sábado, 27 de julio de 2019

DIARIO DE AGNES: VENRES, 26 DE XULLO DE 2019


Venres, 26 de xullo de 2019
Aínda non espertei de todo do soño no que vivín nas últimas horas da miña vida. Iso foi un soño. Cústame crer que a realidade sexa tan fermosa e máxica. Foi un soño do que aínda non espertei. Non abrín aínda os ollos. Síntome bébeda de ledicia e emoción. Aínda latexan en min os fermosos sentimentos que me encheron a miña ialma toda nestes días. O mércores á tarde, dende ese momento no que cantei o himno galego en Ourense, perante de todas esas persoas que cantaban comigo, ata esta mañá, cando me despedín dos compañeiros do BNG, vivín mergullada nunha realidade que nada tiña a ver coa que coñecín hai uns anos. Eses momentos fixéronme pensar que a vida paga moitísimo a pena, que hai momentos duros que case que nos tiran a respiración e outros totalmente máxicos que nos devolven todo iso que a tristura nos arrebatou. Non sei como describir todo o que vivín o mércores e o xoves. Foi demasiado intenso e non hai verbas que poidan dar conta de todo o que fixen, vivín, sentín... Non sei se poderei escribir verbo todo o que ocorreu porque, nun reducidiño tempo, hai unha morea de experiencias que nunca crin vivir. Síntome tan chea arestora que non podo pensar con claridade. Non obstante, tamén estou esgotadiña. Dóeme a cabeza porque levo sen durmir ben dende o martes á noite, que tampouco durmín moi ben porque estaba moi nerviosa por todo o que me ía vir, por todo o que ía vivir, e case que non puiden durmir pensando no día da patria (ou, mellor dito, da matria) galega e o concerto que Ialma iamos tocar.
Non sei por onde comezar. Agora son as tres da tarde e tería que estar durmindo porque esta noite tamén iremos durmir tardiño, xa que celebramos unha foliada na miña aldeíña co gallo do día da matria galega. E, como non, tocarei eu a pandeireta e cantarei. Será moi bonito, pero coido que, despois dese concerto, vou botar durmindo máis dun día.
O mércores, no choio, sentía que as horas non pasaban. Devecía por saír xa para xuntarme con Ialma e tocar. Estaba moi nerviosa, a verdade, e non daba acertado case que con ren. Amais, con Artemisa non estaba nada ben. Agora parece que todo se arranxou. Ao final, ela, onte, veu a Santiago e gozamos dese día tan bonito xunta coa miña nai e máis Damián. Viñeron algunhas veciñas da aldea, pero non tantas como o ano pasado. Notábase moito que non estaban nin Lúa nin a súa nai, pero, igualmente, foi un día moi bonito cheo de momentos inesquecíbeis.
Mais do primeiro que hei de falar é do momento no que cantei o Himno Galego. Quero falar de cousas boas. Non quero escribir verbo o que pasou con Artemisa o domingo porque quero deixar atrás eses momentos tan tristes e duros nos que parecía que todo se derrubaría nun intre. Artemisa díxome unhas verbas durísimas que me fixeron moito dano e botoume enriba toda a súa mala enerxía, pero, o mércores á noite, cando lle escribín para dicirlle que todo estaba a ir ben, ela envioume unha mensaxe fermosísima, mesmo escrita en galego, na que me pedía perdón por todo o que ocorrera esta semana e os días anteriores, na que me dicía que quería deixar atrás as malas emocións, na que me aseguraba que non podía vivir sen min, na que me pedía que gozase dese día tan especial para min, que o merecía... A mensaxe que me enviou é a seguinte: “Sei que agora non poderás contestarme, pero non podo ir durmir sen dicirche todo isto. Preciso pedirche perdón e fareino na túa lingua porque quero que sintas sinceras as miñas palabras. Perdóame as faltas que poida ter. Quero pedirche perdón por como me comportei contigo estes días. Quero que saibas que ti para min es o máis importante e que non podo vivir sen ti. Perdóame por non estar contigo esta noite. Mañá irei a Santiago e vivirei contigo ese día tan especial para ti. Quérote moitísimo, con toda a miña alma. Pásao ben, que o mereces moito. Quero que comece unha nova etapa e quero deixar atrás as malas emocións pero preciso que me axudes”. Eu contesteille que non se preocupase por ren, que a axudaría en todo o que precisase. Díxenlle que a quería máis cá miña vida, que a amaba de verdade, que nada disto sería posíbel sen ela e que non se preocupase por ren, que todo estaba ben. E todo quedou ben, quedei cunha sensación boísima que me fixo sentir moito máis feliz. Tamén lle dixen que a súa mensaxe me fixera moi feliz porque eu estaba desacougada por ela. Non me podía tirar da cachola todo o que pasara entre nós ultimamente, o seu estado anímico, o mal que ela estaba; pero agora parece que mudou todo, ou iso desexo coa miña ialma toda porque eu quero que ela tamén sexa feliz nesta vida tan bonita, que tan chea de bendicións está.  Ela acosoume o domingo de que era eu a causante do seu complexo de inferioridade e da súa baixa autoestima, pero agora todo iso queda atrás polo momento, aínda que sei que teremos que falar con calma para que todo quede ben entre nós. Non obstante, o día que vivimos onte foi tan marabilloso que parece ter limpado a súa ialma.
Ás catro da tarde, comezaba o noso concerto, a nosa foliada. Ás cinco tiña que ir con Antía a Santiago, onde nos xuntariamos con moita xente do BNG, onde gozariamos de verdade do día da nosa terra.
