jueves, 19 de diciembre de 2019

DIARIO DE AGNES: MÉRCORES, 18 DE DECEMBRO DE 2019


Mércores, 18 de decembro de 2019
Estamos vivindo unhas semanas terríbeis no tocante ao clima. Chove moitísimo dende hai meses. Case que non temos días de tregua e vai un vento fortísimo que me pon un medo horríbel. Zoa tan forte que nin podemos camiñar pola rúa. Lúa está a me levar no coche ao choio practicamente todas as mañás porque, polo xeral, chove a cachón e, se vou camiñando, chego totalmente enchoupada á cafetaría. Iso xa me ocorreu moitísimas veces. Non me importa que chova. Mesmo amo a choiva. O que me estarrece é o vento; ese vento que bota árbores ao chan, que arrinca tellados, que nos empurra se tentamos camiñar pola rúa... Teño a sensación de que a Ourense a está a atacar unha forza incontrolábel que a quere destruír. Sei que os temporais son normais eiquí, moi habituais; pero é que ultimamente estamos a sufrir moitísimos temporais en moi pouco tempo. Había moito tempo que non vía algo así. Hoxe, cando chegamos dos ensaios, estaba a cidade chea de cousas, o chan estaba alfombrado por pólas de árbores, arrincadas sen piedade dos seus troncos, de lixo, de follas, de papeis, e o vento arrastraba calquera cousa sen importarlle o que pesase. A choiva caía con desesperación do ceo, coma se a natureza quixese chorar desconsoladamente por algunha desgraza. Chamei á miña nai e díxome que na aldeíña o Miño rebordara e que no bosque caeran moitas árbores. Que medo. Por sorte, a nosa casa está ben, pero non se pode saír á rúa porque a choiva fixo ríos que baixan sen control polas rúas inclinadas. Este ambiente tan perigoso, de natureza descontrolada e enfadada, ponme os pelos de punta. Sei que non consigo ren desacougándome tanto, pero non o podo evitar. Por sorte, nós vivimos na parte alta de Ourense e o Miño quédanos lonxe, pero sinto arrepíos cando vexo como baixa o río, sen control, con tanta forza, facendo todo ese ruído que nunca fai. É arrepiante e, aínda que me guste a choiva, devezo por ver brillar o sol, devezo por poder saír á rúa sen ter que estar pendente de se levo paraugas ou non, desexo camiñar con normalidade pola rúa sen sentir que a choiva me molla ata os ósos... Chegará ese día cedo e o medo que teño tamén é que ese desexo que sinto faga que veñan meses de seca, que iso é moito peor; pero estes temporais, estas treboadas, este vento e esta choiva están a facer moito dano. Non son choivas sas.
Tamén quero falar doutras treboadas que non deixan pegada no mundo, nin na rúa, nin en ningures; unhas treboadas silandeiras que arrasan con esas cousiñas inmateriais que son tan importantes. Levo días sentindo que algo non vai ben na vida de Artemisa. Casandra non me chama dende hai ben semanas e non consigo dar con elas. Sei que Artemisa non quere saber nada máis de min. Hai case un mes, pediume polo whatsapp que falásemos por teléfono porque me quería dicir unha cousiña. Respondín á chamada co corazón encollido. Cando me chamou, estaba soa na casa porque Lúa fora dar un paseo con Laila aproveitando que deixara de chover por uns momentos. Artemisa chamoume porque se quería despedir de min. Quería seguir vivindo coma se eu non existise, pero non quería desaparecer sen dicirme adeus. Eu quedei abraiadísima cando ouvín as súas verbas, pero tamén a entendía. Comprendía perfectamente que ela se quixese afastar de min. Intuía que non o estaba a pasar nada ben e que só se podería sentir mellor sen non falabamos. Entendíao e, emporiso, non lle insistín en que o pensase mellor. Díxenlle que respectaba a súa decisión e que, se algunha vez se sentía quen de volver falar comigo e non só iso, senón tamén de formar parte da miña vida sen sentir dor, alí estaba eu para recibila, que sempre estaría aí para o que precisase. Ela díxome que, polo momento, non era capaz de falar comigo porque lle doía que amase a Lúa, pero que tiña a esperanza de que algún día puidese facelo.
Eu entendino todo perfectamente, pero non puiden evitar sentir moita mágoa. Cando colguei, tiña ganas de chorar. O que me poñía tristeiriña non era perder a Artemisa no meu presente, senón separarme dunha persoa coa que compartira moitísimas cousas. Non era a Artemisa do presente a que botaría en falla, pois ela mudara moito nos últimos meses que viviu eiquí comigo, senón a Artemisa que coñecín cando comezamos a estar xuntas, a compartirmos a vida. Esa Artemisa nunca máis voltaría e, aínda que voltase, eu non podería volver con ela, pois amo a Lúa cunha forza que me descontrola e faime ser tan distinta... Eu tampouco son a mesma persoa que comezara a compartir a vida con Artemisa hai xa tantos anos. Son outra muller moi distinta, chea de vida e de optimismo, cos seus momentos de tristura, pero sobre todo son unha muller chea de forza, de enerxía... e non podo nin quero voltar ao que fun. Artemisa tamén mudou moito... mais eu sei que non foi unicamente o amor que sinto e sentín sempre por Lúa o que lle fixo mudar. Hai algunha razón máis que mudou a súa preciosa maneira de ser, que a amargou por dentro e que lixou con xenreira e rancor o seu fermoso interior. Dende que mantivemos esa conversación que en realidade foi a nosa despedida, sentín que algo vai moi mal na súa vida.
