Domingo, 15 de xullo de 2018
Artemisa xa sabe que me
vou. Díxenllo o venres pola tarde. Ao principio, ela pensou que quería marchar
para sempre, que a miña intención era abandonar a nosa vida e comezar eilí, sen
ela, outra na que de momento ela non podía estar, da que de momento ela non
pode formar parte. Por iso, comezou a acusarme de que a abandonaba, de que me
ía sen pensar en nada, de que só quería marchar sen que me importase a nosa
vida e mesmo me dixo que, por ela, podía marchar esa mesma tarde ou mañá, que
non lle importaba nada, e todo iso dicíamo chorando moito, como se de verdade
eu estivese traizoándoa. Cando lle dixen que a miña intención, nun principio,
era estar eilí durante un mes, entón púxose vermella, sentiu moita vergonza e
recoñeceume que ela pensara que eu quería abandonala, que me quería ir para sempre.
Entón, pareceu que comezaba a o entender mellor. Díxome que non quería que me
fose, que me botaría moitísimo en falla, pero que o entendía, que aceptaba que
me fose só coa condición de que voltase cando rematasen as miñas vacacións. Eu
díxenlle que si, que xaora que volvería con ela, pero no fondo da miña ialma
hai unha voz que me di que a enganei, que en realidade eu non quero voltar
nunca máis. Artemisa, cando aínda non sabía que a miña intención era estar eilí
só un mes, dixo: entón esta é a derradeira fin de semana que estamos xuntas na
nosa casa? Foi entón cando me decatei de que non me entendera ben.
É certo que Artemisa
entende que queira marchar, mesmo sabe que me convén estar eilí, que me convén
pasar eilí un tempo porque o necesito moito, precísoo coma se fose o ar que me
dá a vida; pero eu vexo tanta tristura nos seus ollos que me pregunto se de verdade
ela entende o que eu sinto. Eu tamén a botarei moitísimo en falla, pero tamén é
verdade que, segundo ela, non estaremos separadas durante moito tempo. Cando o
venres xa se acougou e entendeu que eu só quería pasar eilí un tempo,
propúxenlle que viñese comigo, que fose a Galicia cando rematase todo o que ten
que facer no instituto. Non lle queda moito para coller as vacacións. Ela
díxome que era moi boa idea, pero díxome que non sabía se xa agardaría ao mes
de agosto, só para non perder outro billete de avión, que xa é abondo con
perder o meu billete e o billete a Galicia non nos custou barato precisamente,
pero, sinceramente, eu non pensei nunca no diñeiro que perdería. Eu traballo
moito e gaño un xornal baixiño, pero nunca pensei que era máis importante
perder diñeiro que volver á miña terra. Sei que o diñeiro é importante, pero
non me detén o feito de ter que gastar en volver a Galicia nin en nada que nos poida
aportar algo de felicidade, aínda que só sexa para un intre; pero Artemisa si
se volveu moi responsábel nese sentido. Eu tampouco estou dicindo que eu vaia
gastando por aí sen pensar en nada, pero abraioume moito cando me dixo iso, que
iría en agosto porque non quería que perdésemos os dos billetes. Non sei que
fará ao final, pero, ás veces, dime que virá a derradeira semana de xullo e,
outras, dime que xa nos veremos en agosto, que entende que eu queira estar eilí
tranquiliña todo ese tempo; pero non é do todo certo. Xa lle dixen moitas veces
que me gustaría moito que coñecese ese recunchiño do mundo, que o coñecese ben,
que vivise eilí como son os días e tamén as festas da nosa aldea. A miña nai
devece por coñecer a Artemisa. O venres, cando estaba na casa de Casandra,
sorprendentemente, pola noite ela chamoume ao meu móbil e estiven falando con
ela moito rato, aínda que axiña lle dixen que a min me era de balde chamar.
