a su lado sin sentir que el corazón se me desgarra.
Agnes estaba preciosa el martes. Siempre lo está, pero el martes iba tan elegante y guapa... Me he tirado horas mirando las fotos que me pasó Casandra de ella. Llevaba un vestido rojo que remarcaba la perfecta y delgada forma de su cuerpo, tenía los ojos delineados con una sombra color terracota y los labios también pintados de un rojo discreto, pero muy elegante. Llevaba el pelo suelto, larguísimo que lo tiene ya, brillante. Estaba tan y tan guapa que no puedo evitar que me arda todo el cuerpo cuando miro esas fotos. Lúa también iba muy guapa. Llevaba un vestido blanco con una falda con mucho vuelo y con bordados de flores en el pecho y en el talle. También llevaba el pelo suelto. Lúa también tiene un pelo precioso. Últimamente me fijo mucho en el pelo de la gente porque echo mucho de menos el mío. Yo también lo tenía muy bonito. Mi cabello era fuerte, rizado, intensamente castaño... Ahora no sé cómo me crecerá. Me dicen que me habrá cambiado, que por culpa de la medicación y la enfermedad me crecerá más frágil, que tendré menos cantidad... pero no me importa. Quiero tener otra vez mi pelo y ya está, pero también quiero mi salud, mi vigor, mi fortaleza física, mi ánimo, mi energía, mi resistencia física... Ojalá pueda recuperar todo eso pronto.
Mi hermana me contó que la cena fue muy bien, que se sintió muy a gusto con todos, que los familiares de Agnes (y de Gabriel) son personas muy buenas, muy amables, muy nobles y humildes que lo dan todo a cambio de nada, a cambio de unas gracias con una sonrisa. Me contó que se rió mucho con todos ellos, que le encantó verlos bailar, cantar, tocar música, que era una gozada ver a Agnes bailar, cantar y tocar la pandereta, que incluso ella aprendió a bailar algunas danzas tradicionales. No obstante, lo que más me sorprendió de todo lo que me explicó fue esto:
Cuando terminaron de cenar, antes de empezar a tocar música, Lúa llamó la atención de todos ellos y, delante de todos, le preguntó a Agnes si quería casarse con ella. Agnes le dijo que sí, evidentemente, y no sólo eso, sino que, además, fue una escena muy bonita que les hizo llorar a casi todos. Agnes va a casarse con Lúa en primavera. Según me ha dicho mi hermana, Lúa ya lo tiene casi todo preparado. Sólo faltan algunas cosas, pero lo principal ya lo tienen organizado. Me alegro por ellas. Si se casan, quiere decir que Agnes ama a Lúa de verdad, que no me dejó por alguien que no quiere con toda su alma. Sé que no me dejó por ella directamente, pero indirectamente sí. Ella dejó de amarme cuando se reencontró con Lúa el año pasado, aunque le costó mucho reconocerlo. Ya he aceptado que Agnes siempre amó a Lúa como amó a su tierra. No niego que ella me amase, no lo niego porque con Agnes yo fui muy feliz y alguien que no te ama no puede hacerte feliz; pero yo no soy el amor de su vida. No pasa nada. Ella no puede dominar su corazón, ella ni nadie.
También quiero contar que el domingo fue mi cumpleaños y, sin que pudiese imaginarlo, mi hermana me organizó una fiesta. El domingo por la mañana, me obligó a arreglarme, a vestirme elegantemente, me maquilló... Yo no tenía ganas de celebrar nada, aunque el alma se me llenó de esperanza en cuanto mi hermana empezó a ayudarme a arreglarme. Incluso llegué a pensar que Agnes había venido de Galicia para darme una sorpresa, pero, evidentemente, eso no tenía ningún sentido. No obstante, mi hermana me contó que, el domingo por la mañana, Agnes la había llamado para pedirle que me felicitase de su parte. Agnes sabe que no me conviene hablar con ella, por eso no intentó llamarme a mí; pero para mí el hecho de que llamase a mi hermana y le pidiese que me felicitase de su parte ya es más que suficiente. Agnes sigue queriéndome, aunque no amándome, pero me quiere. Es imposible que no me quiera. Hemos compartido muchísimas cosas, hemos estado juntas durante más de cinco años... y nos hemos amado mucho, mucho. No puedes dejar de querer a alguien con quien has compartido tanto de la noche a la mañana, aunque sé que no me ama, que nunca volverá conmigo, nunca; pero tengo la esperanza de que podamos ser amigas en el futuro. Sé que podremos ser muy buenas amigas e incluso también de Lúa; pero, para ello, el alma también se me tiene que curar.
Hacia el mediodía, mi hermana me llevó a un restaurante donde nos esperaban ya la mayoría de nuestras amigas. Me he hecho amiga de las amigas de mi hermana y también estaban las chicas del templo. Me hizo mucha ilusión verlas a todas, aunque también me dio vergüenza que me viesen en ese estado. Tengo que llevar pañuelos para ocultar mi falta de pelo, estoy muy delgada, tanto que tengo que disimular mi cuerpo huesudo bajo bastante ropa, pues no encuentro ropa que me quede bien y tengo que llevar muchas capas. Además, siempre tengo frío y la piel se me ha puesto de un color pálido, cetrino... pero el domingo mi hermana me maquilló muy bien, tanto que mi piel parecía tener toda la vida que le está faltando a mi cuerpo. Aunque me encuentre mal continuamente, el domingo llegué a sentirme animada, incluso guapa. Hacía mucho tiempo que no me sentía guapa. En las fotos que hicieron, salgo con un brillo especial en los ojos. Hacía mucho tiempo que no salía tan bien en las fotos. Además, me sentí muy arropada y querida por todas. Todas me apoyaron mucho, me animaron. Tal vez la energía positiva que siento me venga de ellas, pero dudo mucho que sea ése su único origen. Mi hermana quiso decirme algo esta mañana. Cuando hablamos, quiso decirme algo sobre Agnes, pero se arrepintió enseguida y me dijo que ya me lo contaría en persona, cuando volviese. Intuyo que es algo muy bueno y estoy deseando saberlo, pero también tendré paciencia.