Aquela tarde na que se despediu de min, sentín e intuín que nas súas verbas había unha realidade que ela me agochaba. Notaba que a súa voz estaba chea de silencios. Cando falaba, a súa voz soaba tan profundamente enchoupada de tristura, de desalento... Sentín un arrepío cando me dei de conta de que, por moito que ela tentase falar con acougo, a súa voz estaba tan apagada. Había unha enerxía moi escura no seu interior. Souben que non se sentía tristeiriña só porque non estivese comigo, senón por outro motivo que a superaba, que lle facía moito máis dano. Dende que falei con ela aquela tarde, non deixei de presentir que algo está a lle ocorrer e que ninguén fala comigo porque non queren que o descubra. Onte confirmáronseme esas intuicións. Pregunteille a Casandra polo Whatsapp se estaban ben e só me dixo que o martes nos veriamos. Casandra é moi sincera e o feito de que non me conteste ás preguntas que fago me desacouga moitísimo.
Esta mañá, cheguei á cafetaría sentindo que algo me avisaba de que a Artemisa estaba a lle ocorrer algo horríbel. A única maneira de saber se aquilo era certo era preguntándolles aos Arcanos se Artemisa está ben. Malia non amala xa nin estar namorada dela, sígoa apreciando moito por todo o que vivimos, por como nos quixemos e polas cousas que compartimos. Desexo que estea ben, que a vida lle vaia ben, que sexa feliz e que poida atopar o seu posto no mundo, o seu fogar, o benestar preciso que a axude a amar a vida como sempre a amou.
Os Arcanos reveláronme unha realidade terríbel. Antes de botar as cartas, concentreime moitísimo en contactar con esas forzas que sempre responderon ás miñas invocacións. Sentín latexar en min ese don que me vén de tan lonxe, herdanza da miña nai, da miña avoa, da nai da miña avoa... Sentín que non estaba soa, que o cuarto no que estaba se enchía dunha enerxía moi poderosa que me falaba a través das dimensións. Achábame na cafetaría, eran as seis e media da mañá, e sentinme moito máis esperta que nunca ao notar por dentro de min ese poder tan antergo. Había moito tempo que non atendía a ese don tan máxico que teño, pero non importaba, nunca importa, porque sempre está aí agardando a que o precise. Non me atrevía a empregar o meu don porque, a última vez que me falara, estiven moi mal, reveloume cousiñas que me impresionaron moito e dábame medo seguir en contacto con esas forzas que me traían lembranzas tan antigas, doutras épocas lonxanas; pero esta mañá si que o precisaba. Quedei abraiada cando notei que ese don falaba máis forte que nunca, respondéndome, conectándome con esas enerxías, eses seres, esas realidades que tanto me podían axudar a saber o que necesitaba saber.
Sentín un arreguizo percorréndome o corpo todo cando interpretei o significado das cartas que saíran. Ademais, podía notar como os Arcanos me falaban silandeiramente non só a través das cartas, senón tamén a través da conexión que nos unía, que unía a miña ialma con esas forzas máxicas. É unha sensación que non se pode explicar con verbas, que só está feita de sentimentos, de emocións, de sensacións; unha sensación feita de moitas sensacións que falan empregando unha linguaxe que non está creada con verbas. É algo da ialma, non da mente, e, emporiso, non se pode transcribir nin expresar verbalmente.
Quedei tan abraiada que non souben que facer. Poñíame medo seguir dándolles a volta ás cartas que aínda me fallaban por interpretar, pero tíñao que facer para obter a mensaxe toda do que eles me querían dicir, a mensaxe enteira, as solucións, como podía axudar a Artemisa dende tan lonxe... Sentín que o estómago se me facía pequeno, pequeno, que me custaba respirar, que un frío horríbel me xeaba as mans, a ialma.
Segundo os Arcanos, Artemisa estaba moi pretiño da morte. Artemisa está moi, moi doente, moito, tanto que nin tan sequera poden contar os días que lle restan para a fin. Iso foi o que eles me dixeron. Non, aquilo non podía ser verdade. Notei que comezaba a tremer, que non daba domeado os meus sentimentos, pero tentei manter a calma porque, neses momentos, é preciso estarmos quedas, tranquilas, ignorando os nosos potentes sentimentos para podermos interpretar ben a mensaxe que nos chega dende esa dimensión á que só uns poucos podemos acceder. As únicas cartas positivas que saíran dicíanme que eu a podía axudar empregando a miña maxia, os meus dons; que non era preciso que estivese ao seu carón para axudala a transitar por ese camiño horríbel, cheo de doenza, de malestar, de morte.
Artemisa só viviría se eu a axudaba. Aquilo era demasiado grande para aceptalo. Souben que a súa doenza se acougaría coa miña axuda, non só cos tratamentos que lle estaban a aplicar; eses que tanto dano lle están a facer. Eu podíaa axudar doutra maneira moito máis máxica, pero tiña que ser forte, non me tiña que deixar vencer polo profundo desalento que lle enche a ialma a ela. Souben tantas cousas e todas asemade... Custábame distinguir entre os meus pensamentos e as mensaxes que os Arcanos me entregaban. Souben que Artemisa está completamente afundida, que non atopa motivos para loitar contra a doenza que a está a atacar, que se está deixando vencer... e iso dóeme moitísimo. Dóeme porque ela tiña moitos proxectos de vida, tiña moitas esperanzas... Non podo aturar que unha persoa que aprecio tanto estea tan mal, tan desanimadiña, sen ganas de vivir, cando vivir é o único que podemos facer nesta existencia, poder vivir, e ter esperanzas sobre todo, por riba de todo. Eu tamén estiven moi doente e sei perfectamente que é non querer vivir, desexar que todo desapareza. Emporiso, agora que estou ben, dou as grazas coa miña ialma toda por ter outra oportunidade para vivir, para ser eu mesma, para ser feliz, para loitar polos meus soños; a meirande parte dos cales xa se me cumpriron, xa se fixeron realidade, e non hai nada máis bonito e máxico que sentir que os teus soños xa non son soños nin ilusións, senón a máis fermosa realidade.