A primeira canción que cantamos foi o Himno Galego. Foi un momento tan intenso que non sei describilo con verbas. Pensaba que a emoción que sentía apagaría a miña voz, pero ocorreu todo o contrario. A intensísima emoción que me domeaba fixo que a miña voz soase máis clara e forte que nunca. Non domeaba a miña voz. Logo, vin vídeos dese momento e cústame recoñecerme na muller que cantaba con tanto sentimento, cunha voz tan doce e á vez potente; unha voz que se espallaba polos recunchos todos de Ourense, que soaba cunha claridade que me facía sentir calafríos. Foi... impresionante e. Ese momento que tantos nervios me provocaba pasou nun intre. Cando xa cantaba: “pois onde quer, xigante, a nosa voz pregoa a redenzón da boa nazón de Breogán”, pensei: “non, non quero que remate”, sentín que ese momento tan agardado marchaba sen que eu o puidese reter. Sabía que logo cantaría de novo o Himno galego en Santiago, cantaríao tamén onte, pero non sería o mesmo. Sempre sentirei moitísima emoción ao cantar o noso Himno (que tanto é o de Galiza como o do BNG), pero aquela vez era a máis especial de todas. Non era a primeira vez que o cantaba diante de tanta xente, pero si nunha circunstancia tan especial.
Cando rematamos de tocalo e cantalo, a xente que estaba alí, a que cantara connosco co seu corazón todo, comezou a aplaudir con entusiasmo, aturuxando, berrando de felicidade, dándonos os parabéns. Eu, daquela, xa non puiden seguir loitando contra as bágoas que me enchían os ollos e notei que estas esvaraban polas miñas meixelas, cálidas e sinceras, namentres daba sen cesar as grazas á xente que tanto nos aplaudía e daba os parabéns. Estaba cada vez máis emocionada porque aquel momento era demasiado fermoso para que fose certo, pero non me atrevía a ceibar a miña emoción toda por vergonza. Non sabía canto ía durar ese momento, pero, de súpeto, notei que alguén se achegaba a min e collíame da man. Era Silvia. Ter preto de min a alguén a quen lle teño tanta confianza derruboume por completo. Silvia abrazoume en canto se decatou do emocionada que estaba e, namentres me daba aquela aperta que eu tanto precisaba, non me deixaba de dicir: “estiveches impresionante, fixéchelo inmellorábel, foi precioso, Agnesiña”. Sentir o seu agarimo fíxome chorar sen que o puidese evitar. Ademais, precisaba moito que alguén me abrazase así, con tanto agarimo, dun xeito tan protector, despois de toda a tensión que pasara, despois de sufrir tanto por Artemisa. E creo que Silvia tamén necesitaba unha aperta así, tan sincera. Non sei canto tempo había da última vez que alguén a abrazara desa maneira. Abrazámonos namentres a xente seguía aplaudindo; mais, axiña, seguimos co concerto. Toquei con moito agarimo todas as cancións que tiñamos planificado tocar e a xente recibiunas con felicidade, cantando connosco case todo o tempo. Foron cancións da nosa terra, cancións de sempre, e versións dalgúns grupos que nos gustan moito.
Despois, xa fomos a Santiago e todas as horas que vivín están mesturadas na miña memoria coma se fosen parte dunha soa hora. Foi todo intenso, máxico e fermoso, fun alguén importante durante todo ese tempo. É certo que sentía a ausencia de Lúa en todas partes, pero aquilo non esvaecía a felicidade que todos compartiamos.
O festival saíu estupendamente e, boeno, agás dalgúns contratempos case sen importancia, todo foi ben. Si foi esgotador estar na barra durante tantas horas, atendendo a tanta xente, a meirande parte da cal eran novas; pero tamén foi apaixonante falar con tanta xente que se expresaba na miña lingua, que pensaba coma min. Coa xente do BNG lévome tan ben que parece que nos coñezamos de toda a vida. Non me sei explicar como é posíbel que sexa agora tan feliz sendo tan infeliz noutros momentos da miña vida. Cheguei a aceptar que para min non existía a felicidade, esa felicidade que coñecera na miña aldea cando era cativa, que iso o perdera para sempre. Pensei que eiquí quedara para sempre esa felicidade interrompida que tiven que abandonar... pero non é certo, nada diso foi certo. Son feliz e sono porque, á fin, podo ser eu mesma na miña terra. Sinto que se curaron esas feridas que tiña na miña ialma, tan fondas e mesmo antigas, e que todo o que son sae de min convertido en luz. Noto que brillo, que a xente que está ao meu lado sente esa luz e mesmo a acolle, agás Artemisa; pero confío en que todo vaia mellorando xa.
Onte fun á manifestación que faciamos o BNG en Santiago e foi impresionante. Non atopo as verbas axeitadas que describan eses momentos tan cheos de loita, de amor, tamén de paz, de liberdade. Todos os que estabamos alí sentiamos e pensabamos o mesmo, impulsábanos as mesmas arengas de liberdade, de amor á nosa terra. E, tamén, todo o que dixo Ana Pontón diante de todos nós fíxome chorar moito de emoción, sobre todo cando, co seu corazón todo, falando da pouca presenza que ten Galiza no Congreso de España, preguntou, cada vez con máis forza: “onde está Galiza? Onde está Galiza? Onde está Galiza?”
Hei de confesar que teño rouquén entre o que onte berrei na manifestación, entre todo o que cantei... así que o máis seguro é que esta noite só poida repenicar na pandeireta.