Nese sentido si que teño moi presente que a miña nai non ten moitos cartos, ten
moitos menos ca min. Nese sentido si teño moi presente cales son as
posibilidades de cada unha. Estivemos falando moito rato, polo menos tres
cartos de hora, pero non lle dixen que o luns voltaba a Ourense. Quero que sexa
unha sorpresa. Sei que lle fará moitísima ilusión verme de súpeto e estou
desexando ver a cara que poñerá cando me vexa! Non sei como será ese momento,
non sei onde estará ela cando chegue, pero sei que a poderei atopar na nosa
casa ou paseando pola nosa aldea. Non podo imaxinar como será o momento de
chegar ao fin e de entrar na miña aldea, de camiñar por fin polas rúas do meu
fogar. Imaxinei milleiros de veces o momento de voltar, pero non sei como será
e iso tenme todo o tempo soñando esperta. Teño que recoñecer que, dende que falei
con Artemisa e dende que o feito de volver trocouse nunha realidade, me sinto
distinta, síntome coma se o meu corazón latexase mellor, coma se puidese
respirar moito máis acougadamente, coma se a vida, de súpeto, se tivese
desfeito das sombras que a escureceron sempre para min. É certo que botarei
moitísimo en falla a Artemisa, pero tamén teño a esperanza de que ela virá comigo
e, ao descubrir como é a vida eilí, queira quedar eilí para sempre, esquecendo
todo o que a detén, todo iso que para ela é tan importante e que en realidade
non son máis que detalles superficiais que tampouco lle fan feliz de verdade. A
vida é moito máis sinxela do que ela pensa. Non é preciso que nos teñamos que
esforzar tanto por manter a nosa vida. A vida pódese manter con menos esforzo,
dun xeito máis bonitiño incluso. A vida non ten por que requirir madrugar tanto
para ir facer un traballo que para nada enche a ialma. A vida non é ter que
estar sempre pendente do que gañamos para comer, non é estar aforrando
eternamente para nada, para posibelmente despois morrer sen ter gozado de todas
as nosas posibilidades, a vida non é sufrir por non poder gastar o que
queiramos en viaxes. Eu non preciso de todo iso para sentirme feliz. Eu non
preciso de viaxar polo mundo enteiro. Non preciso tampouco de ter todas as
comodidades do mundo para sentirme protexida. Eu sempre me conformei con moi
pouquiño. De feito, esa foi a educación que me deron. Eu medrei con moi
pouquiño, comendo case todos os días o mesmo. Eu medrei sabendo gozar da comida
máis sinxela e apreciando as poucas cousas que tiñamos. Eu medrei coa calor da lareira,
co celme da verdura fervida, das castañas, da auga das nosas pozas e das nosas
fontiñas, eu medrei sabendo que iso que tiñamos era o que necesitabamos para
vivir e punto. Non pensaba en nada máis. E agora sinto que na nosa vida hai
moitas máis cousas das que precisamos para vivir ben. Teño a sensación de que
temos unha morea de cousas para evitar que sintamos a soidade e o silencio,
para que non haxa momentos baleiros, para cubrir eses intres de silencio que
antes eu apreciaba tanto. Eu estou segura de que todo iso me sobra, de que en
realidade me afixen a vivir con todas esas cousas porque así pasou, pero en
realidade eu non estou feita para nada diso, eu podo ser feliz con moi
pouquiño, con só ter un prato de comida todos os días, un prato sinxelo co
celme da casa e de toda a comida que comemos sempre. Eu son feliz vendo caer a
noitiña sobre os campos, eu son feliz co canto dos paxaros no abrente, co son
do río ao pasar. Eu sempre fun feliz con iso, coa señardade que vive nos
bosques, eu sempre fun feliz traballando a terra, sentindo como o meu corpo
reunía os azos que precisaba para poder aguantar un día enteiro labrando ou
recollendo as nosas colleitas. Eu sei que esa é a vida que sempre quixen ter.
Non teño ningunha dúbida de que poderei sentirme ben eilí, recuperando todo o
que tiven sempre, que, malia que pareza pouquiño, para min era moito, e, se é
posíbel, xunta Artemisa. O único que me pon moito medo é que ela non queira
vivir eilí comigo, de que ela me diga que esa non é a vida que soñou vivir, que
non quere estar eilí comigo, que prefire estar eiquí para sempre, que non pode
vivir eilí de ningunha maneira. Entón tereina que deixar partir, sentindo que
ela se leva unha gran parte do meu corazón. Ela non sabe se a vida da que eu
lle falo lle gustará, pero eu si teño moi claro que esta vida que estamos
levando eiquí non é a vida que soñei vivir. Durante un tempo, puiden aguantar,
puiden aturar este ritmo de vida que tanto me esixe, pero pouco e pouco vou
sentíndome máis esgotada. Non sei canto máis poderei durar eiquí, traballando
en algo que, máis que encherme a ialma, me fai sentir que estou perdendo o
marabilloso tempo da miña vida. Non sei canto tempo máis poderei aguantar vivir
nun lugar no que parece un soño lembrar o recendo da herba, dos campos e das
flores, no que é tan complicado adiviñar por onde vén o vento, no que hai
tantos coches, no que hai tanta xente que nin sequera mira por onde camiña. Non
podo máis. Sinto que teño amoreada na miña ialma unha chea de estímulos e de
sensacións que me afogan.