Non obstante, eu sei que aínda de todo curada non estou. Hai momentos nos que noto que o meu ánimo treme e calquera cousa me pode asustar moito, pero loito por manterme estábel e a felicidade que enche a miña vida arestora é tan poderosa que consegue afastar de min calquera ameaza que me estarreza.
As cartas que ficaban agochadas reveláronme, ao final, cando me atrevín a darlles a volta, que eu podía axudar a Artemisa enviándolle enerxía positiva, enviándolle luz, saúde, a través de rituais que eu sabía facer moi ben. Había moitísimo tempo que non celebraba ningún ritual. Comenteille a Lúa o que ocorrera esta mañá coas cartas e ela animoume a facerlle caso ao que os Arcanos me dixeran. Hai pouquiño rematei de celebrar un ritual moi bonito e poderoso. Había moito tempo que non sentía tanta maxia enchéndome a ialma toda, o meu corpo todo. Namentres celebraba o ritual, sentíame aboiar nunha nube, coma se non houbese chan, e todo ficou lonxe de min durante todos eses momentos.
Agora síntome estraña, cunha mestura de enerxía e sentimentos no meu interior que me confunde. Sinto, penso, sinto moito e penso tanto que sinto que me vai estopar a cachola, pero síntome realizada, feliz, tranquila, malia pasar tanta tensión esta tarde e estar pasándoa por mor do vento, deste potente e destrutivo temporal; mais Lúa transmíteme tanta calma co seu amor, co seu agarimo... Sei que non abonda con celebrar un só ritual para enviarlle enerxía bonita e luz a Artemisa. Seica teña que dedicarlle máis de media hora todos os días para podela axudar. Non me importa facelo. Ela impórtame e Lúa tamén me anima a que a axude como poida. Sei que Artemisa non quere que eu saiba que ela está doente. Pensa que manterme lonxe dela é mellor que permitir que eu coñeza a súa realidade e a poida axudar, pero non sei se algunha vez saberá que eu a estou axudando así, deste xeito tan máxico. Non a podo axudar doutra maneira porque ela non quere que eu saiba como está.
Síntome tristeiriña por ela, pero tamén esperanzada. Seica sinta eu toda a esperanza que ela non sente e talvez sexa abondo para axudala.
Vou tentar falar de cousiñas máis alegres. Vivo tan intensamente os meus días que practicamente non me resta tempo nin para lembrar de escribir. Emporiso, levo tanto tempo sen escribir, porque non teño tempo para facelo, non porque non queira, porque ganas de facelo non me fallan. Escribiría en todas partes o feliz que son, o ben que me sinto, o chea de fermosura e maxia que teño a ialma. Son tan feliz que non o sei sentir. Son tan feliz que non me molesta a tristura, que non me asusta chorar, que son quen de me enfrontar aos problemas con ánimo e esperanza. A alegría que sinto decotío faime ser consciente das cousiñas boas que ten cada momento e cada feito e podo procurar a mellor solución para todo. Estou positiva, optimista, feliz, contenta, risoña... e o mellor de todo é que comparto a miña felicidade con Lúa. Aínda que me saiba mal recoñecelo, Lúa é o amor da miña vida. Si, a Artemisa quíxena moitísimo, pero a Lúa quíxena antes. Lúa foi o meu primeiro amor e, como di unha cantiga moi famosa en Galiza: “os amoriños primeiros son moi malos de olvidare”. A ela nunca a esquecín, nunca. Sempre pensei nela, sempre desexei reencontrarme con ela, sempre desexei volver realidade todos os nosos soños... e estar lonxe dela tíñame desesperanzada. Pensar que nunca máis a volvería ver desesperábame tanto que non o podía aturar. Afíxenme á idea de que nunca poderiamos estar xuntas, emporiso tentei ser feliz coa vida que tiña perante miña. Namorei de Artemisa case sen crelo, incapaz de aceptar que a amaba a ela tamén; pero agora ese amor xa quedou moi lonxe. Queda en min o agarimo que lle teño porque iso nunca poderá mudar. Por Lúa sinto un amor que me fai sentir como unha adolescente, que me entolece, que me tira a razón dun xeito delicioso. Non sei explicar con verbas o unidas que estamos porque me parece que ningunha linguaxe podería expresar algo tan grande e máxico. É unha conexión profunda, fermosa e moi máxica que nos permite falarnos aínda que non esteamos xuntas. Eu podo saber se Lúa está ben ou mal malia non falar con ela. Se non está ben, algo me avisa diso e, despois, cando lle pregunto se lle ocorreu algo, ela confírmame o que eu sentira. Este amor, esta conexión tan bonita, revélanos o que a outra pensa só mirándonos aos ollos; enche de verbas os silencios que mantemos... É algo tan grande, tan fermoso, tan cálido... Sei que quero pasar a miña vida toda ao seu lado, como sempre desexei, como levo desexando dende que era cativa, dende que souben que estaba profundamente namorada dela. Lúa complétame, compleméntame, faime sentir chea. Non sería quen de vivir sen ela. Sei que ela sente exactamente o mesmo ca min porque mo amosa sempre, en todo momento, pero sobre todo cando nos amamos, cando nos deixamos levar pola paixón máis intensa; esa que tanto nos entolece. Eses momentos danme tanta vida... Cando estamos tan unidas, tan xuntas, tan intimamente xuntas, o mundo desaparece, só existe ela para min, e só desexo entolecerme entre os seus brazos todas as veces posíbeis. Gústame tanto perder o control de min mesma entre os seus brazos e compartir con ela o pracer máis intenso... É algo que tampouco sei explicar. Nunca gocei tanto destas cousiñas como gozo agora con Lúa, como tamén o fixen o ano pasado, cando estivemos xuntas. Ela faime perder a noción de todo e desinhíbeme tanto que non penso ren cando estou con ela, non penso o que digo, nin como a bico, a abrazo ou a acariño... Só me deixo levar polo que sinto, por esas infindas ganas de facer que goce, de entolecela, de compartilo todo con ela, todo, todo o que son. Perdemos tanto a noción do tempo cando nos amamos que, cando voltamos á realidade, sempre quedamos abraiadísimas ao dármonos de conta de que pasaron tantas horas.