Artemisa estivo dando un paseo por Compostela coa miña nai namentres eu estaba na manifestación porque ela non tiña ningunha gana de se meter nunha manifestación e iso enténdoo perfectamente. Mesmo fun eu quen a animou a ir coa miña nai camiñando por Santiago namentres duraba a manifestación ou que tomasen algo porque chovía. Antes, ela e máis eu estiveramos xuntas paseando por Santiago. Eu non durmira ren porque o mércores cheguei á pensión na que nos aloxabamos contra as seis da mañá e non puiden durmir ren porque estaba eufórica, compartía cuarto con Antía, Isa e Sofía; tres compoñentes de Ialma, e non deixamos de falar e de contarnos cousiñas. Estabamos as tres moi contentas e non só polos momentos felices e fermosos que viviramos, senón tamén polo viño e as cervexas que beberamos, que tampouco bebemos moito, pero o abondo para que nos subise e estivésemos máis contentiñas aínda. Eu rin moitísimo con elas. Non lembro agora de todas as cousas que nos fixeron graza e coido que sería imposíbel dicilas todas; pero rin tanto que estiven a piques de ter un accidente. Sorte que estabamos no cuarto e puiden saír correndo ao baño. Sigo rindo cando lembro eses momentos. Mesmo nos puxemos a improvisar cancións con letras algo subidiñas de ton e que riso, non podiamos deixar de rir. Cantabamos verbo cousas que viramos aquela noite. Elas tamén estiveron no festival como voluntarias. Antía é enfermeira e estivo como voluntaria axudando e vixiando. Isa estivo comigo na barra e Sofía non teño nin idea de onde foi esa noite, pero non lle vemos o pelo ata que a chamamos por teléfono para lle preguntar se quería vir connosco á pensión. Miúda enleamos no cuarto. Tiñamos algunhas cervexas e, malia estarmos xa algo mareadas polo que beberamos e bailabamos, seguimos bebendo, compartíndoas, xaora, porque tampouco estabamos para bebernos unha cada unha, e os risos... Non poderei esquecer nunca eses risos. Calquera cousa nos facía graza, por moi parva que parecese, e sentíame tan chea que non quería que eses momentos rematasen. Houbo momentos nos que fun plenamente consciente de que estaba con amigas de verdade, á fin. Coido que é a primeira vez que teño amigas de verdade, que teño un grupo de amigas, máis ben, porque amigas tiven, entre Lúa, Artemisa (antes de estar con elas), pero refírome a amigas sinxelamente, amigas con quen poder compartir moito sen sentir ningunha tensión nin emoción punxente. Creo que é a primeira vez que sinto o que é ter unha verdadeira amizade. Con Isa compartín moitísimas cousiñas esa noite e rimos moitísimo por cousas que só nós entendiamos. Mesmo había momentos nos que non tiñamos que dicir ren, que só coa mirada sabiamos o que pensaba a outra e había tempo que non sentía esa conexión con alguén que non fose Artemisa nin Lúa. Bailei tamén con ela gozando de verdade do baile e da música sen pensar en ren, cantamos xuntas cancións que pensaba que nunca cantaría... e foi todo unha loucura de felicidade.
No cuarto, eu collía de repente a pandeireta e comezaba a tocar e elas seguíanme cantando e bailando. Fixéronse as oito da mañá sen que nos decatásemos practicamente e ningunha de nós quería que marchasen eses momentos. Ademais, é que parecía que de súpeto tivésemos as catro vinte anos porque esquecemos de todo, só pensabamos en rir, en divertirnos. É que coido lembrar que, cando eu comecei a cantar: “viva Coruña, viva Lugo, viva Ourense e Pontevedra! Viva Coruña, viva Lugo, viva Ourense e Pontevedra! Viva a nosa nai Galiza, viva sempre a nosa terra...!”, Antía subiu nun leito e empezou a bailar pegando chimpos, colléndome da cintura con enerxía, despois collendo a Isa dos brazos, logo a Sofía namentres repetían comigo eses versos e riamos sen parar, mesmo chorabamos de riso, e cantabamos todo, todo o que nos viña á cabeciña. Foi impresionante. Coido que nunca o pasara tan ben con elas, nunca, e fixemos milleiros de foliadas xa. Houbo momentos nos que mesmo nos botamos ao chan case afogando do riso. Creo que nunca rin desa maneira, nunca.
Ás oito e media, chamoume Artemisa e preguntoume se me ía ben quedar xa e eu pedinlle que me dese unha media hora, alomenos, porque quería duchar e maquillarme un pouco, que ía bonitiña despois de chorar tanto de riso, e tiña que agochar os ollos de bebediña que levaba, que se notaba que non durmira e bebera demasiado; mais a ducha estaba fóra do cuarto e foi unha lea todo porque era unha ducha moi antiga e molleime todo o cabelo, tan bonitiñamente que o levaba lisiño, e logo tentei arranxar iso para nada porque choveu durante case todo o día. Eu mesma rin moito de min cando me mirei no espello e vin a faciana que levaba, de contentiña, coas meixelas vermelliñas, con ese sorriso que non marchaba, con eses ollos de felicidade, tan brillantes, pero que tanto desvelaban que precisamente sobria non ía; pero dábame todo igual. Saín da pensión contra as nove e media da mañá e quedei con Artemisa na Praza do Obradoiro, onde facían eventos relixiosos dos que fuximos, aínda que tamén me parecen moi bonitiños, pero quería levar a Artemisa ao parque da Alameda, onde estaban os do BNG, e tamén tiña que comer algo, porque ía que caía de fame, que non comera ren dende as nove da noite do día anterior.