Eu non vou deixar de amar
a Artemisa porque ela non queira vivir eilí comigo. Iso téñoo moi clariño,
moitísimo. Eu nunca poderei deixar de amala, pero temos que buscar algunha solución
que nos permita ser felices ás dúas, non só a unha. Eu estou aguantando eiquí
por ela, só por ela, porque esta vida poucas cousas me aporta, só me aporta
estar con ela, iso é o único que me fai feliz, pero o noso entorno non me fai
feliz e nunca o fará, nunca. Espero que o entenda, que a vida sexa, por unha
vez no meu destino, máis comprensiva e amábel comigo, que xa tiven abondo, non
si?
O que teño moi claro é que
nunca a abandonarei. Só serei paciente agardando o momento no que verdade
poidamos estar as dúas ben. Se polo que sexa agora ela non pode vivir comigo
eilí, pois está ben, de acordo, agardarei ese día no que si poida ser; pero só
se ela está disposta a facelo, é dicir, só poderei agardar ese día se ela me
promete que si quere vivir eilí comigo. Se non quere facelo nunca, entón... A
verdade é que prefiro non pensalo. O que si sei é que non quero estar sen ela.
Ámoa e iso non cambiará nunca.
Esta fin de semana
estivemos na casa de Casandra. Estivemos moi ben e a verdade é que eu estiven
moi a gusto con elas. Non sei se foi porque sei que mañá volvo á miña aldea,
pero durante toda a fin de semana sentinme moi tranquila. Non obstante, cada
vez que miraba a Artemisa aos ollos, notaba que a miña ialma se partía, coma se
os ollos de Artemisa fosen unha espada que se me cravaba na ialma, coma se as
súas miradas fosen espiñas que se afundían no meu ser. Sei que ela está moi
triste, que, de cando en cando, se encerraba no baño para chorar. Chorou moitas
veces diante de min e a verdade é que non entendo por que está tan triste se,
en principio, só estaremos separadas unha semana, se é que ela decide vir
comigo a semana do vinte e tres de xullo. A min gustaríame moito que o fixese.
Poderiamos vivir xuntas eilí o día de Galicia, por fin, que é o vinte e cinco
de xullo, e tamén viviría ao fin as festas da miña aldea, das que tanto lle
falei; pero é coma se ela soubese algo que eu non sei. Díxome moitas veces que
sabía que non ía volver, que, por moito que lle dixese que ía volver en
setembro, non volverei, que sabe que marcho para quedar eilí para sempre. Eu
dígolle que non é esa a miña intención, pero creo que ambas as dúas sabemos que
eu non lle digo a verdade, que nin sequera me digo a verdade a min mesma. E a
mirada tristeira de Artemisa faime sentir morriñenta. Non sei que pasará ao
final, pero agora eu prefiro pensar que todo acabará saíndo ben, que non hai
motivos para ter medo.
Tamén falei moito con
Casandra, onte pola mañá, e, por primeira vez na miña vida, sentín que ela me
entendía de verdade. Eu díxenlle que comprendía que Artemisa non quixese que me
fose, pero que xa non aguantaba máis eiquí, que precisaba moito estar coa miña
nai. Entón Casandra díxome que me entendía perfectamente, que non era necesario
que lle explicase nada, que os meus sentimentos e os meus desexos eran
totalmente comprensíbeis, que eran os máis normais do mundo, que o raro sería
que non quixese voltar despois de saber todo o que pasara en realidade, despois
de descubrir que a miña nai aínda me quere e devece por recuperarme. Esas
palabras que me dedicou con tanta comprensión fixéronme sentir tan ben... De
súpeto sentín que entre ela e máis eu podería existir un vencello moito máis
forte do que nos une en realidade, pero seica iso se consiga co paso do tempo.
O que me ten flotando
nunha nube é saber que mañá non irei traballar, senón a Ourense, saber que o
tren que collerei non me levará á estación na que me baixo todos os días, senón
a Ourense, a Ourense, aínda que terei que facer transbordo en Madrid. Non fago
máis que imaxinar o momento no que sairei da estación de Ourense, ás seis menos
dez da tarde, e entón comezarei a camiñar deica á miña aldea, deica o lugar que
foi o meu berce. Sei que irá calor, pero non me importa. Prefiro chegar á miña
aldea camiñando, coma sempre, aínda que tamén podería buscar algún medio que me
levase a ela, pero non quero. Non levarei tampouco moita equipaxe. Levarei o
esencial, algo de roupa e algunhas cousas miñas que non quero deixar eiquí,
como algunhas pedriñas coas que me sinto moi unida e tamén algúns libros, pero
a verdade é que non preciso de nada, nin de ordenador nin nada. Seguirei
escribindo no meu diario, creo que máis que nunca, e xa está, fareino en papel
e cando poida xa o pasarei ao ordenador. Ademais, sempre me gustou moito máis
escribir a man, escribir coma sempre o fixen. Agora que penso... Seica poida
recuperar o diario que escribía cando eu era cativiña! Deixeino eilí e, segundo
me dixo a miña nai, as miñas cousas seguen estando coma sempre.