Tamén gozamos doutras cousiñas, como a música. Nunca compartín a música con ninguén como a comparto con ela. Con Lúa, Iauga gañou moitísimo porque Lúa toca o piano e moitos instrumentos máis. Pasamos longas horiñas na nosa casa, ela tocando o piano e eu, seguíndoa coa voz, cantando con ela. Gústanos tanto vivir eses momentos que, cando o facemos, cremos que nada máis existe. Son momentos moi fermosos que nos enchen a ialma dunha beleza infinda que nos fai sentir tan felices, que nos fai sentir que voamos, voamos no noso fermoso mundo cheo de amor, de luz, de vida.
Tamén cociñamos xuntas. Con Artemisa nunca compartía a cociña porque a Artemisa non lle gustaba nada que alguén cociñase xunta ela. Prefería cociñar ela soa porque dicía que se aclaraba máis coas cousas e que lle saía todo moito mellor. Emporiso, nunca compartiamos algo tan bonito como o cociñar. Con Lúa, no canto, cociño moito e cada vez aprendo a facer máis cousiñas. Estou conseguindo que Lúa coma menos carne cada vez. Ela si comía carne, pero, dende que está comigo, di que o quere deixar de facer. Non a estou influíndo, senón axudando. Tamén facemos tortas e doces que nunca fixera antes.
Este Nadal, Casandra vai vir con Gabriel a Ourense e pasarán as festas na aldeíña. Que ganas teño de vivir eses días. Eu non creo no Nadal como o fan a meirande parte das persoas, pero gústanme moitísimo estas datas. Gústanme dende que era cativa porque me parecen moi bonitas, moi máxicas. Son días cheos de amor, de luces, dun espírito que fai esquecer por uns intres as rivalidades... Sei que non é todo tan idílico e precioso como penso, pero para min si que o é. amais, será o primeiro Nadal que vivirei con Lúa. Ela nunca veu á aldeíña no Nadal, cando a neve o cubría todo, cando todo estaba tan bonito... Ela sempre pasou o Nadal en Ourense, na cidade, cos seus pais. A miña nai tamén está moi contenta de que Lúa e máis eu esteamos xuntas. Díxome este venres que Artemisa lle parecía moi boa muller e que lle gustaba como persoa, pero que intuía que non podía estar moito tempo comigo porque non se atopaba de todo a gusto nesta vida e que así non se pode estar con ninguén. Mesmo a miña nai me dixo que intuía que Artemisa non entendía o que eu sinto pola miña terra e alguén que comparta a vida comigo ha de entender iso á perfección. A miña nai non mo dixo, pero eu sei que ela prefire que eu estea con Lúa. Nótase que o pensa por como me pregunta cousas, polo interese que amosa cando lle contamos algo, polo feliz e ditosa que é cando imos xuntas á aldeíña... Amais, é algo que eu sei sen que mo teña que dicir. Seino porque coa miña nai teño unha conexión moi forte e fermosa.
Botaría séculos falando de como son os nosos días, pero non teño tempo para seguir escribindo. Hei de axudar a Lúa a facer a cea. Hai pouquiño que chegamos do ensaio e sempre que ensaiamos quedo cunha sensación tan bonita... As nosas cancións cada vez soan máis fermosas. Lúa sabe tocar tantos instrumentos que fai que cada peza soe inmellorábel. Estamos ensaiando porque o día de Nadal faremos un concerto en Ourense, nun centro cívico no que traballa Antíia;  unha dass comppoñenntes de Iauga.
E iso é todo por hoxe.


Traducción:


Miércoles, 18 de diciembre de 2019:
Estamos viviendo unas semanas terribles con respecto al clima. Llueve muchísimo desde hace meses. Casi no tenemos días de tregua y hace un viento fortísimo que me da un miedo horrible. Sopla tan fuerte que ni podemos caminar por la calle. Lúa está llevándome en coche al trabajo prácticamente todas las mañanas porque, por lo general, llueve a cántaros y, si voy caminando, llego totalmente empapada a la cafetería. Eso ya me ha ocurrido muchísimas veces. No me importa que llueva. Incluso amo la lluvia. Lo que me aterra es el viento; ese viento que tira árboles al suelo, que arranca tejados, que nos empuja si intentamos caminar por la calle... Tengo la sensación de que a Ourense está atacándola una fuerza incontrolable que quiere destruirla. Sé que los temporales son normales aquí, muy habituales; pero es que últimamente estamos sufriendo muchísimos temporales en muy poco tiempo. Hacía mucho tiempo que no veía algo así. Hoy, cuando llegamos de los ensayos, estaba la ciudad llena de cosas, el suelo estaba alfombrado por ramas de árboles, arrancadas sin piedad de sus troncos, de basura, de hojas, de papeles, y el viento arrastraba cualquier cosa sin importarle lo que pesase. La lluvia caía con desesperación del cielo, como si la naturaleza quisiese llorar desconsoladamente por alguna desgracia. Llamé a mi madre y me dijo que en la aldeíña el Miño se había desbordado y que en el bosque se habían caído muchos árboles. Qué miedo. Por suerte, nuestra casa está bien, pero no se puede salir a la calle porque la lluvia hizo ríos que bajan sin control por las calles inclinadas. Este ambiente tan peligroso, de naturaleza descontrolada y enfadada, me pone los pelos de punta. Sé que no consigo nada desasosegándome tanto, pero no puedo evitarlo. Por suerte, nosotras vivimos en la parte alta de Ourense y el Miño nos queda lejos, pero siento escalofríos cuando veo cómo baja el río, sin control, con tanta fuerza, haciendo todo ese ruido que nunca hace. Es escalofriante y, aunque me guste la lluvia, ansío ver brillar el suelo, ansío salir a la calle sin tener que estar pendiente de si llevo paraguas o no, deseo caminar con normalidad por la vida sin sentir que la lluvia me moja hasta los huesos... Llegará ese día pronto y el miedo que tengo también es que ese deseo que siento haga que vengan meses de sequía, que eso es mucho peor; pero estos temporales, estas tormentas, este viento y esta lluvia están haciendo mucho daño. No son lluvias sanas.