Cando Artemisa me viu, botouse a rir, pero deume unha aperta moi bonita e forte á que eu lle correspondín con todo o amor que pode caber en min para ela, porque quería que entendese que todo quedara atrás, que o único que desexaba e desexo é ser feliz con ela. Pasamos moitos minutos abrazadas, non sei cantos. Esa aperta durou tanto que pensei que nunca remataría e, realmente, non quería que rematase.
Conteille a Artemisa todo o que vivira o día e máis a noite anterior, pero son consciente de que lle contaba as cousas sen pensar no que dicía, sen prestarlles atención ás miradas que Artemisa me dirixía. Era coma se nunca tivese existido ningún momento difícil nos últimos días. Eu só sentía a fermosa enerxía que había por todas partes, só me importaba que ela estaba alí comigo. Non deixaba de lle apertar a man para lle indicar que era moi feliz por tela alí comigo e coido que ela captaba as miñas emocións todas.
Sei que ela gozou moito dese día. Onte, á noite, tamén quedei nos concertos que facían Milladoiro e Leilía, que me gustan moitísimo, son unha gran inspiración para min; pero Artemisa volveu a Ourense porque hoxe si tiña que traballar. Silvia deume este día de festa pensando que habería descansar despois de toda a troula que me metín e tivo razón, fíxoo ben. Silvia é xenial, tamén. Está a amosarme unha lealdade e unha comprensión incríbeis e fermosas. O mércores, gocei con ela moitísimo de todo o que fixemos en Ourense antes de marcharmos a Santiago. Ela tamén toca con Ialma de cando en vez, aínda que ultimamente toca menos, pero tamén estivo connosco e tamén me axudou moito a maquillarme rapidamente despois de emocionarme tanto ao cantar o Himno Galego, porque a pintura se me correra e foi un pouco desastre, e rimos moito xuntas tamén. Cando tocamos xuntas, é coma se non existise o tempo. Noto que ela e máis eu combinamos moi ben na música. É moi bonito compartir a música con persoas coas que te levas tan ben.
Cústame lembrar de todo o que vivimos onte porque foron moitas cousas e moitos momentos fermosísimos. Non houbo ningún problema que teña que salientar. Artemisa, miña nai e os demais marcharon á tardiña. Eu tiña que estar de voluntaria ata as seis da tarde e, antes, xa me despedín de todos, porque estiven dende as dúas do mediodía ata as seis... e xantamos xuntos, pero eu tiña o estómago pechadísimo. Sentía que estaba a vivir unha segunda mocidade, ou seica tería que dicir a miña primeira e única mocidade porque nunca tiven unha adolescencia acougada. Tiráronme os mellores anos da vida dunha rapaza e agora sinto que a miña terra está a me devolver todo aquilo que me arrebataron hai tantos anos. Entón si paga a pena ter pasado tanta dor se agora teño todas estas bendicións, que a min me parecen infindas.
Tamén estivo Laila onte, a pobriña, que con tanta xente seguro que se abafou e non daba entendido por que eu non podía estar con ela. Custoulle moitísimo separarse de min e tivérona que enganar con galletiñas e todo para despistala. Hoxe xa está comigo e recibiume con tanta ledicia que case non a puiden calmar. Hoxe quedou na casiña soa unhas horas, pero, polo xeral, está na cafetaría, nun cuartiño que temos para ela, no que pode xogar e correr, porque non nos atrevemos a deixala soa tantas horas.
Debería de durmir un pouquiño, pero é que só me presta ver as fotos e os vídeos que gravaron e gravei estes días. Foi un soño. Nunca cansarei de dicilo. Foi un soño. Non sei se o que vivín se pode comparar con algo que vivín antes. Foi marabilloso e sei que na aldeíña seguirei vivindo momentos inesquecíbeis. Que mágoa que teña que agardar un ano para volver vivir esta festa tan importante e especial. Non obstante, en novembro vén Magosto e aí tamén a enlearemos moitísimo! E xa deixo de escribir porque case non podo fixar os ollos nas letras que escribo.

Traducción:

Nota de la traductora:
Como es habitual ya, dejo sin traducir alguna palabra por no encontrar ninguna en castellano que sea equivalente.
Aturuxar: lanzar un aturuxo, que es un grito agudo, fuerte y prolongado, que se emite en señal de alegría, en las fiestas y foliadas o mientras se realizan algunas labores agrícolas. Ejemplo: el sonido de la gaita y los aturuxos de los chicos, he aquí la fiesta.

Viernes, 26 de julio de 2019
Todavía no me he despertado del todo del sueño en el que he vivido en las últimas horas de mi vida. Eso fue un sueño. Me cuesta creer que la realidad sea tan hermosa y mágica. Ha sido un sueño del que aún no he despertado. No he abierto los ojos. Me siento embriagada de alegría y emoción. Aún laten en mí los hermosos sentimientos que me llenaron toda el alma en estos días. El miércoles por la tarde, desde ese momento en el que canté el Himno Galego en Ourense, delante de todas esas personas que cantaban conmigo, hasta esta mañana, cuando me despedí de los compañeros del BNG, he vivido sumergida en una realidad que nada tenía que ver con la que conocí hace unos años. Esos momentos me hicieron pensar que la vida merece mucho la pena, que hay momentos duros que casi nos quitan la respiración y otros totalmente mágicos que nos devuelven todo eso que la tristeza nos arrebató. No sé cómo describir todo lo que viví el miércoles y el jueves. Fue demasiado intenso y no hay palabras que puedan dar cuenta de todo lo que hice, viví, sentí... No sé si podré escribir sobre todo lo que ha ocurrido porque, en un reducidiño tiempo, hay un montón de experiencias que nunca creí vivir. Me siento tan llena ahora mismo que no puedo pensar con claridad. No obstante, también estoy agotadiña. Me duele la cabeza porque llevo sin dormir bien desde el martes por la noche, que tampoco dormí muy bien porque estaba muy nerviosa por todo lo que me iba a venir, por todo lo que iba a vivir, y casi no pude dormir pensando en el día de la patria (o, mejor dicho, de la matria) gallega y el concierto que Ialma íbamos a tocar.
