Venres, 13 de xullo de 2018
Gustaríame escoitar de verdade a alguén que me recomendase o que teño que
facer. Gustaríame atopar esa parte de min onde eu gardaba as ganas de soñar e
de confiar en que, na liña invisíbel do meu destino, quedaba espazo para a
esperanza e existía a posibilidade de que se virasen en realidade todas esas
ilusións coas que sempre vivín, que, máis forte ou máis frouxiño, sempre
latexaron en min. Hai moitas persoas que saben loitar polos seus soños, que
nunca se dan por vencidas, que, pese a todas as dificultades que se atopan polo
seu camiño, seguen tendo azos para seguir avanzando polos sendeiros da súa
existencia. O exemplo máis claro deste tipo de persoas o atopo en Artemisa e
tamén en Casandra. Sei e sinto que elas teñen por dentro súa unha forza
inesgotábel, que nunca se esvaece nin se debilita pase o que pase. Cando as
miro aos ollos, aínda que teñan un día máis ou menos esgotador ou maliño,
sempre teñen no fondo do seu ollar unha luz que nunca se apaga, que, ás veces,
me encandea e faime sentir pequena. Eu non teño ese alento, eu non teño esa
forza. Si teño unha ialma poderosa que segue soñando e desexando cousas, aínda
que estea enchida de tristura. Teño unha ialma que nunca se cansa de murmurarme
que siga adiante coa miña esperanza, coas miñas ilusións. Teño unha ialma que,
malia que algunhas veces sentiuse desfeita de tristura, sempre xurdiu da mágoa
e da morriña e ergueuse triunfante por riba da desolación e volveu soñar coma
se nada tivese pasado na miña vida.
Pero agora sinto que o ar e o tempo se levaron as miñas ilusións, que
perdín os azos que turraban de min para seguir crendo nun mañá esperanzado. Non
sei onde quedou a miña loita, non sei en que momento da miña vida rematou o
tempo de soñar e de confiar en min. É evidente que eu tería que voltar canto
antes á miña aldea para volver estar coa miña nai, pero parece coma se a vida
enteira estivese en contra de que eu volvese. Sei que isto só se arranxa
reaccionando ignorando os medos e as inseguridades. Hai tempo que eu podería ter
collido un tren que me levase de novo a Ourense, podería telo feito sen
consultalo con ninguén, sen que ninguén coñecese os meus planes. Podería ter
dito que vou traballar como un día calquera e coller en realidade un tren que
me levase moito máis lonxe, pero hai algo por dentro miña que me detivo sempre,
que non me permitía camiñar por esa corredoira que eu quero construír na miña
vida. Hai algo que sempre me dixo que non sairía ben, que, se me vou, perderei
a Artemisa e que non poderei recuperala nunca máis. Eu quero moito a Artemisa.
Quéroa con toda a miña ialma, pero tamén amo á miña terra e quero recuperar á
miña nai, quero que vivamos xuntas estes anos para silenciar toda a dor que
aínda berra na nosa ialma. Mais sei que, se quero voltar á miña terra, tería que
tomar unha decisión sen pensar en nada. ao mesmo tempo que sinto que son
covarde e que me fallan azos para loitar pola miña vida, dígome que eu son
forte, que teño que selo porque son galega e os galegos somos persoas moi
loitadoras que nunca se esgotan de camiñar pola vida, iso foi o que me ensinou
a miña nai e tamén a miña avoa hai moitos anos. Pero eu non sei que facer. Non
sei con quen falar. Podería falar con Casandra para preguntarlle que faría ela,
pero sei que ela non pensará en min cando me dea unha resposta, senón na súa
irmá e iso compréndoo moi ben. Non llo podería recriminar nunca. Tampouco podo
falar con Artemisa porque ela sempre me di o mesmo. Dime que, se marcho, terá
que ser sen ela, que ela non pode vir comigo e que pode que tarde moito tempo
en poder arranxar as cousas para vir comigo a Galicia, que as cousas non son
tan fáciles, que ela nunca renunciaría ao que temos.