También quiero hablar de otras tormentas que no dejan huella en el mundo, ni en la calle ni en ninguna parte, unas tormentas silenciosas que arrasan con esas cosiñas que son tan importantes. Llevo días sintiendo que algo no va bien en la vida de Artemisa. Casandra no me llama desde hace muchas semanas y no consigo dar con ellas. Sé que Artemisa no quiere saber nada más de mí. Hace casi un mes, me pidió por el Whatsapp que hablásemos por teléfono porque quería decirme una cosiña. Respondí a la llamada Con el corazón encogido. Cuando me llamó, estaba sola en casa porque Lúa había ido a dar un paseo con Laila aprovechando que había dejado de llover por unos momentos. Artemisa me llamó porque quería despedirse de mí. Quería seguir viviendo como si yo no existiese, pero no quería desaparecer sin decirme adiós. Yo me quedé sorprendidísima cuando oí sus palabras, pero también la entendía. Comprendía perfectamente que ella quisiese alejarse de mí. Intuía que no estaba pasándolo nada bien y que sólo podría sentirse mejor si no hablábamos. Lo entendía y, por eso, no le insistí en que lo pensase mejor. Le dije que respetaba su decisión y que, si alguna vez se sentía capaz de volver a hablar conmigo y no sólo eso, sino también de formar parte de mi vida sin sentir dolor, allí estaba yo para recibirla, que siempre estaría ahí para lo que necesitase. Ella me dijo que, por el momento, no era capaz de hablar conmigo porque le dolía que amase a Lúa, pero que tenía la esperanza de que algún día pudiese hacerlo.
Yo lo entendí todo perfectamente, pero no pude evitar sentir mucha lástima. Cuando colgué, tenía ganas de llorar. Lo que me ponía tristiña no era perder a Artemisa en mi presente, sino separarme de una persona con la que había compartido muchísimas cosas. No era la Artemisa del presente la que echaría en falta, pues ella había cambiado mucho en los últimos meses que vivió aquí conmigo, sino a la Artemisa que conocí cuando comenzamos a estar juntas, a compartir la vida. Esa Artemisa nunca más volvería y, aunque regresase, yo no podría volver con ella, pues amo a Lúa con una fuerza que me descontrola y me hace ser tan distinta... Yo tampoco soy la misma persona que comenzara a compartir la vida con Artemisa hace ya tantos años. Soy otra mujer muy distinta, llena de vida y de optimismo, con sus momentos de tristeza, pero sobre todo soy una mujer llena de fuerza, de energía... y no puedo ni quiero volver a lo que fui. Artemisa también cambió mucho... mas yo sé que no fue únicamente el amor que siento y sentí siempre por Lúa lo que le hizo cambiar. Hay alguna razón más que mutó su preciosa manera de ser, que la amargó por dentro y que manchó con rabia y rencor su hermoso interior. Desde que mantuvimos esa conversación que en realidad fue nuestra despedida, sentí que algo va muy mal en su vida.
Aquella tarde en la que se despidió de mí, sentí e intuí que en sus palabras había una realidad que ella me escondía. Notaba que su voz estaba llena de silencios. Cuando hablaba, su voz sonaba tan profundamente empañada de tristeza, de desaliento... Sentí un escalofrío cuando me di cuenta de que, por mucho que ella intentase hablar con sosiego, su voz estaba tan apagada. Había una energía muy oscura en su interior. Supe que no se sentía tristiña sólo porque no estuviese conmigo, sino por otro motivo que la superaba, que le hacía mucho más daño. Desde que hablé con ella aquella tarde, no dejé de presentir que algo está ocurriéndole y que nadie habla conmigo porque no quieren que lo descubra. Ayer se me confirmaron esas intuiciones. Le pregunté a Casandra por Whatsapp si estaban bien y sólo me dijo que el martes nos veríamos. Casandra es muy sincera y el hecho de que no me conteste a las preguntas que hago me desasosiega muchísimo.
Esta mañana, llegué a la cafetería sintiendo que algo me avisaba de que a Artemisa estaba ocurriéndole algo horrible. La única manera de saber si aquello era cierto era preguntándoles a los Arcanos si Artemisa está bien. A pesar de no amarla ni de estar enamorada de ella, sigo apreciándola mucho por todo lo que vivimos, por cómo nos quisimos y por las cosas que compartimos. Deseo que esté bien, que la vida le vaya bien, que sea feliz y que pueda encontrar su puesto en el mundo, su hogar, el bienestar preciso que la ayude a amar la vida como siempre la amó.