No sé por dónde comenzar. Ahora son las tres de la tarde y tendría que estar durmiendo porque esta noche también nos iremos a dormir tardiño, ya que celebramos una foliada en mi aldeíña por el día de la matria gallega. Y, cómo no, tocaré yo la pandereta y cantaré. Será muy bonito, pero creo que, después de ese concierto, voy a echar durmiendo más de un día.
El miércoles, en el trabajo, sentía que las horas no pasaban. Ansiaba salir ya para juntarme con Ialma y tocar. Estaba muy nerviosa, la verdad, y no acertaba casi con nada. Además, con Artemisa no estaba nada bien. Ahora parece que todo se arregló. Al final, ayer, ella vino a Santiago y disfrutamos de ese día tan bonito junto con mi madre y Damián. Vinieron algunas vecinas de la aldea, pero no tantas como el año pasado. Se notaba mucho que no estaban ni Lúa ni su madre, pero, igualmente, fue un día muy bonito lleno de momentos inolvidables.
Mas de lo primero que he de hablar es del momento en el que canté el Himno Galego. Quiero hablar de cosas buenas. No quiero escribir sobre lo que pasó con Artemisa el domingo porque quiero dejar atrás esos momentos tan tristes y duros en los que parecía que todo se derrumbaría en un instante. Artemisa me dijo unas palabras durísimas que me hicieron mucho daño y me echó encima toda su mala energía, pero, el miércoles por la noche, cuando le escribí para decirle que todo estaba yendo bien, ella me envió un mensaje hermosísimo, incluso escrito en gallego, en el que me pedía perdón por todo lo que había ocurrido esta semana y los días anteriores, en el que me decía que quería dejar atrás las malas emociones, en el que me aseguraba que no podía vivir sin mí, en el que me pedía que disfrutase de ese día tan especial para mí, que me lo merecía... El mensaje que me envió es el siguiente: “Sé que ahora no podrás contestarme, pero no me puedo ir a dormir sin decirte todo esto. Necesito pedirte perdón y lo haré en tu lengua porque quiero que sientas sinceras mis palabras. Perdóname las faltas que pueda tener. Quiero pedirte perdón por cómo me he comportado contigo estos días. Quiero que sepas que tú para mí eres lo más importante y que no puedo vivir sin ti. Perdóname por no estar contigo esta noche. Mañana iré a Santiago y viviré contigo ese día tan especial para ti. Te quiero muchísimo, con toda mi alma. Pásalo bien, que te lo mereces mucho. Quiero que comience una nueva etapa y quiero dejar atrás las malas emociones pero necesito que me ayudes”. Yo le contesté que no se preocupase por nada, que la ayudaría en todo lo que necesitase. Le dije que la quería más que a mi vida, que la amaba de verdad, que nada de esto sería posible sin ella y que no se preocupase por nada, que todo estaba bien. Y todo quedó bien, me quedé con una sensación buenísima que me hizo sentir mucho más feliz. También le dije que su mensaje me había hecho muy feliz porque yo estaba desasosegada por ella. No podía quitarme de la cabeza todo lo que había pasado entre nosotras últimamente, su estado anímico, lo mal que ella estaba; pero ahora parece que todo ha cambiado, o eso deseo con toda mi alma porque yo quiero que ella también sea feliz en esta vida tan bonita, que tan llena de bendiciones está. Ella me acusó el domingo de que era yo la causante de su complejo de inferioridad y de su baja autoestima, pero ahora todo eso queda atrás por el momento, aunque sé que tendremos que hablar con calma para que todo quede bien entre nosotras. No obstante, el día que vivimos ayer fue tan maravilloso que parece haberle limpiado el alma.
A las cuatro de la tarde, comenzaba nuestro concierto, nuestra foliada. A las cinco tenía que ir con Antía a Santiago, donde nos juntaríamos con mucha gente del BNG; donde disfrutaríamos de verdad del día de nuestra tierra.
La primera canción que cantamos fue el Himno Galego. Fue un momento tan intenso que no sé describirlo con palabras. Pensaba que la emoción que sentía apagaría mi voz, pero ocurrió todo lo contrario. La intensísima emoción que me dominaba hizo que mi voz sonase más clara y fuerte que nunca. No dominaba mi voz. Luego, vi vídeos de ese momento y me cuesta reconocerme en la mujer que cantaba con tanto sentimiento, con una voz tan dulce y a la vez potente; una voz que se esparcía por todos los rincones de Ourense, que sonaba con una claridad que me hacía sentir escalofríos. Fue... impresionante. Ese momento que tantos nervios me provocaba pasó en un instante. Cuando ya cantaba: “Pois onde quer, xigante, a nosa voz pregoa a redenzón da boa nazón de Breogán”, pensé: “no, no quiero que acabe”, sentí que ese momento tan esperado se marchaba sin que yo pudiese retenerlo. Sabía que luego cantaría de nuevo el Himno Galego en Santiago, lo cantaría también ayer, pero no sería lo mismo. Siempre sentiré muchísima emoción al cantar nuestro himno (que tanto es el de Galiza como el del BNG), pero aquella vez era la más especial de todas. No era la primera vez que lo cantaba delante de tanta gente, pero sí en una circunstancia tan especial.