Precisamente nesa conversación da que non quixen falar eiquí, díxenlle
que a súa actitude parecíame moi egoísta, que non a recoñecía nesas palabras,
que ela sempre defendeu que tiñamos que loitar polo que verdadeiramente
desexamos. É certo que fun un pouco inxusta, pero era o que sentía.
Sinceramente, a min Artemisa paréceme moi egoísta, moito, cando me di todas
esas cousas. Non sei se en realidade ela sabe ben todo o que eu pasei, non sei
se lembra canto sufrín na miña vida por pensar que a miña nai quixo afastarme
do seu lado porque me rexeitaba. Non sei se é consciente de canto devezo por
volver.
Hai moito tempo que eu tería marchado de eiquí sen pensar en nada, sen
atender a nada. Algo me dixo sempre que ela nunca se atreverá a vir comigo, que
terei que agardar durante anos o momento no que a ela lle dea a gana de partir
ao fin a Galicia e comezar comigo unha nova vida alí. Por iso... por iso... se
esta fin de semana non cambio de opinión, o luns collerei un tren e ireime a
Ourense. Xa non aguanto máis. Non podo máis. Xa fun comprensiva abondo, xa
comprendín e agardei demasiado, moito máis do que tería que esperar, xa estou
farta de que ninguén se tome en serio o meus sentimentos nin os meus desexos.
Artemisa dime que teña paciencia, que si iremos, pero que temos que facer as
cousas ben; pero por que? Que é para ela facer as cousas ben, non quedarnos sen
traballo, non loitar polo que desexamos? Sei que vivir eilí non é o seu desexo,
seino moi ben, recoñeceumo moitas veces, pero entón onde queda o que eu desexo?
Seguramente cambiarei de opinión e fareino non porque me poña medo ir
vivir eilí, senón porque non podo imaxinarme a min mesma sen ela, sen Artemisa,
porque unha parte de min depende dela, pero non toda eu dependo dela, iso é
certo, e penso que, se ela me quere de verdade, ten que pensar ben o que quere
facer coa súa vida. Eu non son sen Galicia, é dicir, se ela me quere, ten que
aceptarme coa miña terra. Somos algo inseparábel. Se non pode aceptalo, entón
quere dicir que non me ama de verdade. E iso comprobarémolo o luns ou nos días
seguintes. É evidente que non me irei sen dicirlle nada. Direillo o domingo
pola tarde ou pola mañá. Direille que xa teño o billete mercado (merqueino
hoxe) e que, se quere, pode vir comigo e, se non, pois que igualmente eu nunca
deixarei de agardala eilí, na miña terra, a que tamén pode ser o seu fogar. Sei
que choraremos moitísimo as dúas, que non o aceptará, que fará calquera cousa
para que non marche, pero, se non quere separarse de min, entón que veña
comigo, e punto. Xa está ben de renunciar a min mesma polos demais. Levo toda a
vida desexando volver, os demais levan toda a vida impedíndome volver. Xa me
cansei.
Esta
tarde pasareime polo médico para coller unha baixa dun mes, para que non me
coincida coas vacacións, e á miña doutora explicareille que me encontro moi
mal, que estou moi desanimadiña e que me custa moito facelo todo, que non me
sinto ben e que teño outra crise das miñas. No fondo, non é moi mentira, é
verdade a medias, pois levo días sentíndome moi tristeiriña, con moitas ganas
de chorar á mínima ocasión e tamén con ganas de fuxir, de non querer falar con
ninguén. Levo días nos que soamente penso en como podería voltar, nos que só
imaxino como deben de recender os campos da miña terra, imaxinando a cor do ceo
cando cae o solpor, cando vén a anoitecida, nos que só devezo por estar xunta
miña nai, falando con ela coma se nada tivese ocorrido.
Si,
voltarei. Non sei se será definitivamente, pero preciso irme, precísoo
moitísimo, é unha necesidade física, e iso Artemisa entenderao, seino. Ademais,
direille que estarei un mes eilí, que despois xa pensarei en voltar ou non.
Eilí teño o meu fogar, teño a miña terra, non me teño que preocupar por nada.
Eu
quería facer as cousas ben, como di Artemisa. Eu quería construír eilí unha
vida dende o principio intentando sacarme unhas oposicións, pero todo o que
fixen este ano saíume mal, todo, e non fai falla dar máis detalles. Nada me
saíu ben. Todo fallou, todo, non fixen nada ben, nada do que me propuxen saíume
ben, nada, así que o único que me queda é voltar e punto.