Los Arcanos me revelaron una realidad terrible. Antes de echar las cartas, me concentré muchísimo en contactar con esas fuerzas que siempre respondieron a mis invocaciones. Sentí latir en mí ese don que me viene de tan lejos, herencia de mi madre, de mi abuela, de la madre de mi abuela... Sentí que no estaba sola, que el cuarto en el que estaba se llenaba de una energía muy poderosa que me hablaba a través de las dimensiones. Me hallaba en la cafetería, eran las seis y media de la mañana, y me sentí mucho más despierta que nunca al notar por dentro de mí ese poder tan ancestral. Hacía mucho tiempo que no atendía a ese don tan mágico que tengo, pero no importaba. Nunca importa, porque siempre está ahí aguardando a que lo necesite. No me atrevía a usar mi don porque, la última vez que me había hablado, estuve muy mal, me reveló cousiñas que me impresionaron mucho y me daba miedo seguir en contacto con esas fuerzas que me traían recuerdos tan antiguos, de otras épocas lejanas; pero esta mañana sí que lo necesitaba. Me quedé asombrada cuando noté que ese don hablaba más fuerte que nunca, respondiéndome, conectándome con esas energías, esos seres, esas realidades que tanto podían ayudarme a saber lo que necesitaba saber.
Sentí un escalofrío recorriéndome todo el cuerpo cuando interpreté el significado de las cartas que habían salido. Además, podía notar cómo los Arcanos me hablaban silenciosamente no sólo a través de las cartas, sino también a través de la conexión que nos unía, que unía mi alma con esas fuerzas mágicas. Es una sensación que no se puede explicar con palabras, que sólo está hecha de sentimientos, de emociones, de sensaciones; una sensación hecha de muchas sensaciones que hablan empleando un lenguaje que no está creado con palabras. Es algo del alma, no de la mente, y, por eso, no se puede transcribir ni expresar verbalmente.
Me quedé tan sorprendida que no supe qué hacer. Me daba miedo seguir dándoles la vuelta a las cartas que todavía me quedaba interpretar, pero tenía que hacerlo para obtener todo el mensaje de lo que ellos querían decirme, el mensaje entero, las soluciones, cómo podía ayudar a Artemisa desde tan lejos... Sentí que el estómago se me hacía pequeño, pequeño, que me costaba respirar, que un frío horrible me helaba las manos, el alma.
Según los Arcanos, Artemisa estaba muy cerquiña de la muerte. Artemisa está muy, muy enferma, mucho, tanto que ni tan siquiera pueden contar los días que le faltan para el fin. Eso fue lo que ellos me dijeron. No, aquello no podía ser verdad. Noté que comenzaba a temblar, que no conseguía dominar mis sentimientos, pero intenté mantener la calma porque, en esos momentos, es preciso que estemos quietas, tranquilas, ignorando nuestros potentes sentimientos para poder interpretar bien el mensaje que nos llega desde esa dimensión a la que sólo unos pocos podemos acceder. Las únicas cartas positivas que habían salido me decían que yo podía ayudarla usando mi magia, mis dones; que no era preciso que estuviese a su lado para ayudarla a transitar por ese camino horrible, lleno de enfermedad, de malestar, de muerte.
Artemisa sólo viviría si yo la ayudaba. Aquello era demasiado grande para aceptarlo. Supe que su enfermedad se calmaría con mi ayuda, no sólo con los tratamientos que estaban aplicándole, ésos que tanto daño están haciéndole. Yo podía ayudarla de otra manera mucho más mágica, pero tenía que ser fuerte, no tenía que dejarme vencer por el profundo desaliento que le llena el alma a ella. Supe tantas cosas y todas a la vez... Me costaba distinguir entre mis pensamientos y los mensajes que los Arcanos me entregaban. Supe que Artemisa está completamente hundida, que no encuentra motivos para luchar contra la enfermedad que está atacándola, que está dejándose vencer... y eso me duele muchísimo. Me duele porque ella tenía muchos proyectos de vida, tenía muchas esperanzas... No puedo soportar que una persona que aprecio tanto esté tan mal, tan desanimadiña, sin ganas de vivir, cuando vivir es lo único que podemos hacer en esta existencia, poder vivir, y tener esperanzas sobre todo, por encima de todo. Yo también he estado muy enferma y sé perfectamente qué es no querer vivir, desear que todo desaparezca. Por eso, ahora que estoy bien, doy las gracias con toda mi alma por tener otra oportunidad para vivir, para ser yo misma, para ser feliz, para luchar por mis sueños; la mayor parte de los cuales ya se me han cumplido, ya se hicieron realidad, y no hay nada más bonito y mágico que sentir que tus sueños ya no son sueños ni ilusiones, sino la más hermosa realidad.
No obstante, yo sé que todavía del todo curada no estoy. Hay momentos en los que noto que mi ánimo tiembla y cualquier cosa puede asustarme mucho, pero lucho por mantenerme estable y la felicidad que llena mi vida ahora es tan poderosa que consigue alejar de mí cualquier amenaza que me aterre.
Las cartas que permanecían ocultas me revelaron, al final, cuando me atreví a darles la vuelta, que yo podía ayudar a Artemisa enviándole energía positiva, enviándole luz, salud, a través de rituales que yo sabía hacer muy bien. Hacía muchísimo tiempo que no celebraba ningún ritual. Le comenté a Lúa lo que había ocurrido esta mañana con las cartas y ella me animó a hacerle caso a lo que los Arcanos me habían dicho. Hace poquiño terminé de celebrar un ritual muy bonito y poderoso. Hacía mucho tiempo que no sentía tanta magia llenándome toda el alma, todo el cuerpo. Mientras celebraba el ritual, me sentía flotar en una nube, como si no hubiese suelo, y todo permaneció lejos de mí durante todos esos momentos.