Cuando acabamos de tocarlo y cantarlo, la gente que estaba allí, la que había cantado con nosotras con todo su corazón, comenzó a aplaudir con entusiasmo, “aturuxando”, gritando de felicidad, felicitándonos. yo, entonces, ya no pude seguir luchando contra las lágrimas que me llenaban los ojos y noté que éstas me resbalaban por las mejillas, cálidas y sinceras, mientras daba sin cesar las gracias a la gente que tanto nos aplaudía y nos felicitaba. estaba cada vez más emocionada porque aquel momento era demasiado hermoso para que fuese cierto, pero no me atrevía a liberar toda mi emoción por vergüenza. no sabía cuánto iba a durar ese momento, pero, de súbito, noté que alguien se acercaba a mí y me cogía de la mano. era Silvia. tener cerca de mí a alguien a quien le tengo tanta confianza me derrumbó por completo. Silvia me abrazó en cuanto se percató de lo emocionada que estaba y, mientras me daba aquel abrazo que yo tanto necesitaba, no dejaba de decirme: “estuviste impresionante, lo hiciste inmejorable, fue precioso, Agnesiña”. sentir su cariño me hizo llorar sin que pudiese evitarlo. además, necesitaba mucho que alguien me abrazase así, con tanto cariño, de un modo tan protector, después de toda la tensión que había pasado, después de sufrir tanto por Artemisa. y creo que Silvia también necesitaba un abrazo así, tan sincero. no sé cuánto tiempo hacía de la última vez que alguien la había abrazado de esa manera. nos abrazamos mientras la gente seguía aplaudiendo; mas, enseguida, seguimos con el concierto. toqué con mucho cariño todas las canciones que teníamos planificado tocar y la gente las recibió con felicidad, cantando con nosotras casi todo el tiempo. fueron canciones de nuestra tierra, canciones de siempre, y versiones de algunos grupos que nos gustan mucho.
después, ya fuimos a Santiago y todas las horas que viví están mezcladas en mi memoria como si fuesen parte de una sola hora. fue todo intenso, mágico y hermoso, fui alguien importante durante todo ese tiempo. es cierto que sentía la ausencia de Lúa en todas partes, pero aquello no desvanecía la felicidad que todos compartíamos.
el festival salió estupendamente y, bueno, excepto algunos percances sin importancia, todo fue bien. sí fue agotador estar en la barra durante tantas horas, atendiendo a tanta gente, la mayor parte de la cual eran jóvenes; pero también fue apasionante hablar con tanta gente que se expresaba en mi lengua, que pensaba como yo. con la gente del BNG me llevo tan bien que parece que nos conozcamos de toda la vida. no sé explicarme cómo es posible que sea ahora tan feliz siendo tan infeliz en otros momentos de mi vida. llegué a aceptar que para mí no existía la felicidad, esa felicidad que había conocido en mi aldea cuando era niña, que eso lo había perdido para siempre. pensé que aquí había quedado para siempre esa felicidad interrumpida que tuve que abandonar... pero no es cierto, nada de eso fue cierto. soy feliz y lo soy porque, al fin, puedo ser yo misma en mi tierra. siento que se curaron esas heridas que tenía en mi alma, tan hondas e incluso antiguas, y que todo lo que soy sale de mí convertido en luz. noto que brillo, que la gente que está a mi lado siente esa luz e incluso la acoge, excepto Artemisa; pero confío en que todo vaya mejorando ya.
ayer fui a la manifestación que hacíamos el BNG en Santiago y fue impresionante. no encuentro las palabras adecuadas que describan esos momentos tan llenos de lucha, de amor, también de paz, de libertad. todos los que estábamos allí sentíamos y pensábamos lo mismo, nos impulsaban los mismos deseos de libertad, de amor a nuestra tierra. y, también, todo lo que dijo Ana Pontón delante de todos nosotros me hizo llorar de emoción, sobre todo cuando, con todo su corazón, hablando de la poca presencia que tiene Galiza en el Congreso de España, preguntó, cada vez con más fuerza: “¿dónde está Galiza? ¿Dónde está Galiza? ¿Dónde está Galiza?”
He de confesar que tengo afonía entre lo que grité en la manifestación, entre todo lo que canté... así que lo más seguro es que esta noche sólo pueda tañer la pandereta.