Xa o teño case todo preparado,
agás da comida que me levarei, que creo que non poderei comer case nada.
Estarei tan nerviosa que non poderei nin pensar en nada. Será moi estraño e moi
triste separarme de Artemisa, pero teño a ialma chea de esperanza. Sei que ela
e máis eu acabaremos vivindo a vida que nos merecemos. Esta, tan chea de
estímulos e de estrés, non é a vida que nos merecemos. Non podemos vivir así
sempre o acabaremos as dúas enfermas.
Só suplico que todo saia
ben, que poida chegar á miña terra sen problemas, só sentindo ilusión e ganas
de vivir, de deixar atrás tanta tristura e tanta morriña. Non sei por que non
me atrevín antes a facer isto. Non é tan complicado como eu pensaba, sobre todo
se as cousas se falan. Sei que Artemisa e máis eu nos botaremos moito en falla,
pero todo se arranxará, seino, e é iso o que me mantén esperanzada, saber que
todo se arranxará, seino. Ademais, saber que mañá a estas horas xa me quedará
pouco para chegar á miña terra faime sentir tanta ilusión e felicidade que case
non o podo aturar. Aínda non o podo crer.
Escribirei moito, seino,
porque necesitarei explicar todo o que vivo, todo o que sinto. O que vou vivir
tamén será unha terapia para min e sentirei cousas moi fortes que sei que, ao
principio, me farán sentir emocións que seica me fagan dano e sexan demasiado
intensas para min; pero sei que, co paso dos días, esas emocións se volverán
boas, serán menos agresivas. O reencontro coa miña nai e coa miña aldeíña é
algo que me afectará moito, pero quéroo vivir canto antes para deixar atrás as
feridas do pasado e tamén para pechar dunha vez a fenda que divide a miña vida,
a fenda que me divide a min mesma. Téñome que atopar comigo mesma e recuperar
esa parte de min que quedou eilí para sempre, esa parte de min que nunca máis
volvín ter. E iso será moi forte para min, serao, pero sei que serei quen de
vivilo e de enfrontalo con ilusión e forza; unha forza que só me pode dar a
miña terra. Xa vivín moitos anos eiquí para saber que non me puiden adaptar
nunca a este lugar. Non creo que o poida facer agora.
E isto é todo por hoxe. A
próxima vez que escriba, xa estarei en Galicia!
Domingo, 15 de julio de 2018
Artemisa ya sabe que me voy. Se lo dije el
viernes por la tarde. Al principio, ella pensó que quería marcharme para
siempre, que mi intención era abandonar nuestra vida y comenzar allí, sin ella,
otra en la que de momento ella no podía estar, de la que de momento ella no
puede formar parte. Por eso, comenzó a acusarme de que la abandonaba, de que me
iba sin pensar en nada, de que sólo quería marcharme sin que me importase
nuestra vida e incluso me dijo que, por ella, podía marcharme esa misma tarde o
mañana, que no le importaba nada, y todo eso me lo decía llorando mucho, como
si de verdad yo estuviese traicionándola. Cuando le dije que mi intención, en
un principio, era estar allí durante un mes, entonces se puso roja, sintió
mucha vergüenza y me reconoció que ella había pensado que yo quería
abandonarla, que quería irme para siempre. Entonces, pareció que comenzaba a
entenderlo mejor. Me dijo que no quería que me fuese, que me echaría muchísimo
en falta, pero que lo entendía, que aceptaba que me fuese sólo con la condición
de que volviese cuando acabasen mis vacaciones. Yo le dije que sí, que por
supuesto que volvería con ella, pero en el fondo de mi alma hay una voz que me
dice que la engañé, que en realidad yo no quiero volver nunca más. Artemisa,
cuando todavía no sabía que mi intención era estar allí sólo un mes, dijo:
¿entonces éste es el último fin de semana que estamos juntas en nuestra casa?
Fue entonces cuando me di cuenta de que no me había entendido bien.