Hoy me haré caldo de verduras para comer. No puedo comer cosas fuertes porque enseguida vomito y el estómago se me ha vuelto muy delicado. Me lleno enseguida y cualquier cosa puede sentarme mal, aunque sea sólo un vaso de agua. He de tomar muchas infusiones para mantener estable mi cuerpo. La semana que viene, el lunes, tengo que ir al hospital para hacerme análisis y aplicarme el tratamiento y sé que será la primera vez que los análisis saldrán bien, mejor que nunca. Además, me siento a gusto y muy tranquila estando aquí sola en casa. Alguna tarde, viene Sandra; una amiga de mi hermana y mía con la que me llevo muy bien, y vemos alguna película, escuchamos música, hablamos... Me hace mucho bien estar con ella porque es una chica que tiene mucha inteligencia emocional y con la que se puede hablar de cualquier cosa. Me gusta estar con ella también porque es muy positiva y consigue hacerme reír con mucha facilidad.
Creo que ya dejaré de escribir. Me gustaría contar más cosas, pero he de. Hacer la comida. Sé que cada vez estaré mejor y eso me anima muchísimo. Ojalá consiga mantener conmigo esta energía tan bonita que tanto ánimo me da.


miércoles, 25 de diciembre de 2019

DIARIO DE AGNES: MÉRCORES, 25 DE DECEMBRO DE 2019


mércores, 25 de Decembro de 2019
A noite de onte estivo inzada de sentimentos. Foi fermosa e intensamente emotiva. AS emocións parecían terse materializado. Eu sentíaas aboiar entre nós, compartindo con todos nós esas horas tan bonitas. Non sei como describir todo o que vivimos. Non sei por onde comezar a explicar como foi todo onte. Aínda me custa pensar en cada unha das cousiñas que ocorreron e tamén me custa saber cal foi antes e cal despois, xa que a lembranza de todas elas fica mesturada na miña ialma, emocionándome cando as recordo. Síntome coma se tivese volto dunha longa viaxe, pois onte estivemos noutro mundo, noutra realidade; unha realidade que, non obstante, crea a realidade que vivimos todos os días; esa que, ás veces, nos resulta tan dura e, noutras, parécenos o soño máis máxico que xamais puidemos imaxinar. Así me sinto hoxe. Síntome protagonista dun soño que non quero que remate nunca. Síntome morriñenta polo que xa pasou. Cando lembro a noite de onte, sinto que a quero volver vivir, que me gustaría retroceder nas horas para voltar a ese xusto momento no que todo empezou.
O sentimento que máis me aperta a ialma agora é a felicidade. Trátase dunha felicidade que se mestura coa morriña. É coma se sentir a morriña latexar en min, fundíndose con esa felicidade que me enche a ialma toda, fixese que esa  alegría brillase máis. Agora cae a tarde, empardece tenramente sobre as baleiras árbores do Posío. Empardece en silencio e eu só ouzo o lene vento que axita as espidas pólas. Que paz, canta paz... e non chove.
Estou en Ourense, escribindo xunta a fiestra dende a que vemos, ao lonxe, a sombra dos xardíns do Posío. Hai unha paz infinda inzándoo todo, coma se esta chovese do ceo, e sinto que estou no lugar e no momento axeitados. Mesmo sinto que agora comezo a vivir de verdade, aínda que tamén son consciente de que empecei a vivir de verdade dende que voltei a Galiza, pero agora sinto que a miña vida se expresa con máis firmeza, con máis forza, sendo como quixo ser sempre.
Onte era un día moi bonito no que practicamente todas as persoas que viñan á cafetaría estaban felices. Eu pechei ás tres a cafetaría e marchei para a casa, onde Lúa xa me agardaba con todo preparadiño para irmos á aldeíña en canto puidésemos. Lúa ten vacacións ata o día oito de xaneiro, pero eu non me puiden coller máis días dos verdadeiramente festivos. Ser a dona da cafetaría me obriga a traballar máis, pero non me importa facelo porque o meu choio me gusta moitísimo. Non obstante, si me gustaría poder pasar máis tempo coa miña Luíña.
Estivemos na aldeíña contra as cinco da tarde. Queriamos axudar á miña nai a preparar a cea e tamén queriamos recibir a Casandra e a Gabriel cando chegasen. Eu tiña moitas ganas de ver a Casandra. Malia non manter unha relación con Artemisa xa, sigo querendo moito a Casandra por todo o que vivimos e porque me parece unha muller fascinante e moi forte coa que me gusta moito falar. Amais, tamén devecía por presentarlle ben a Lúa. A Noite na que a coñeceu, practicamente non puideron falar e eran uns momentos demasiado tristes como para que se puidesen coñecer ben; mais onte si se poderían coñecer profundamente, poderían falar e compartir unha morea de momentos fermosos. Lúa tamén  desexaba coñecer ben a Casandra. Eles chegaron contra as sete da tarde. Daquela, nós xa tiñamos preparadas practicamente todas as cousiñas da cea. Fixemos unha chea de pratos distintos, entre verduras sazonadas, empanadas, mesmo marisco, tortas de améndoa, bicas, mesmo a miña nai fixo algúns polvoróns ela mesma e unha ducia de cousas máis que esquezo porque levaban carne e eu nin fixen eses pratos nin comín deles.
Eu acababa de vestirme e de acicalarme cando ouvín que a miña nai falaba co meu curmán e con Casandra. Sentín unha ilusión moi bonita cando souben que xa os podería saudar. Nese momento, botei contas do tempo que había que non nos viamos e souben que había xusto un ano que non nos viamos. Un ano. Como era posíbel que tivese pasado tanto tempo?
Levei un vestido vermello que me chegaba por riba dos xeonllos e que tiña adorniños brillantes no peito. É un vestido que me gusta moitísimo. Non me fixen ren no cabelo, só o levei solto e lisiño como xa é, e maquilleime bastante. Normalmente sempre vou maquillada, pero onte xa puxen unhas cores máis atrevidas. Sobre todo quería gustarlle a Lúa, malia saber que non facía falta que me esforzase tanto por gustarlle, porque eu xa lle gusto loucamente; pero, dende que estou con ela, síntome moito máis interesada no meu aspecto físico. Amais, onte haberían moitos familiares que había tempo que non vía... Ultimamente, a verdade é que estou bastante presumida; algo que me abraia, pois non estou adoitada a ter estes intereses tan intensos no meu aspecto. Hai pouco, este non me importaba moito e ía de calquera maneira, decente e ben vestida, pero sen esforzos e case sen adobíos.
Non sei por que me entreteño escribindo estas cousiñas cando teño outras moito máis importantes que contar. Onte non só vivimos momentos fermosos, senón outros algo duriños dos que tamén quero falar, xa que considero que son moi importantes. Eses momentos tristes vivinos con Casandra. Cando nos reencontramos, ambas as dúas emocionámonos porque había moito tempo que non nos viamos. Amais, é sinxelo darse de conta de que Casandra non está a pasar por una boa tempada por mor do que lle ocorre a Artemisa. Onte souben, á fin, cal é a doenza que a ataca. Non a quero nomear eiquí porque me parece un nome horríbel e aínda me custa vencellar esa espantosa verba con Artemisa.