artemisa estuvo dando un paseo por Compostela con mi madre mientras yo estaba en la manifestación porque ella no tenía ninguna gana de meterse en una manifestación y eso lo entiendo perfectamente. incluso fui yo quien la animó a ir con mi madre caminando por Santiago mientras duraba la manifestación o que tomasen algo porque llovía. antes, ella y yo habíamos estado juntas paseando por Santiago. yo no había dormido nada porque el miércoles llegué a la pensión en la que nos alojábamos hacia las seis de la mañana y no pude dormir nada porque estaba eufórica, compartía cuarto con Antía, Isa y Sofía, tres componentes de Ialma, y no dejamos de hablar y de contarnos cosiñas. estábamos las tres muy contentas y no sólo por los momentos felices y hermosos que habíamos vivido, sino también por el vino y las cervezas que habíamos bebido, que tampoco bebimos mucho, pero lo suficiente para que nos subiese y estuviésemos más contentiñas aún. Yo me reí muchísimo con ellas. no me acuerdo ahora de todas las cosas que nos hicieron gracia y creo que sería imposible decirlas todas; Pero me reí tanto que estuve a punto de tener un accidente. Suerte que estábamos en la habitación y pude salir corriendo al baño. Sigo riéndome con el recuerdo de esos momentos. Incluso nos pusimos a improvisar canciones con letras algo subidiñas de tono y qué risa, no podíamos dejar de reírnos. cantábamos sobre cosas que habíamos visto aquella noche. ellas también estuvieron en el festival como voluntarias. Antía es enfermera y estuvo como voluntaria ayudando y vigilando. Isa estuvo conmigo en la barra y Sofía no tengo ni idea de dónde fue esa noche, pero no le vimos el pelo hasta que la llamamos por teléfono para preguntarle si quería venir con nosotras a la pensión. Menuda liamos en la habitación. Teníamos algunas cervezas y, a pesar de estar algo mareadas ya por lo que habíamos bebido y bailado, seguimos bebiendo, compartiéndolas, claro, porque tampoco estábamos para bebernos una cada una. Y las risas... No podré olvidar nunca Esas risas. Cualquier cosa nos hacía gracia, por muy tonta que pareciese, y me sentía tan llena que no quería que esos momentos acabasen. Hubo momentos en los que fui plenamente consciente de que estaba con amigas de verdad, al fin. Creo que es la primera vez que tengo amigas de verdad, que tengo un grupo de amigas, más bien, porque amigas he tenido, entre Lúa, Artemisa (antes de estar con ellas), pero me refiero a amigas sencillamente, amigas con quien poder compartir mucho sin sentir ninguna tensión ni emoción punzante. Creo que es la primera vez que siento lo que es tener una verdadera amistad. Con Isa compartí muchísimas cosiñas esa noche y nos reímos muchísimo por cosas que sólo nosotras entendíamos. incluso había momentos en los que no teníamos que decir nada, que sólo con la mirada sabíamos lo que pensaba la otra y hacía tiempo que no sentía esa conexión con alguien que no fuese ni Artemisa ni Lúa. Bailé también con ella disfrutando de verdad del baile y de la música sin pensar en nada, Cantamos juntas canciones que pensaba que nunca cantaría... y fue todo una locura de felicidad.
En la habitación, yo cogía de repente la pandereta y comenzaba a tocar y ellas me seguían cantando y bailando. Se hicieron las ocho de la mañana sin que nos diésemos cuenta y ninguna de nosotras quería que se marchasen esos momentos. además, es que parecía que de súbito tuviésemos las cuatro veinte años porque nos olvidamos de todo, sólo Pensábamos en reírnos, divertirnos. Es que creo recordar que, cuando yo comencé a cantar: “viva Coruña, viva Lugo, viva Ourense e Pontevedra! Viva Coruña, viva Lugo, viva Ourense e Pontevedra! Viva a nosa nai Galiza, viva sempre a nosa terra...!”, Antía se subió en una cama y empezó a bailar pegando saltos, cogiéndome de la cintura con energía, después cogiendo a Isa de los brazos, luego a Sofía mientras repetían conmigo esos versos y nos reíamos sin parar, incluso llorábamos de risa, y cantábamos todo, todo lo que nos venía a la cabeciña. Fue impresionante. creo que nunca lo había pasado tan bien con ellas, nunca, e hicimos millones de foliadas ya. hubo momentos en los que nos tiramos al suelo casi ahogándonos de la risa. creo que nunca me he reído de esa manera, nunca.
a las ocho y media, Me llamó Artemisa y me preguntó si me iba bien quedar ya y yo le pedí que me diese una media hora, al menos, porque quería ducharme y maquillarme un poco, que iba bonitiña después de llorar tanto de risa, y tenía que esconder los ojos de borrachiña que llevaba, que se notaba que no había dormido y había bebido demasiado; mas la ducha estaba fuera de la habitación y fue un lío todo porque la ducha era muy antigua y me mojé todo el pelo, tan bonitiñamente que lo llevaba lisiño, y luego intenté arreglar eso para nada porque llovió durante casi todo el día. yo misma me reí mucho de mí cuando me miré en el espejo y vi la cara que llevaba, de contentiña, con las mejillas rojiñas, con esa sonrisa que no se marchaba, con esos ojos de felicidad, tan brillantes, pero que tanto desvelaban que precisamente sobria no iba; pero me daba todo igual. salí de la pensión hacia las nueve y media de la mañana y quedé con Artemisa en la plaza del Obradoiro, donde hacían eventos religiosos de los que huimos, aunque también me parecen muy bonitiños, pero quería llevar a Artemisa al parque de la Alameda, donde estaban los del BNG, y también tenía que comer algo, porque iba que me caía de hambre, que no había comido nada desde las nueve de la noche del día anterior.
Cuando Artemisa me vio, se echó a reír, pero me dio un abrazo muy bonito y fuerte al que yo le correspondí con todo el amor que puede caber en mí para ella, porque quería que entendiese que todo había quedado atrás, que lo único que deseaba y deseo es ser feliz con ella. Pasamos muchos minutos abrazadas, no sé cuántos. Ese Abrazo duró tanto que pensé que nunca acabaría y, realmente, no quería que acabase.
Le conté a Artemisa todo lo que había vivido el día y la noche anterior, pero soy consciente de que le contaba las cosas sin pensar en lo que decía, sin prestarles atención a las miradas que Artemisa me dirigía. Era como si nunca hubiese existido un Momento difícil en los últimos días. Yo solo sentía la hermosa energía que había por todas partes, sólo me importaba que ella estaba allí conmigo. No dejaba de apretarle la mano para indicarle que era muy feliz por tenerla allí conmigo y creo que ella captaba todas mis emociones.