Es cierto que Artemisa entiende que quiera
marcharme, incluso sabe que me conviene estar allí, que me conviene pasar allí
un tiempo porque lo necesito mucho, lo necesito como si fuese el aire que me da
la vida, pero yo veo tanta tristeza en sus ojos que me pregunto si de verdad
ella entiende lo que siento. Yo también la echaré mucho en falta, pero también
es verdad que, según ella, no estaremos separadas durante mucho tiempo. Cuando
el viernes ya se tranquilizó y entendió que sólo quería pasar allí un tiempo,
le propuse que viniese conmigo, que fuese a Galicia cuando terminase todo lo
que tiene que hacer en el instituto. No le queda mucho para coger las
vacaciones. Ella me dijo que era muy buena idea, pero me dijo que no sabía si
ya esperaría al mes de agosto, sólo para no perder otro billete de avión, que
ya es suficiente con perder mi billete y el billete a Galicia no nos costó
barato precisamente, pero, sinceramente, yo no pensé nunca en el dinero que
perdería. Yo trabajo mucho y gano un sueldo bajiño, pero nunca pensé que era
más importante perder dinero que volver a mi tierra. Sé que el dinero es
importante, pero no me detiene el hecho de tener que gastar en volver a Galicia
ni en nada que pueda aportarnos algo de felicidad, aunque sólo sea para un
instante; pero Artemisa sí se volvió muy responsable en ese sentido. Yo tampoco
estoy diciendo que yo vaya gastando por ahí sin pensar en nada, pero me
sorprendió mucho cuando me dijo eso, que iría en agosto porque no quería que
perdiésemos los dos billetes. No sé lo que hará al final, pero, a veces, me
dice que vendrá la última semana de julio y, otras, me dice que ya nos veremos
en agosto, que entiende que yo quiera estar allí tranquiliña todo ese tiempo,
pero no es del todo cierto. Ya le dije muchas veces que me gustaría mucho que
conociese ese rinconciño del mundo, que lo conociese bien, que viviese allí
cómo son los días y también las fiestas de nuestra aldea. Mi madre ansía
conocer a Artemisa. El viernes, cuando estaba en la casa de Casandra,
sorprendentemente, por la noche ella me llamó y estuve hablando con ella mucho
rato, aunque enseguida le dije que a mí me salía gratis llamar. En ese sentido
sí tengo muy presente que mi madre no tiene mucho dinero, tiene mucho menos que
yo. En ese sentido sí tengo muy presente cuáles son las posibilidades de cada
una. Estuvimos hablando mucho rato, por lo menos tres cuartos de hora, pero no
le dije que el lunes volvía a Ourense. Quiero que sea una sorpresa. ¡Sé que le
hará mucha ilusión verme de repente y estoy deseando ver la cara que pondrá
cuando me vea! No sé cómo será ese momento, no sé dónde estará ella cuando
llegue, pero sé que podré encontrarla en nuestra casa o paseando por nuestra
aldea. No puedo imaginarme cómo será el momento de llegar al fin y entrar en mi
aldea, de caminar al fin por las calles de mi hogar. Me imaginé millones de
veces el momento de regresar, pero no sé cómo será y eso me tiene todo el
tiempo soñando despierta. Tengo que reconocer que, desde que hablé con Artemisa
y desde que el hecho de volver devino en una realidad, me siento distinta, me
siento como si mi corazón latiese mejor, como si pudiese respirar mucho más
calmadamente, como si la vida, de súbito, se hubiese deshecho de las sombras
que la oscurecieron siempre para mí. Es cierto que echaré mucho en falta a
Artemisa, pero también tengo la esperanza de que ella vendrá conmigo y, al
descubrir cómo es la vida allí, quiera quedarse allí para siempre, olvidando
todo lo que la detiene, todo eso que para ella es tan importante y que en realidad
no son más que detalles superficiales que tampoco le hacen feliz de verdad. La
vida es mucho más sencilla de lo que ella piensa. No es preciso que tengamos que
esforzarnos tanto por mantener nuestra vida. La vida se puede mantener con
menos esfuerzo, de un modo mucho más bonitiño incluso. La vida no tiene por qué
requerir madrugar tanto para ir a hacer un trabajo que para nada llena el alma.