Lúa estaba compoñéndose cando eu recibín a Casandra. Sentamos xuntas ao redor da lareira e comezamos a falar animadamente, pero eu sentía que Casandra devecía por desafogarse comigo, mais non se atrevía a confesarmo porque, segundo pensaba (logo díxomo), non quería estragar con tristura unha noite tan máxica e bonita; pero, en canto me dixo iso, eu animeina a que falase todo o que precisase e díxenlle que o feito de ser unha noite de celebración non quería dicir que xa tivésemos que esquecer por completo dos problemas que temos na nosa vida. Casandra confesoume que estaba vivindo un momento horríbel, que desexaba que todo pasase xa, que non podía aguantar máis que a súa irmá estivese tan doente. Eu confeseille que sabía que Artemisa estaba doente porque mo revelaran as cartas e que, dende que o soubera, non deixara de celebrar rituais para enviarlle saúde e boa enerxía a Artemisa a través da distancia, que sempre trataba de atopar algúns minutos para meditar pensando nela... Cando Casandra ouviu isto, botouse a chorar profundamente namentres me apertaba as mans e me daba as grazas. Díxome que eu era a persoa máis boa que coñecía, que sabía que eu tiña un corazón enorme, pero que nunca imaxinara que fose tan e tan boa, que se arrepentía moitísimo de terme tratado tan mal no pasado... Eu díxenlle que iso xa estaba esquecido e que o que importaba era que podiamos ser amigas, que estaba aí para todo o que precisase. Díxenlle que sabía que Artemisa non quería que eu soubese que ela estaba doente, pero que iso non me disuadía da idea de axudala como puidese, que facendo eses rituais era a única maneira que tiña de axudala.
Lúa apareceu xusto cando Casandra me dixera o nome da doenza que ataca a Artemisa. Lúa ouviuno e tamén estivo alí escoitando a Casandra, apoiándoa e animándoa como puido. Non obstante, Casandra é unha muller moi forte que sempre atopa motivos para sorrir malia ter a ialma esnaquizada. Amais, ela tamén pasou por esa doenza e superouna; o cal lle dá máis esperanzas, o cal lle fai confiar en que Artemisa tamén se curará. Eu sei que Artemisa se curará. Non me fai falta lelo nas cartas. Artemisa poderá superar esta doenza porque ela tamén é forte e a vida turrará dela sempre, sempre, por moi mal que se encontre.
Eses momentos previos á cea foron moi tristes, pero os que viñeron despois só estiveron cheos de felicidade e celebración. Falamos animadamente todos durante a cea, rimos moitísimo, bebemos viño, comemos tanto e tan ben... Éramos e somos unha grande familia, unida de verdade. Nin unha soa das persoas que estabamos onte na cea se leva mal con ninguén. Todos nos queremos moitísimo, con toda sinceridade, e iso vai ser así sempre.
Pero o momento máis inesperado, fermoso e máxico chegou despois de cear, antes de comezar a tocar, bailar e cantar música. Eu tiña preparada unha morea de cancións para tocar coa pandeireta e Lúa trouxera a guitarra e tamén a zanfona. O meu tío Damián tocaría a gaita e eu bailaría moito, moito, desafogando toda esa enerxía que teño amoreada no meu ser... mais, antes de vivir eses momentos tan bonitos e alegres, Lúa ergueuse da mesa e, logo de chamar a nosa atención, dixo isto que segue (escribireino tal como o dixo porque o lembro perfectamente, verba a verba):
«Nesta noite tan bonita e especial na que nos reunimos todos, quero pedirlle algo moi importante á persoa que máis quero do mundo, mais tamén vos quero dicir unhas cousiñas que desexo dicirvos dende hai ben semanas. Quérovos dicir que me sinto moi feliz por poder celebrar convosco unhas datas tan máxicas, pero tamén por poder estar na miña aldea, no lugar no que máis feliz fun sempre». Eiquí, a Lúa xa se lle crebara a voz, pero seguiu falando tentando ignorar a emoción que sentía. «Gustaríame que estivese eiquí a miña nai. Bótoa moitísimo en falla. É o primeiro Nadal que vivo sen ela eiquí despois de tantos anos compartindo estes días tan bonitos; pero sinto que está eiquí entre nós, celebrando connosco, con felicidade, e que ela se sente moi feliz por vernos xuntos. Sinto que ela é feliz alí onde está. Agora, o que vos quero dicir é moi importante para min.»
Notábase moitísimo que Lúa estaba profundamente nerviosa. Tremíanlle as mans e tiña os ollos húmidos. De súpeto, sentín o seu verde e fermoso ollar caendo enriba miña. A súa mirada era intensa, era tan forte que me parecía que me falaba cos ollos. Entón, sentín que o corazón me comezaba a latexar cada vez máis rapidamente. Parecía que me estoparía en calquera momento; pero latexoume aínda máis violentamente cando ouvín o que Lúa dicía:
«Agnes, miña Agnesiña, levo anos devecendo pedirche isto, poder vivir este momento contigo. Ti es o meu soño, sempre o fuches. Sempre fuches o meu motivo máis forte para vivir, a razón para existir. Non quero estar sen ti nunca máis, nunca máis. Quero vivir contigo, con toda intensidade, os anos todos que nos restan por vivir. “Por ti poño esta vida na punta dun puñal”, por ti daría a miña vida, por ti faría calquera cousiña, Agnes, calquera. Por iso... quéroche pedir se...»
Antes de proseguir, Lúa achegouse a min con algo nas mans. Tiña algo agochado nas súas trementes mans. Eu non era quen de moverme. Non podía retirar os meus ollos dela. Afundírame na súa mirada coma se non houbese nada máis no mundo, coma se a miña vida dependese dela, de ficar mirándoa para sempre. Estaba tan fermosa e, nese momento, a súa infinda beleza caera enriba miña, arroubándome. Levaba un vestido branco e dourado cuxa saia voaba cando ela se movía, co peito cheo de flores, coa cintura axustadiña... Tiña os cabelos máis brillantes que nunca baixo a luz de todas as candeas que alumeaban aquela noite e os seus ollos parecían dúas esmeraldas refulxentes. Sorríame con vergonza, coma se nese momento volvese ser esa rapaza que me confesaba can namorada estaba de min, coma se de novo nos achásemos nesa noite na que nos bicamos por primeira vez.