Ahora me siento extraña, con una mezcla de energía y sentimientos en mi interior que me confunde. Siento, pienso, siento mucho y pienso tanto que siento que me va a estallar la cabeza, pero me siento realizada, feliz, tranquila, pese a pasar tanta tensión esta tarde y estar pasándola por causa del viento, de este potente y destructivo temporal. Mas Lúa me transmite tanta calma con su amor, con su cariño... Sé que no basta con celebrar un sólo ritual para enviarle energía bonita y luz a Artemisa. Quizás tenga que dedicarle más de media hora todos los días para poder ayudarla. No me importa hacerlo. Ella me importa y Lúa también me anima a que la ayude como pueda. Sé que Artemisa no quiere que yo sepa que ella está enferma. Piensa que mantenerme lejos de ella es mejor que permitir que yo conozca su realidad y pueda ayudarla, pero no sé si alguna vez sabrá que yo estoy ayudándola así, de este modo tan mágico. No puedo ayudarla de otra manera porque ella no quiere que yo sepa cómo está.
Me siento tristiña por ella, pero también esperanzada. Tal vez sienta yo toda la esperanza que ella no siente y quizás sea suficiente para ayudarla.
Voy a intentar hablar de cosiñas más alegres. Vivo tan intensamente mis días que prácticamente no me queda tiempo ni para acordarme de escribir. Por eso, llevo tanto tiempo sin escribir, porque no tengo tiempo para hacerlo, no porque no quiera, porque ganas de hacerlo no me faltan. Escribiría en todas partes lo feliz que soy, lo bien que me siento, lo llena de hermosura y magia que tengo el alma. Soy tan feliz que no sé sentirlo. Soy tan feliz que no me molesta la tristeza, que no me asusta llorar, que soy capaz de enfrentarme a los problemas con ánimo y esperanza. La alegría que siento continuamente me hace ser consciente de las cosiñas buenas que tiene cada momento y cada hecho y puedo buscar la mejor solución para todo. Estoy positiva, optimista, feliz, contenta, sonriente... y lo mejor de todo es que comparto mi felicidad con Lúa. Aunque me sepa mal reconocerlo, Lúa es el amor de mi vida. Sí, a Artemisa la quise muchísimo, pero a Lúa la quise antes. Lúa fue mi primer amor y, como dice una cantiga muy famosa en Galicia: “os amoriños primeiros son moi malos de olvidare”. A ella nunca la olvidé, nunca. Siempre pensé en ella, siempre deseé reencontrarme con ella, siempre deseé volver realidad todos nuestros sueños... y estar lejos de ella me tenía desesperanzada. Pensar que nunca más volvería a verla me desesperaba tanto que no podía soportarlo. Me hice a la idea de que nunca podríamos estar juntas, por eso intenté ser feliz con la vida que tenía ante mí. Me enamoré de Artemisa casi sin creerlo, incapaz de aceptar que la amaba a ella también, pero ahora ese amor ya queda muy lejos. Queda en mí el cariño que le tengo porque eso nunca podrá cambiar. Por Lúa siento un amor que me hace sentir como una adolescente, que me enloquece, que me quita la razón de un modo delicioso. No sé explicar con palabras lo unidas que estamos porque me parece que ningún lenguaje podría expresar algo tan grande y mágico. Es una conexión profunda, hermosa y muy mágica que nos permite hablarnos aunque no estemos juntas. Yo puedo saber si Lúa está bien o mal a pesar de no hablar con ella. Si no está bien, algo me avisa de eso y, después, cuando le pregunto si le ocurrió algo, ella me confirma lo que yo había sentido. Este amor, esta conexión tan bonita, nos revela lo que la otra piensa sólo mirándonos a los ojos; llena de palabras los silencios que mantenemos... Es algo tan grande, tan hermoso, tan cálido... Sé que quiero pasar toda mi vida a su lado, como siempre deseé, como llevo deseando desde que era niña, desde que supe que estaba profundamente enamorada de ella. Lúa me completa, me complementa, me hace sentir llena. No sería capaz de vivir sin ella. Sé que ella siente exactamente lo mismo que yo porque me lo demuestra siempre, en todo momento, pero sobre todo cuando nos amamos, cuando nos dejamos llevar por la pasión más intensa; ésa que tanto nos enloquece. Esos momentos me dan tanta vida... Cuando estamos tan unidas, tan juntas, tan íntimamente juntas, el mundo desaparece, sólo existe ella para mí, y sólo deseo enloquecerme entre sus brazos todas las veces posibles. Me gusta tanto perder el control de mí misma entre sus brazos y compartir con ella el placer más intenso... Es algo que tampoco sé explicar. Nunca he disfrutado tanto de estas cosiñas como disfruto ahora con Lúa, como también lo hice el año pasado, cuando estuvimos juntas. Ella me hace perder la noción de todo y me desinhibe tanto que no pienso nada cuando estoy con ella, no pienso lo que digo, ni cómo la beso, la abrazo o la acaricio... Solo me dejo llevar por lo que siento, por esas infinitas ganas de hacer que goce, de enloquecerla, de compartirlo todo con ella, todo, todo lo que soy. Perdemos tanto la noción del tiempo cuando nos amamos que, cuando volvemos a la realidad, siempre nos quedamos asombradísimas al darnos cuenta de que pasaron tantas horas.