La vida no es tener que estar siempre pendiente de lo que ganamos para comer,
no es estar ahorrando eternamente para nada, para posiblemente después morirnos
sin haber gozado de todas nuestras posibilidades, la vida no es sufrir por no
poder gastar lo que queramos en viajes. Yo no preciso de todo eso para sentirme
feliz. Yo no necesito viajar por el mundo entero. No necesito tampoco tener
todas las comodidades del mundo para sentirme protegida. Yo siempre me conformé
con muy poquiño. De hecho, esa fue la educación que me dieron. Yo crecí con muy
poquiño, comiendo casi todos los días lo mismo. Yo crecí sabiendo gozar de la
comida más sencilla y apreciando las pocas cosas que teníamos. Yo crecí con el
calor de la lumbre, con el sabor de la verdura hervida, de las castañas, del
agua de nuestros pozos y de nuestras fuentiñas, yo crecí sabiendo que eso que
teníamos era lo que necesitábamos para vivir y punto. No pensaba en nada más. Y
ahora siento que en nuestra vida hay muchas más cosas de las que precisamos
para vivir bien. Tengo la sensación de que tenemos una cantidad de cosas para
evitar que sintamos la soledad y el silencio, para que no haya momentos vacíos,
para cubrir esos instantes de silencio que yo antes apreciaba tanto. Yo estoy
segura de que todo eso me sobra, de que en realidad me acostumbré a vivir con
todas esas cosas porque así pasó, pero en realidad yo no estoy hecha para nada
de eso, yo puedo ser feliz con muy poquiño, con sólo tener un plato de comida
todos los días, un plato sencillo con el sabor de la casa y de toda la comida
que comimos siempre. Yo soy feliz viendo caer la nocheciña sobre los campos, yo
soy feliz con el canto de los pájaros al amanecer, con el sonido del río al
pasar. Yo siempre fui feliz con eso, con la soledad que vive en los bosques, yo
siempre fui feliz trabajando la tierra, sintiendo cómo mi cuerpo reunía las
fuerzas que precisaba para poder aguantar un día entero labrando o recogiendo
nuestras cosechas. Yo sé que ésa es la vida que siempre quise tener. No tengo
ninguna duda de que podré sentirme bien allí, recuperando todo lo que tuve
siempre, que, a pesar de que parezca poquiño, para mí era mucho, y, si es
posible, junto a Artemisa. Lo único que me da mucho miedo es que ella no quiera
vivir allí conmigo, que ella me diga que ésa no es la vida que soñó vivir, que
no quiere estar allí conmigo, que prefiere estar aquí para siempre, que no
puede vivir allí de ninguna manera. Entonces tendré que dejarla partir,
sintiendo que ella se lleva una gran parte de mi corazón. Ella no sabe si la
vida de la que yo le hablo le gustará, pero yo sí tengo muy claro que esta vida
que estamos llevando aquí no es la vida que soñé vivir. Durante un tiempo, pude
aguantar, pude soportar este ritmo de vida que tanto me exige, pero poco a poco
voy sintiéndome más agotada. No sé cuánto más podré durar aquí, trabajando en
algo que, más que llenarme el alma, me hace sentir que estoy perdiendo el
maravilloso tiempo de mi vida. No sé cuánto tiempo más podré aguantar vivir en
un lugar en el que parece un sueño recordar el olor de la hierba, de los campos
y las flores, en el que es tan complicado adivinar por dónde viene el viento,
en el que hay tantos coches, en el que hay tanta gente que ni siquiera mira por
dónde camina. No puedo más. Siento que tengo acumulada en el alma una cantidad
de estímulos y de sensaciones que me ahogan.
Yo no voy a dejar de amar a Artemisa porque
ella no quiera vivir allí conmigo. Eso lo tengo muy clariño, muchísimo. Yo
nunca podré dejar de amarla, pero tenemos que buscar alguna solución que nos
permita ser felices a las dos, no sólo a una. Yo estoy aguantando aquí por
ella, sólo por ella, porque esta vida pocas cosas me aporta, sólo me aporta
estar con ella, eso es lo único que me hace feliz, pero nuestro entorno no me
hace feliz y nunca lo hará, nunca. Espero que lo entienda, que la vida sea, por
una vez en mi destino, más comprensiva y amable conmigo, que ya tuve
suficiente, ¿no?
Lo que tengo muy claro es que nunca la
abandonaré. Sólo seré paciente aguardando el momento en el que de verdad
podamos estar las dos bien. Si por lo que sea ella ahora no puede vivir conmigo
allí, pues está bien, de acuerdo, aguardaré ese día en el que sí pueda ser,
pero sólo si ella está dispuesta a hacerlo, es decir, sólo podré aguardar ese
día si ella me promete que sí quiere vivir allí conmigo. Si no quiere hacerlo
nunca, entonces... La verdad es que prefiero no pensarlo. Lo que sí sé es que
no quiero estar sin ella. La amo y eso no cambiará nunca.