«Por iso, quéroche pedir se... se queres casar comigo, Agnes» díxome case sen voz. A emoción quería silenciar a súa preciosa voz, a súa doce voz, a voz máis bonita que xamais existiu neste mundo, que xamais falou neste mundo. Nese momento, o seu sorriso tremía porque a emoción quería que ela chorase, só que chorase, pero Lúa loitaba contra o pranto porque non quería perder nin a máis lene noción dese momento tan importante. Entón, deime de conta de que o que tiña agochado entre os seus dedos era una caixiña brillante e pequena.
«¿Queres, Agnes?» volveume preguntar con medo, coma se pensase que o silencio que me paralizaba fose un non. Eu non podía falar porque estaba profundamente abraiada e, nese intre, xa comezara a sentir que nacía en min unha ledicia moi grande, enorme, infinda, que me enchía a ialma toda, o meu corpo todo, que de súpeto me fixo ter ganas de rir e de chorar asemade.
Deime de conta, tamén, de que todas as persoas que nos rodeaban contiveran a respiración. Ficaban ollándonos sen poder crer o que estaba ocorrendo, pero tamén sabendo que aquilo ía acontecer dun momento a outro. Vin que a miña nai tamén se reprimía as ganas de chorar e que sorría, sorría de felicidade e de tenrura. Entón, souben que non podía seguir calada, que tiña que falar, que devecía por dicir todo o que sentía e pensaba. Crin que a miña voz non soaría porque o corazón me latexaba tan forte que non deixaría saír a miña voz de min, pero, cando falei, sentín que a miña voz era clara, alegremente fermosa, coma se xurdise dun manancial. Non domeei o que dixen, só me deixei levar polo que sentía, que era moito máis forte ca min. Namentres me erguía para situarme diante de Lúa, dixen:
«Hai anos que quero casar contigo, Luíña. Es o amor da miña vida. Eu tampouco quero estar sen ti nunca máis, xamais. Eu non podo vivir sen ti, Luíña. Nunca puiden, nunca.»
Ao ouvirme falar, ao escoitar o que dixera, Lúa achegouse máis a min e, tras abrir a caixiña que sostiña entre as súas preciosas mans, colocoume un aneliño fermoso namentres me ollaba cunha intensidade tan forte que crin que me desfaría cos seus bonitos ollos verdes. Xa choraba, xa non podía seguir reprimindo toda a emoción que sentía; pero, case sen poder falar, díxome:
«Pois casaremos, daquela, e estaremos xuntas para sempre, para sempre, durante a nosa vida toda e durante a nosa eternidade, meu amor. Quérote, Agnes.»
O anel brillaba intensamente na miña man. Era un anel de ametista. Quedei abraiadísima cando o vin, cando descubrín o bonito que era.
Ouvín que todos comezaban a aplaudir con alegría, a botar aturuxos, a rir, a darnos os parabéns. Lúa riu namentres me apertaba con forza contra ela, namentres eu procuraba os seus beizos na noite e a bicaba cun amor e unha tenrura infindos. Entón, namentres a bicaba, deime de conta de que ambas as dúas estabamos chorando.
Entre bico e bico, mireina con fascinación, con arroubo, sendo consciente do tesouriño que tiña entre os meus brazos, comigo para sempre, mireina coma se nese momento a vise por primeira vez. Lúa é tan fermosa que nunca cansarei de observala. Nese intre, ela parecía unha moura, un ser máxico, que viñera para namorarme, para encherme a ialma de amor, de felicidade, de maxia. Entón pensei que a vida era máxica porque ela estaba comigo. Nunca dubidei de que a vida é máxica porque existe algo por riba nosa que a fai máxica, pero, neses momentos, sentín que o que máis máxica facía que fose a vida era que Lúa existise, que ela estivese comigo, namoradiña de min.
«Ámote, Luíña, ámote co meu corazón todo, miña vida, meu amor, miña xoia» díxenlle namentres enleaba os meus dedos entre os seus cabelos crenchos e vermelliños, nos seus cabelos de cobre.
«Eu ámote máis» contestoume ela empurrándome suavemente lonxe das cadeiras e da mesa na que cearamos todos. Entón, ouvín que o meu tío comezaba a  tocar a gaita, a miña nai collía unha pandeireta e todos empezaban a cantar. Nese momento, o único que desexei foi que a música soase para sempre para poder bailar con Lúa todas esas cancións que non puidemos bailar durante anos nas festas da nosa aldeíña.
Lúa xa me facía voar coa súa maneira de danzar. Bailabamos entre a luz das candeas, dos faroliños, entre a música, entre a calor que nos daba o viño que beberamos, entre a tenrura e a felicidade, aboiando por riba de toda esa felicidade que nos enchía a ialma toda. Riamos, pero aínda chorabamos levemente de emoción. Mais nese momento só bailabamos xuntas, sentíndonos cada vez máis preto a unha da outra. Eu sentinme coma se de novo fose esa adolescente que entolecía entre os brazos desa rapaza tan especial pola que tanto adoraba o verán, que lles daba sentido ás festas da aldea e a eses meses de absoluta calor na que todo ficaba en silencio, moito máis calado que na invernía.
Namentres bailabamos, non deixei de mirar a Lúa, alimentábame da súa beleza para seguir sorrindo, sentía que ela tiña a enerxía que me movía, que me facía voar. Sabía que os demais nos miraban sorrindo tenramente e que moitos xa bailaban tamén, pero o meu mundo era Lúa, era só Lúa. Era ela a luz da noite, a luz que crebaba as sombras, a música que soaba, a felicidade que facía latexar o meu corazón. Aínda lembro coma se fosen un soño eses momentos tan intensos nos que sentín que non tiña materia, que xa non había terra baixo os meus pés. Voaba xunta ela, tan achegadiña a ela, que me sentía de ar, que sentía que ela me levaba entre os seus brazos. A súa mirada sostíñame, era o meu equilibrio.
Lembrei fugazmente aquela noite de verán na que ambas as dúas fomos a unha festiña que celebraban nunha aldeíña preto da nosa, aquela noite de xullo na que eu aínda estaba con Artemisa e que devecía por entregarme a Lúa para recuperar todo ese tempo perdido; esa noite na que ambas as dúas nos reprimiamos, esforzabámonos por non bicarnos, por non traspasar esa fronteira que impoñía o feito de que eu estivese con outra muller. Que inocentes fomos nese tempo no que pensamos que poderiamos loitar contra a forza do amor que sempre sentimos a unha pola outra. Aquela noite, fomos moito máis adolescentes do que o fomos no pasado. No pasado, fomos moito máis valentes do que o fomos o ano pasado.