También disfrutamos de otras cosiñas, como la música. Nunca he compartido la música con nadie como la comparto con ella. Con Lúa, Iauga ha ganado muchísimo porque Lúa toca el piano y muchos instrumentos más. Pasamos largas horiñas en nuestra casa, ella tocando el piano y yo, siguiéndola con la voz, cantando con ella. Nos gusta tanto vivir esos momentos que, cuando lo hacemos, creemos que nada más existe. Son momentos muy hermosos que nos llenan el alma de una belleza infinita que nos hace sentir tan felices, que nos hace sentir que volamos, volamos en nuestro hermoso mundo lleno de amor, de luz, de vida.
También cocinamos juntas. Con Artemisa nunca compartía la cocina porque a Artemisa no le gustaba nada que alguien cocinase junto a ella. Prefería cocinar ella sola porque decía que se aclaraba más con las cosas y que le salía todo mucho mejor. Por eso, nunca compartíamos algo tan bonito como cocinar. Con Lúa, en cambio, cocino mucho y cada vez aprendo a hacer más cosiñas. Estoy consiguiendo que Lúa coma menos carne cada vez. Ella sí comía carne, pero, desde que está conmigo, dice que quiere dejar de hacerlo. No estoy influyéndole, sino ayudándola. También hacemos tartas y dulces que nunca había hecho antes.
Estas Navidades, Casandra va a venir con Gabriel a Ourense y pasarán las fiestas en la aldeíña. Qué ganas tengo de vivir esos días. Yo no creo en la Navidad como lo hacen la mayor parte de las personas, pero me gustan muchísimo estas fechas. Me gustan desde que era niña porque me parecen muy bonitas, muy mágicas. Son días llenos de amor, de luces, de un espíritu que hace olvidar por unos instantes las rivalidades... Sé que no es todo tan idílico y precioso como pienso, pero para mí sí que lo es. Además, serán las primeras Navidades que viviré con Lúa. Ella nunca vino a la aldeíña en navidad, cuando la nieve lo cubría todo, cuando todo estaba tan bonito... Ella siempre pasó las Navidades en Ourense, en la ciudad, con sus padres. Mi madre también está muy contenta de que Lúa y yo estemos juntas. Me dijo este viernes que Artemisa le parecía muy buena mujer y que le gustaba como persona, pero que intuía que no podía estar mucho tiempo conmigo porque no se encontraba del todo a gusto en esta vida y que así no se puede estar con nadie. Incluso mi madre me dijo que intuía que Artemisa no entendía lo que yo siento por mi tierra y alguien que comparta la vida conmigo ha de entender eso a la perfección. Mi madre no me lo ha dicho, pero yo sé que ella prefiere que yo esté con Lúa. Se nota que lo piensa por cómo me pregunta cosas, por el interés que demuestra cuando le contamos algo, por lo feliz y dichosa que es cuando vamos a la aldeíña... Además, es algo que yo sé sin que me lo tenga que decir. Lo sé porque con mi madre tengo una conexión muy fuerte y hermosa.
Estaría siglos hablando de cómo son nuestros días, pero no tengo tiempo para seguir escribiendo. He de ayudar a Lúa a hacer la cena. Hace poquiño que llegamos del ensayo y siempre que ensayamos me quedo con una sensación tan bonita... Nuestras canciones cada vez suenan más hermosas. Lúa sabe tocar tantos instrumentos que hace que cada pieza suene inmejorable. Estamos ensayando porque el día de Navidad haremos un concierto en Ourense, en un centro cívico en el que trabaja Antía; una de las componentes de Iauga.
Y eso es todo por hoy.


1 comentario:

  1. Empiezas con las intensas lluvias que golpean Galicia estas semanas. La situación es complicada y difícil de llevar, ya no por lo pesado que puede llegar a ser la lluvia tan continua, también por los numerosos destrozos que se están produciendo. Como bien dice Agnes, es una tormenta no sana. Intuye que algo va mal con Artemisa, y eso se lo confirman los Arcanos (me recuerda a uno del foro, que su nick era Arcano) con las cartas. Gracias a su don mágico, sabe lo que le ocurre a Artemisa. Sabe que está muy cerca de la muerte y de que no tiene ganas ni fuerzas para luchar. Eso como es normal le ha afectado mucho, ella no desea ningún mal a Artemisa, todo lo contrario. En vez de dejarse llevar por la tristeza, ha decidido hacer algo, ayudarla desde la distancia. Los Arcanos le han enseñado el camino, mediante rituales puede enviarle energía positiva, luz y salud para que se recupere. Es uno de esos momentos en los que da las gracias por poseer este don tan especial y mágico. ¡Espero que consiga ayudarla! Quizás algún día Artemisa sepa que la ayudó, quién sabe. Agnes además, comprende la decisión de alejarse de ella, de desaparecer de su vida. Sabe lo doloroso que puede ser para ella ver que está feliz junto a otra persona “el amor de su vida”, según sus propias palabras. Eso es muy doloroso, sobretodo si todavía hay amor de por medio. No sé si algún día serán capaces de ser amigas...normalmente no suele ocurrir, pero quién sabe. Incluso la madre de Lúa prefiere que esté con Lúa, la prefiere a Artemisa, pues ella siente lo mismo por Galicia y en eso, son dos gotas de agua. Por lo demás, todo va bien en la vida de Agnes, hacen todo lo que desean y lo mejor de todo, comparten experiencias, pues ambas tienen los mismos gustos y coinciden en todo. Agnes está viviendo un maravilloso sueño, repleto de felicidad. Una vida plena, 100% satisfactoria. Su única tristeza está en Artemisa, pues no quiere que le ocurra nada malo, pero estoy seguro que luchará por ella y hará todo lo que esté en sus manos para ayudarla. Es una entrada preciosa, repleta de esperanza y amor, amor puro y verdadero.¡Espero con ansias la continuación!

    ResponderEliminar