Sé que ella disfrutó mucho de ese día. Ayer, por la noche, también me quedé a los conciertos que hacían Milladoiro y Leilía, que me gustan muchísimo, son una gran inspiración para mí; pero Artemisa volvió a Ourense porque hoy sí tenía que trabajar. Silvia me ha dado este día de fiesta pensando que habría de descansar después de toda la fiesta que me metí y tuvo razón, hizo bien. Silvia es genial, también. Está demostrándome una lealtad y una comprensión increíbles y hermosas. El miércoles, disfruté con ella muchísimo de todo lo que hicimos en Ourense antes de marcharnos a Santiago. Ella también toca con Ialma de vez en cuando, aunque últimamente toca menos, pero también estuvo con nosotras y también me ayudó a maquillarme rápidamente después de emocionarme tanto al cantar el Himno Galego, porque la pintura se me había corrido y fue un poco desastre, y nos reímos mucho juntas también. cuando tocamos juntas, es como si no existiese el tiempo. noto que ella y yo combinamos muy bien en la música. es muy bonito compartir la música con personas con las que te llevas tan bien.
me cuesta acordarme de todo lo que vivimos ayer porque fueron muchas cosas y muchos momentos hermosísimos. no hubo ningún problema que tenga que resaltar. artemisa, mi madre y los demás se marcharon por la tardiña. yo tenía que estar de voluntaria hasta las seis de la tarde y, antes, ya me despedí de todos, porque estuve desde las dos del mediodía hasta las seis... y comimos juntos, pero yo tenía el estómago cerradísimo. sentía que estaba viviendo una segunda juventud, o quizás tendría que decir mi primera y única juventud porque nunca tuve una adolescencia sosegada. me quitaron los mejores años de una rapaza y ahora siento que mi tierra está devolviéndome todo aquello que me arrebataron hace tantos años. entonces sí merece la pena haber pasado tanto dolor si ahora tengo todas estas bendiciones, que a mí me parecen infinitas.
también estuvo Laila ayer, la pobriña, que con tanta gente seguro que se agobió y no entendía por qué yo no podía estar con ella. le costó muchísimo separarse de mí y tuvieron que engañarla con galletiñas y todo para despistarla. hoy ya está conmigo y me recibió con tanta alegría que casi no pude calmarla. hoy se ha quedado en la casiña sola unas horas, pero, por lo general, está en la cafetería, en un cuartiño que tenemos para ella, en el que puede jugar y correr, porque no nos atrevemos a dejarla sola tantas horas.
debería dormir un poquiño, pero es que sólo me apetece ver las fotos y los vídeos que grabaron y he grabado estos días. fue un sueño. nunca me cansaré de decirlo. fue un sueño. no sé si lo que viví se puede comparar con algo que viví antes. fue maravilloso y sé que en la aldeíña seguiré viviendo momentos inolvidables. qué pena que tenga que esperar un año para vivir esta fiesta tan importante y especial. no obstante, ¡en noviembre viene Magosto y ahí también la liaremos muchísimo! y ya dejo de escribir porque casi no puedo fijar los ojos en las letras que escribo.

1 comentario:

  1. Agnes ha vivido un sueño, algo maravilloso de lo que no quiere despertar. Todo lo que relata me parece precioso, que lo vive con una gran intensidad y que está justo en el lugar en el que debe estar. Se puede decir que ha encontrado su camino y es inmensamente feliz. Solamente existía un problema, la actitud de Artemisa. Se llevaba consigo esa carga, la sobrellevaba a pesar de lo que le dolió, pero Artemisa reculó, le envió el mensaje y fue a Santiago, junto a su madre y otras vecinas. Gracias a eso, todo salió perfecto. Parece que Artemisa está dispuesta a cambiar, a rectificar. Por fin yo creo que se percata de la ilógica de su actitud, machacando injustamente a la persona que más la quiere y la apoya. El mensaje que le envió es muy bonito, y aunque rompe a veces los platos, luego utiliza un buen pegamento para restaurarlos.

    Agnes relata todo lo vivido con mucho entusiasmo y optimismo, totalmente feliz. Cantar el himno para ella fue como tocar las nubes con los dedos, se emocionó muchísimo. Me encanta el momento en el que se abraza a Silvia, en ella también tiene una gran amiga, con un corazón enorme. Además, cantó bien y fue todo un éxito, la gente aplaudía y “aturuxaba” (seguro que lo escribo mal jajaja). En la manifestación con la gente del BNG (me suena a ING jajaja), con los que se siente genial, pues piensan igual, tienen las mismas preocupaciones y luchan por lo mismo. Hasta tal punto que se ha quedado afónica...tela, sorprende, con lo tímida que era y lo poco que le gustaba las aglomeraciones de gente, sin duda este es su camino. Luego tiene unas buenas amigas, y parece que amigas de verdad, de esas para toda la vida. Antía,Isa y Sofía. ¡Hasta bebieron cervezas y cantaron y rieron toda la noche! Al final tuvo que disimular los estragos de la noche anterior para que nadie se percatase, aunque Artemisa se echó a reír cuando la vio jajaja. Una entrada muy optimista, alegre y que transmite una energía muy bonita. Me alegra además que Artemisa haya pedido perdón y esté dispuesta a cambiar, con la ayuda de Agnes. ¡Una entrada preciosaaaa!

    ResponderEliminar