Bailamos moito, pero tamén tocamos música, unha canción trala outra. Eu sentía que non me custaba en absoluto danzar e repenicar asemade. Sentía que todos estabamos tan felices que a felicidade nos empurraba a danzar, a cantar e tocar sen parar, ata ben entrada a madrugadiña, ata case notar a chegada do amencer. Eu deino todo onte. Cantei con toda a miña ialma, malia ter aínda os rescaldos do enorme arrefriado que sufrín estes días; pero cantei sen importarme que tivese cada vez menos voz, toquei ata que notei que os meus dedos eran xa parte da pandeireta na que repenico nas festas dende que era cativa, ata que notei que a música e máis eu eramos un único ser. E Todo iso fíxeno sentíndome a muller máis feliz e ditosa do mundo, sen perder de vista a Lúa, quen tamén se entregara profundamente á música. Que momentos tan e tan bonitos. Foron incríbeis, incríbeis. Cando xa rematamos de tocar, moitísimos familiares que había tempo que non vía dixéronme que non sabían que eu tiña todos eses dons, que lles abraiara moitísimo a miña maneira de bailar, de cantar e de repenicar na pandeireta. É certo que sempre bailei moi ben, que sempre domeei moi ben a pandeireta e que canto con toda a miña ialma sempre que podo; pero sempre me conmove moito que me dean os parabéns por facer ben algo que eu amo facer. Sinto que as miñas habelencias teñen sentido.
A persoa que máis agarimosamente me deu os parabéns por comprometerme con Lúa foi Casandra e iso abraioume moitísimo porque eu crin que a ela non lle gustaría que eu me casase con Lúa, pero díxome que se alegraba de verdade por nós e que, evidentemente, viría á voda se a invitabamos. Xaora, invitarémola. Non tería sentido facer o contrario. A nosa voda será na primavera, cando xa os días sexan máis longos e as árbores dean as súas primeiras follas.
Fomos durmir sentindo que viviramos a noite máis intensa da nosa vida. Sentíame tan feliz que me custou moito durmir. Amais, non fomos durmir axiña que quedamos soíñas no cuarto, xaora que non.
E iso é todo por hoxe. Creo que nada me pode facer máis feliz que saber que agora si poderei estar con Lúa para sempre, absolutamente para sempre, na nosa terra.
E, por certo, tamén teño que contar que nos tocou algo na lotería, un belisquiño bastante importante de diñeiro, e, con eses cartos, o que faremos será reconstruír a casa da aldea e facer algunhas reformiñas no noso piso, que hai ben anos que non se reforma e precisa algunhas melloras, e o que faremos tamén será viaxar, viaxar moito. Con estes cartos, agora podo estar máis relaxada no choio, pero tampouco quero deixar de traballar por ter máis cartos, xaora que non. Non son só nosos. Sinto que tamén son da nosa familia, emporiso non nolos quedaremos todos e darémoslle unha grande parte á miña nai, ao meu tío, mesmo a Casandra se o precisa... mais ela aínda non sabe que nos tocou a lotería. É moi bonito que tocase eiquí en Ourense, aínda que sexa ese belisquiño. Que máis podemos pedir? A vida sorrinos todo iso que non nos sorriu no pasado. Agora sinto que o recuperamos todo, todo, todo iso que non tivemos antes, pero non o digo polos cartos, senón pola felicidade, polo amor, por todo o que nos fai verdadeiramente afortunadas por estarmos vivas.

Traducción:  

Miércoles, 25 de diciembre de 2019
La noche de ayer estuvo llena de sentimientos. Fue hermosa e intensamente emotiva. Las emociones parecían haberse materializado. Yo las sentía flotar entre nosotros, compartiendo con todos nosotros esas horas tan bonitas. No sé cómo describir todo lo que vivimos. No sé por dónde comenzar a explicar cómo fue todo ayer. Todavía me cuesta pensar en cada una de las cosiñas que ocurrieron y también me cuesta saber cuál fue antes y cuál después, ya que el recuerdo de todas ellas permanece mezclado en mi alma, emocionándome cuando las rememoro. Me siento como si hubiese vuelto de un largo viaje, pues ayer estuvimos en otro mundo, en otra realidad; una realidad que, no obstante, crea la realidad que vivimos todos los días; ésa que, a veces, nos resulta tan dura y, en otras, nos parece el sueño más mágico que jamás pudimos imaginar. Así me siento hoy. Me siento protagonista de un sueño que no quiero que termine nunca. Me siento morriñosa por lo que ya pasó. Cuando recuerdo la noche de ayer, siento que quiero volver a vivirla, que me gustaría retroceder en las horas para regresar a ese justo momento en el que todo empezó.
El sentimiento que más me presiona el alma ahora es la felicidad. Se trata de una felicidad que se mezcla con la morriña. Es como si sentir la morriña latir en mí, fundiéndose con esa felicidad que me llena toda el alma, hiciese que esa alegría brillase más. Ahora cae la tarde, atardece tiernamente sobre los vacíos árboles del Posío. Atardece en silencio y yo sólo oigo el leve viento que agita las desnudas ramas. Qué paz, cuánta paz... y no llueve.
Estoy en Ourense, escribiendo junto a la ventana desde la que vemos, a lo lejos, la sombra de los jardines del Posío. Hay una paz infinita llenándolo todo, como si ésta lloviese del cielo, y siento que estoy en el lugar y el momento adecuados. Incluso siento que ahora comienzo a vivir de verdad, aunque también soy consciente de que empecé a vivir de verdad desde que regresé a Galicia, pero ahora siento que mi vida se expresa con más firmeza, con más fuerza, siendo como quiso ser siempre.
Ayer era un día muy bonito en el que prácticamente todas las personas que venían a la cafetería estaban felices. Yo cerré a las tres la cafetería y me marché para casa, donde Lúa me esperaba con todo preparadiño para ir a la aldeíña en cuanto pudiésemos. Lúa tiene vacaciones hasta el ocho de enero, pero yo no pude cogerme más días de los verdaderamente festivos. Ser la dueña de la cafetería me obliga a trabajar más, pero no me importa hacerlo porque mi trabajo me gusta muchísimo. No obstante, sí me gustaría poder pasar más tiempo con mi Luíña.