Este fin de semana estuvimos en la casa de
Casandra. Estuvimos muy bien y la verdad es que yo estuve muy a gusto con
ellas. No sé si fue porque sé que mañana vuelvo a mi aldea, pero durante todo
el fin de semana me sentí muy tranquila. No obstante, cada vez que miraba a
Artemisa a los ojos, notaba que mi alma se partía, como si los ojos de Artemisa
fuesen una espada que se me clavaba en el alma, como si sus miradas fuesen
espinas que se hundían en mi ser. Sé que ella está muy triste, que, de vez en
cuando, se encerraba en el baño para llorar. Lloró muchas veces delante de mí y
la verdad es que no entiendo por qué está tan triste si, en principio, sólo
estaremos separadas una semana, si es que ella decide venir conmigo la semana
del veintitrés de julio. A mí me gustaría mucho que lo hiciese. Podríamos vivir
allí el día de Galicia, por fin, que es el veinticinco de julio, y también
viviría al fin las fiestas de mi aldea, de las que tanto le hablé; pero es como
si ella supiese algo que yo no sé. Me dijo muchas veces que sabía que no iba a
volver, que, por mucho que le dijese que iba a volver en septiembre, no
volveré, que sabe que me marcho para quedarme allí para siempre. Yo le digo que
no es ésa mi intención, pero creo que ambas sabemos que yo no le digo la verdad,
que ni siquiera me digo la verdad a mí misma. Y la mirada triste de Artemisa me
hace sentir morriñosa. No sé qué pasará al final, pero ahora yo prefiero pensar
que todo acabará saliendo bien, que no hay motivos para tener miedo.
También hablé mucho con Casandra, ayer por la
mañana, y, por primera vez en mi vida, sentí que ella me entendía de verdad. Yo
le dije que comprendía que Artemisa no quisiese que me fuese, pero que ya no
aguantaba más aquí, que necesitaba mucho estar con mi madre. Entonces Casandra
me dijo que me entendía perfectamente, que no era necesario que le explicase
nada, que mis sentimientos y mis deseos eran totalmente comprensibles, que eran
los más normales del mundo, que lo raro sería que no quisiese volver después de
saber todo lo que había pasado en realidad, después de descubrir que mi madre
todavía me quiere y ansía recuperarme. Esas palabras que me dedicó con tanta
comprensión me hicieron sentir tan bien... De súbito sentí que entre ella y yo
podría existir un vínculo mucho más fuerte del que nos une en realidad, pero
quizá eso se consiga con el paso del tiempo.
Lo que me tiene flotando en una nube es saber
que mañana no iré a trabajar, sino a Ourense, saber que el tren que cogeré no
me llevará a la estación en la que me bajo todos los días, sino a Ourense, a
Ourense, aunque tendré que hacer trasbordo en Madrid. No hago más que
imaginarme el momento en el que saldré de la estación de Ourense, a las seis
menos diez de la tarde, y entonces comenzaré a caminar hasta mi aldea, hasta el
lugar que fue mi cuna. Sé que hará calor, pero no me importa. Prefiero llegar a
mi aldea caminando, como siempre, aunque también podría buscar algún medio que
me llevase a ella, pero no quiero. No llevaré tampoco mucho equipaje. Llevaré
lo esencial, algo de ropa y algunas cosas mías que no quiero dejar aquí, como
algunas piedriñas con las que me siento muy unida y también algunos libros,
pero la verdad es que no necesito nada, ni ordenador ni nada. Seguiré
escribiendo en mi diario, creo que más que nunca, y ya está, lo haré en papel y
cuando pueda ya lo pasaré a ordenador. Además, siempre me gustó mucho más
escribir a mano, escribir como siempre lo hice. Ahora que pienso... ¡quizá
pueda recuperar el diario que escribía cuando era pequeniña! Lo dejé allí y,
según me dijo mi madre, mis cosas siguen estando como siempre.
Ya lo tengo casi todo preparado, excepto la
comida que me llevaré, que creo que no podré comer casi nada. Estaré tan
nerviosa que no podré ni pensar en nada. Será muy extraño y muy triste
separarme de Artemisa, pero tengo el alma llena de esperanza. Sé que ella y yo
acabaremos viviendo la vida que nos merecemos. Ésta, tan llena de estímulos y
de estrés, no es la vida que nos merecemos. No podemos vivir así siempre o
acabaremos las dos enfermas.