Estuvimos en la aldeíña hacia las cinco de la tarde. Queríamos ayudar a mi madre a preparar la cena y también queríamos recibir a Casandra y a Gabriel cuando llegasen. Yo tenía muchas ganas de ver a Casandra. A pesar de no mantener una relación con Artemisa ya, sigo queriendo mucho a Casandra por todo lo que vivimos y porque me parece una mujer fascinante y muy fuerte con la que me gusta mucho hablar. Además, también ansiaba presentarle bien a Lúa. La noche en la que la conoció, prácticamente no pudieron hablar y eran unos momentos demasiado tristes como para que pudiesen conocerse bien; mas ayer sí podrían conocerse profundamente, podrían hablar y compartir un montón de momentos hermosos. Lúa también deseaba conocer bien a Casandra. Ellos llegaron hacia las siete de la tarde. Para entonces, nosotras ya teníamos preparadas prácticamente todas las cosiñas de la cena. Hicimos una cantidad de platos distintos, entre verduras sazonadas, empanadas, incluso marisco, tartas de almendra, bicas, incluso mi madre hizo algunos polvorones ella misma y una docena de cosas más que olvido porque llevaban carne y yo ni hice esos platos ni comí de ellos.
Yo acababa de vestirme y de acicalarme cuando oí que mi madre hablaba con mi primo y con Casandra. Sentí una ilusión muy bonita cuando supe que ya podría saludarlos. En ese momento, eché cuentas del tiempo que hacía que no nos veíamos y supe que hacía justo un año que no nos veíamos. Un año. ¿Cómo era posible que hubiese pasado tanto tiempo?
Llevé un vestido rojo que me llegaba por encima de las rodillas y que tenía adorniños brillantes en el pecho. Es un vestido que me gusta muchísimo. No me hice nada en el pelo, sólo lo llevé suelto y lisiño como ya es, y me maquillé bastante. Normalmente siempre voy maquillada, pero ayer ya me puse unos colores más atrevidos. Sobre todo quería gustarle a Lúa, a pesar de saber que no hacía falta que me esforzase tanto por gustarle, porque yo ya le gusto locamente; pero, desde que estoy con ella, me siento mucho más interesada en mi aspecto físico. Además, ayer habría muchos familiares que hacía mucho tiempo que no veía... Últimamente, la verdad es que estoy bastante presumida; algo que me sorprende, pues no estoy acostumbrada a tener estos intereses tan intensos en mi aspecto. Hace poco, éste no me importaba mucho e iba de cualquier manera, decente y bien vestida, pero sin esfuerzos y casi sin adornos.
No sé por qué me entretengo escribiendo estas cosiñas cuando tengo otras mucho más importantes que contar. Ayer no sólo vivimos momentos hermosos, sino otros algo duriños de los que también quiero hablar, ya que considero que son muy importantes. Esos momentos tristes los viví con Casandra. Cuando nos reencontramos, ambas nos emocionamos porque hacía mucho tiempo que no nos veíamos. Además, es sencillo darse cuenta de que Casandra no está pasando por una buena temporada por culpa de lo que le ocurre a Artemisa. Ayer supe, al fin, cuál es la enfermedad que la ataca. No quiero nombrarla aquí porque me parece un nombre horrible y todavía me cuesta vincular esa espantosa palabra con Artemisa.
Lúa estaba arreglándose cuando yo recibí a Casandra. Nos sentamos juntas alrededor de la lareira y comenzamos a hablar animadamente, pero yo sentía que Casandra ansiaba desahogarse conmigo, mas no se atrevía a confesármelo porque, según pensaba (luego me lo dijo), no quería estropear con tristeza una noche tan mágica y bonita; pero, en cuanto me dijo eso, yo la animé a que hablase todo lo que necesitase y le dije que el hecho de ser una noche de celebración no quería decir que ya nos tuviésemos que olvidar por completo de los problemas que tenemos en nuestra vida. Casandra me confesó que estaba viviendo un momento horrible, que deseaba que todo pasase ya, que no podía aguantar más que su hermana estuviese tan enferma. Yo le confesé que sabía que Artemisa estaba enferma porque me lo habían revelado las cartas y que, desde que lo supe, no había dejado de celebrar rituales para enviarle salud y buena energía a Artemisa a través de la distancia, que siempre trataba de encontrar algunos minutos para meditar pensando en ella... Cuando Casandra oyó esto, se echó a llorar profundamente mientras me apretaba las manos y me daba las gracias. Me dijo que yo era la persona más buena que conocía, que sabía que yo tenía un corazón enorme, pero que nunca se había imaginado que fuese tan y tan buena, que se arrepentía muchísimo de haberme tratado tan mal en el pasado... Yo le dije que eso ya estaba olvidado y que lo que importaba era que podíamos ser amigas, que estaba ahí para todo lo que necesitase. Le dije que sabía que Artemisa no quería que yo supiese que ella estaba enferma, pero que eso no me disuadía de la idea de ayudarla como pudiese, que haciendo esos rituales era la única manera que tenía de ayudarla.
Lúa apareció justo cuando Casandra me había dicho el nombre de la enfermedad que ataca a Artemisa. Lúa lo oyó y también estuvo allí escuchando a Casandra, apoyándola y animándola como pudo. No obstante, Casandra es una mujer muy fuerte que siempre encuentra motivos para sonreír a pesar de tener el alma destrozada. Además, ella también pasó por esa enfermedad y la superó; lo cual le da más esperanzas, lo cual le hace confiar en que Artemisa también se curará. Yo sé que Artemisa se curará. No me hace falta leerlo en las cartas. Artemisa podrá superar esta enfermedad porque ella también es fuerte y la vida tirará de ella siempre, siempre, por muy mal que se encuentre.
Esos momentos previos a la cena fueron muy tristes, pero los que vinieron después sólo estuvieron llenos de felicidad y celebración. Hablamos animadamente todos durante la cena, nos reímos muchísimo, bebimos vino, comimos tanto y tan bien... Éramos y somos una gran familia, unida de verdad... Ni una sola de las personas que estábamos ayer en la cena se lleva mal con nadie. Todos nos queremos muchísimo, con toda sinceridad, y eso va a ser así siempre.
Pero el momento más inesperado, hermoso y mágico llegó después de cenar, antes de comenzar a tocar, bailar y cantar música. Yo tenía preparado un montón de canciones para tocar con la pandereta y Lúa había traído la guitarra y también la zanfoña. Mi tío Damián tocaría la gaita y yo bailaría mucho, mucho, desahogando toda esa energía que tengo acumulada en mi ser... mas, antes de vivir esos momentos tan bonitos y alegres, Lúa se levantó de la mesa y, tras llamar nuestra atención, dijo esto que sigue (lo escribiré tal como lo dijo porque lo recuerdo perfectamente, palabra a palabra):
«En esta noche tan bonita y especial en la que nos reunimos todos, quiero pedirle algo muy importante a la persona que más quiero del mundo, mas también quiero deciros algunas cosiñas que deseo deciros desde hace muchas semanas. Quiero deciros que me siento muy feliz por poder celebrar con vosotros unas fechas tan mágicas, pero también por poder estar en mi aldea, en el lugar en el que más feliz he sido siempre». Aquí a Lúa ya se le había quebrado la voz, pero siguió hablando intentando ignorar la emoción que sentía. «Me gustaría que estuviese aquí mi madre. La echo mucho en falta. Son las primeras Navidades que vivo sin ella aquí después de tantos años compartiendo estos días tan bonitos; pero siento que está aquí entre nosotros, celebrando con nosotros, con felicidad, y que ella se siente muy feliz por vernos juntos. Siento que ella es feliz allí donde está. Ahora, lo que os quiero decir es muy importante para mí.»
Se notaba muchísimo que Lúa estaba profundamente nerviosa. Le temblaban las manos y tenía los ojos lacrimosos. De súbito, sentí su verde y hermosa mirada cayendo sobre mí. Su mirada era intensa, era tan fuerte que me parecía que me hablaba con los ojos. Entonces, sentí que el corazón comenzaba a latirme cada vez más rápidamente. Parecía que me estallaría en cualquier momento; pero me latió aún más violentamente cuando oí lo que Lúa decía:
«Agnes, mi Agnesiña, llevo años ansiando pedirte esto, poder vivir este momento contigo. Tú eres mi sueño, siempre lo fuiste. Siempre fuiste mi motivo más fuerte para vivir, la razón para existir. No quiero estar sin ti nunca más, nunca más. Quiero vivir contigo, con toda intensidad, todos los años que nos quedan por vivir. “Por ti poño esta vida na punta dun puñal”, por ti daría mi vida, por ti haría cualquier cosiña, Agnes, cualquiera. Por eso... quiero pedirte si...»
Antes de proseguir, Lúa se acercó a mí con algo en las manos. Tenía algo escondido en sus temblorosas manos. Yo no era capaz de moverme. No podía retirar los ojos de ella. Me había hundido en su mirada como si no hubiese nada más en el mundo, como si mi vida dependiese de ella, de permanecer mirándola para siempre. Estaba tan hermosa y, en ese momento, su infinita belleza había caído sobre mí, embelesándome. Llevaba un vestido blanco y dorado cuya falda volaba cuando ella se movía, con el pecho lleno de flores, con el talle ajustadiño... Tenía los cabellos más brillantes que nunca bajo la luz de todas las velas que alumbraban aquella noche y sus ojos parecían dos esmeraldas refulgentes. Me sonreía con vergüenza, como si en ese momento volviese a ser esa chica que me confesaba cuán enamorada estaba de mí, como si de nuevo nos hallásemos en esa noche en la que nos besamos por primera vez.
«Por eso, quiero pedirte si... si quieres casarte conmigo, Agnes» me dijo casi sin voz. La emoción quería silenciar su preciosa voz, su dulce voz, la voz más bonita que jamás ha existido en este mundo, que jamás habló en este mundo. En ese momento, su sonrisa temblaba porque la emoción quería que ella llorase, sólo que llorase, pero Lúa luchaba contra el llanto porque no quería perder ni la más leve noción de ese momento tan importante. Entonces, me di cuenta de que lo que tenía escondido entre sus dedos era una cajiña brillante y pequeña.
«¿Quieres, Agnes?» volvió a preguntarme con miedo, como si pensase que el silencio que me paralizaba fuese un no. Yo no podía hablar porque estaba profundamente sorprendida y, en ese instante, ya había comenzado a sentir que nacía en mí una alegría muy grande, enorme, infinita, que me llenaba toda el alma, todo mi cuerpo, que de súbito me hizo tener ganas de reír y de llorar a la vez.
Me di cuenta, también, de que todas las personas que nos rodeaban habían contenido la respiración. Permanecían mirándonos sin poder creer lo que estaba ocurriendo, pero también sabiendo que aquello iba a acontecer de un momento a otro. Vi que mi madre también se reprimía las ganas de llorar y que sonreía, sonreía de felicidad y de ternura. Entonces, supe que no podía seguir callada, que tenía que hablar, que ansiaba decir todo lo que sentía y pensaba. Creí que mi voz no sonaría porque el corazón me latía tan fuerte que no dejaría salir mi voz de mí, pero, cuando hablé, sentí que mi voz era clara, alegremente hermosa, como si surgiese de un manantial. No dominé lo que dije, sólo me dejé llevar por lo que sentía, que era mucho más fuerte que yo. Mientras me levantaba para situarme delante de Lúa, dije:
«Hace años que quiero casarme contigo, Luíña. Eres el amor de mi vida. Yo tampoco quiero estar sin ti nunca más, jamás. Yo no puedo vivir sin ti, Luíña. Nunca pude, nunca.»
Al oírme hablar, al escuchar lo que había dicho, Lúa se acercó más a mí y, tras abrir la cajiña que sostenía entre sus preciosas manos, me colocó un anilliño hermoso mientras me miraba con una intensidad tan fuerte que creí que me desharía con sus bonitos ojos verdes. Ya lloraba, ya no podía seguir reprimiendo toda la emoción que sentía; pero, casi sin poder hablar, me dijo:
«Pues nos casaremos, entonces, y estaremos juntas para siempre, para siempre, durante toda nuestra vida y durante nuestra eternidad, amor mío. Te quiero, Agnes.»
El anillo brillaba intensamente en mi mano. Era un anillo de amatista. Me quedé asombradísima cuando lo vi, cuando descubrí lo bonito que era.
Oí que todos comenzaban a aplaudir con alegría, a lanzar aturuxos, a reír, a darnos la enhorabuena. Lúa se rió mientras me abrazaba con fuerza contra ella, mientras yo buscaba sus labios en la noche y la besaba con un amor y una ternura infinitos. Entonces, mientras la besaba, me di cuenta de que las dos estábamos llorando.
Entre beso y beso, la miré con fascinación, con embeleso, siendo consciente del tesoriño que tenía entre mis brazos, conmigo para siempre, la miré como si en ese momento la viese por primera vez. Lúa es tan hermosa que nunca me cansaré de observarla. En ese instante, ella parecía un hada, un ser mágico, que había venido para enamorarme, para llenarme el alma de amor, de felicidad, de magia. Entonces pensé que la vida era mágica porque ella estaba conmigo. Nunca dudé de que la vida es mágica porque existe algo por encima de nosotros que la hace mágica, pero, en esos momentos, sentí que lo que más mágica hacía que fuese la vida era que Lúa existiese, que Lúa estuviese conmigo, enamoradiña de mí.