Sólo suplico que todo salga bien, que pueda
llegar a mi tierra, sin problemas, sólo sintiendo ilusión y ganas de vivir, de
dejar atrás tanta tristeza y tanta morriña. No sé por qué no me atreví antes a
hacer esto. No es tan complicado como yo pensaba, sobre todo si las cosas se
hablan. Sé que Artemisa y yo nos echaremos mucho de menos, pero todo se solucionará,
lo sé, y es eso lo que me mantiene esperanzada, saber que todo se arreglará, lo
sé. Además, saber que mañana a estas horas ya me quedará poco para llegar a mi
tierra me hace sentir tanta ilusión y felicidad que casi no puedo soportarlo.
Todavía no puedo creerlo.
Escribiré mucho, lo sé, porque necesitaré
explicar todo lo que vivo, todo lo que siento. Lo que voy a vivir también será
una terapia para mí y sentiré cosas muy fuertes que sé que, al principio, me
harán sentir emociones que quizá me hagan daño y sean demasiado intensas para
mí; pero sé que, con el paso de los días, esas emociones se volverán buenas,
serán menos agresivas. El reencuentro con mi madre y con mi aldeíña es algo que
me afectará mucho, pero quiero vivirlo cuanto antes para dejar atrás las
heridas del pasado y también para cerrar de una vez la brecha que divide mi
vida, la brecha que me divide a mí misma. Tengo que encontrarme conmigo misma y
recuperar esa parte de mi que quedó allí para siempre, esa parte de mí que
nunca más volví a tener. Y eso será muy fuerte para mí, lo será, pero sé que
seré capaz de vivirlo y enfrentarlo con ilusión y fuerza; una fuerza que sólo
me puede dar mi tierra. Ya viví muchos años aquí para saber que no pude
adaptarme nunca a este lugar. No creo que pueda hacerlo ahora.
Y esto es todo por hoy. La próxima vez que
escriba, ¡ya estaré en Galicia!
Al principio Artemisa se precipita, la acusa de querer abandonarla y se pone loca. Cuando le dice que es solamente por un tiempo, se avergüenza. Aunque en el fondo, esa sensación que la hizo explotar era un aviso de una realidad. No es tonta, sabe perfectamente que es posible que se quede allí a vivir. Artemisa es muy intuitiva y no se equivocó. En realidad, ni la misma Agnes sabe si volverá, está todo en el aire. Yo creo que pesa mucho más la posibilidad de quedarse que la de volver. ¿Y dejar a su madre allí sola? ¿Después de tanto esfuerzo y sufrimiento por regresar se volverá a BCN? Estará justo dónde quiere estar, y por mucho que ame a Artemisa, es su vida, es su salud, es su ilusión. Lo que dice de no ir por no perder los billetes es una tontería, ¡ya puede regresar con ella! ¡A la porra el dinero!¡Está de vacacopmes! Al menos ahora no le recrimina nada y la entiende, al igual que Casandra. Es lógico, necesita reencontrase con su madre, volver a su tierra y lo más importante, cerrar heridas. Quizás de esa forma, sea capaz de ir y volver de Galicia sin tantos sufrimiento. Puede ser para ella una terapia que la haga reconciliarse con su pasado y la convierta en una nueva Agnes, aunque con eso su relación con Artemisa se resienta. Está muy interesante, ¡¡¡que siga prontoooo!!!
ResponderEliminarQué fácil me resulta entender a Agnes en este capítulo. Se nota que tiene una ilusión enorme, atrás quedó eso de "yo no tengo derecho a conseguir mis sueños, no tengo ni que esforzarme en ello". Y qué fácil también me resulta entender a Artemisa, tiene tanto miedo de perder a Agnes... me alegra que se solucionara el malentendido del principio, pero deja traslucir lo fácilmente que nuestros miedos salen a flote. Después de todo, si Agnes realmente se estuviera yendo para siempre sería porque en su fuero interno no lo quedase otra opción, y no por ello me parecería justo que Artemisa la acusase de traidora. Traidora sería si su amor fuera fingido, si la hubiera utilizado para algo, no porque se marchase. Pero ya digo que la entiendo, en ese momento creía que la perdía. Y yo creo que, aunque Agnes tenga miedo a luego quedarse para siempre y todo eso, la relación que tienen es más fuerte de lo que ellas mismas sospechan. Si Agnes está ligada fuertemente a Galicia, y quiere regresar al momento en que, siendo adolescente, fue arrancada de su casa, ahora ya no puede volver y ser la misma persona: el amor por Artemisa también vuelve con ella. Me gustan además todas las reflexiones que hace a cuenta del dinero, de que no necesita viajar por todo el mundo, en definitiva tiene muy claro lo que es importante y lo que es accesorio. Ella tiene muchas ganas de volver, claro, pero lo que ella no sabe es que yo también, jajajajajaja, ¡a ver qué pasa!
ResponderEliminar