«Te amo, Luíña, te amo con todo mi corazón, vida mía, amor mío, miña xoia» le dije mientras enredaba mis dedos en sus cabellos rizados y rojiños, en sus cabellos de cobre.
«Yo te amo más» me contestó ella empujándome suavemente lejos de las sillas y de la mesa en la que habíamos cenado todos. Entonces, oí que mi tío comenzaba a tocar la gaita, mi madre cogía una pandereta y todos empezaban a cantar. En ese momento, lo único que deseé fue que la música sonase para siempre para poder bailar con Lúa todas esas canciones que no pudimos bailar durante años en las fiestas de nuestra aldeíña.
Lúa ya me hacía volar con su manera de danzar. Bailábamos entre la luz de las velas, de los faroliños, entre la música, entre el calor que nos daba el vino que habíamos bebido, entre la ternura y la felicidad, flotando por encima de toda esa felicidad que nos llenaba toda el alma. Nos reíamos, pero todavía llorábamos levemente de emoción. Mas en ese momento sólo bailábamos juntas, sintiéndonos cada vez más cerca la una de la otra. Yo me sentí como si de nuevo fuese esa adolescente que se enloquecía entre los brazos de esa chica tan especial por la que tanto adoraba el verano, que les daba sentido a las fiestas de la aldea y a esos meses de absoluto calor en los que todo permanecía en silencio, mucho más callado que en invierno.
Mientras bailábamos, no dejé de mirar a Lúa, me alimentaba de su belleza para seguir sonriendo, sentía que ella tenía la energía que me movía, que me hacía volar. Sabía que los demás nos miraban sonriendo tiernamente y que muchos ya bailaban también, pero mi mundo era Lúa, era sólo Lúa. Era ella la luz de la noche, la luz que quebraba las sombras, la música que sonaba, la felicidad que hacía latir mi corazón. Aún recuerdo como si hubiesen sido un sueño esos momentos tan intensos en los que sentí que no tenía materia, que ya no había tierra bajo mis pies. Volaba junto a ella, tan pegadiña a ella, que me sentía de aire, que sentía que ella me llevaba entre sus brazos. Su mirada me sostenía, era mi equilibrio.
Recordé fugazmente aquella noche de verano en la que ambas fuimos a una fiestiña que celebraban en una aldeíña cerca de la nuestra, aquella noche de julio en la que yo todavía estaba con Artemisa y que ansiaba entregarme a Lúa para recuperar todo ese tiempo perdido; esa noche en la que las dos nos reprimíamos, nos esforzábamos por no besarnos, por no traspasar esa frontera que imponía el hecho de que yo estuviese con otra mujer. Qué inocentes fuimos en ese tiempo en el que pensamos que podríamos luchar contra la fuerza del amor que siempre sentimos la una por la otra. Aquella noche, fuimos mucho más adolescentes de lo que lo fuimos en el pasado, en el pasado, fuimos mucho más valientes de lo que lo fuimos el año pasado.
Bailamos mucho, pero también tocamos música, una canción tras la otra. Yo sentía que no me costaba en absoluto danzar y percutir en la pandereta a la vez. Sentía que todos estábamos tan felices que la felicidad nos impelía a danzar, a cantar y a tocar sin parar, hasta bien entrada la madrugadiña, hasta casi notar la llegada del amanecer. Yo lo di todo ayer. Canté con toda mi alma, a pesar de tener todavía los rescoldos del enorme resfriado que sufrí estos días; pero canté sin importarme que tuviese cada vez menos voz, toqué hasta que noté que mis dedos eran ya parte de la pandereta en la que percuto en las fiestas desde que era niña, hasta que noté que la música y yo éramos un único ser. Y todo eso lo hice sintiéndome la mujer más feliz y dichosa del mundo, sin perder de vista a Lúa, quien también se había entregado profundamente a la música. Qué momentos tan y tan bonitos. Fueron increíbles, increíbles. Cuando ya terminamos de tocar, muchísimos familiares que hacía tiempo que no veía me dijeron que no sabían que yo tenía todos esos dones, que les había sorprendido muchísimo mi manera de bailar, de cantar y de percutir en la pandereta. Es cierto que siempre he bailado muy bien, que siempre dominé muy bien la pandereta y que canto con toda mi alma siempre que puedo; pero siempre me conmueve mucho que me feliciten por hacer bien algo que yo amo hacer. Siento que mis habilidades tienen sentido.
La persona que más cariñosamente me dio la enhorabuena por comprometerme con Lúa fue Casandra y eso me asombró muchísimo porque yo creí que a ella no le gustaría que me casase con Lúa, pero me dijo que se alegraba de verdad por nosotras y que, evidentemente, vendría a la boda si la invitábamos. Por supuesto, la invitaremos. No tendría sentido hacer lo contrario. Nuestra boda será en primavera, cuando ya los días sean más largos y los árboles den sus primeras hojas.
Nos fuimos a dormir sintiendo que habíamos vivido la noche más intensa de nuestra vida. Me sentía tan feliz que me costó mucho dormir. Además, no nos fuimos a dormir enseguida que nos quedamos soliñas en el cuarto, por supuesto que no.
Y eso es todo por hoy. Creo que nada puede hacerme más feliz que saber que ahora sí podré estar con Lúa para siempre, absolutamente para siempre, en nuestra tierra.
Y, por cierto, también tengo que contar que nos ha tocado algo en la lotería, un pellizquiño bastante importante de dinero, y, con esos cuartos, lo que haremos será reconstruir la casa de la aldea y hacer algunas reformiñas en nuestro piso, que hace muchos años que no se reforma y precisa algunas mejoras, y lo que haremos también será viajar, viajar mucho. Con estos cuartos, ahora puedo estar más relajada en el trabajo, pero tampoco quiero dejar de trabajar por tener más dinero, por supuesto que no. No es sólo nuestro. Siento que también es de nuestra familia, por eso no nos lo quedaremos todo y le daremos una gran parte a mi madre, a mi tío, incluso a Casandra si lo necesita... mas ella todavía no sabe que nos tocó la lotería. Es muy bonito que tocase aquí en Ourense, aunque sea ese pellizquiño. ¿qué más podemos pedir? La vida nos sonríe todo eso que no nos sonrió en el pasado. Ahora siento que lo recuperamos todo, todo, todo eso que no tuvimos antes, pero no lo digo por el dinero, sino por la felicidad, por el amor, por todo lo que nos hace verdaderamente afortunadas por estar vivas.