E
entón poderei ser libre outra vez alí. Non podo nin imaxinar o ben que me
sentirei cando de novo me vexa rodeada polas miñas árbores, polo ar da miña
terra, pola fala do meu pobo galego, do que nunca me sentín apartada, por moito
que o tempo, a distancia e as malas intencións da xente quixesen afastarme da
miña identidade. E entón todo comezará a rematar, seino, as feridas que aínda
me sangran por dentro pecharanse e todo irá desaparecendo e acougándose por
dentro miña.
Non
quero fuxir. Só quero volver á miña vida. Nada máis. Quero recuperar moitas
cousas, no so á miña nai e o meu fogar, senón sobre todo a min mesma. Quérome
recuperar a min mesma porque eilí en Ourense quedou unha gran parte de min que
nunca puiden volver atopar, nunca máis, e sei que aínda está eilí, agochada
entre as árbores, aínda me agarda esa nena que vive aínda eilí, nese recunchiño
do mundo que é, foi e sempre será o meu mundo.
Que
fácil sería todo se Artemisa o entendese á primeira. Teño que falar con ela,
téñoo que facer porque ela me importa, porque non quero que entre nós xorda
unha fenda que nos separe, porque xa estiven separada dela hai moito tempo e
paseino moi mal. Eu quero que ela forme parte do meu mundo, que ela estea no
meu mundo. Non quero deixala apartada de todo porque ela tamén é moi importante
para min.
Esta
tarde falarei con ela. Si, cambiei de opinión porque non lle quero facer tanto
dano, porque non é xusto que lle diga tan tarde que me vou. Seica ela
reflexione e queira vir comigo. Eu tamén llo comentarei, tamén llo pedirei, que
veña comigo se quere. Non é unha partida eterna. Soamente quero pasar alí máis
dun mes porque sinto que o necesito moito, nada máis. Non sei se despois terei
azos para volver, pero creo que, se vou agora e paso eilí un tempo, pode que
teña despois máis forzas para confiar na vida e en min mesma.
Iso
é todo por hoxe... Sei que aínda me quedan moitas cousas por contar, pero fareino
o domingo, o máis probábel.
Viernes, 13 de julio de 2018:
Me gustaría escuchar
de verdad a alguien que me recomendase lo que tengo que hacer. Me gustaría
encontrar esa parte de mí donde yo guardaba las ganas de soñar y de confiar en
que, en la línea invisible de mi destino, quedaba espacio para la esperanza y
existía la posibilidad de que se volviesen realidad todas esas ilusiones con
las que siempre viví, que, más fuerte o más flojiño, siempre latieron en mí.
Hay muchas personas que saben luchar por sus sueños, que nunca se dan por
vencidas, que, pese a todas las dificultades que se encuentran por su camino,
siguen teniendo aliento para seguir avanzando por los senderos de su
existencia. El ejemplo más claro de este tipo de personas lo encuentro en
Artemisa y también en Casandra. Sé y siento que ellas tienen por dentro de sí
una fuerza inagotable, que nunca se desvanece ni se debilita pase lo que pase.
Cuando las miro a los ojos, aunque tengan un día más o menos agotador o maliño,
siempre tienen en el fondo de su mirada una luz que nunca se apaga, que, a
veces, me encandila y me hace sentir pequeña. Yo no tengo ese aliento, yo no
tengo esa fuerza. Sí tengo un alma poderosa que sigue soñando y deseando cosas,
pese a que esté llena de tristeza. Tengo un alma que nunca se cansa de
murmurarme que siga adelante con mi esperanza, con mis ilusiones. Tengo un alma
que, aunque algunas veces se sintió deshecha de tristeza, siempre surgió de la
pena y de la morriña y se irguió triunfante por encima de la desolación y
volvió a soñar como si nada hubiese pasado en mi vida.
Pero ahora siento que
el aire y el tiempo se llevaron mis ilusiones, que perdí el aliento que tiraba
de mí para seguir creyendo en un mañana esperanzado. No sé dónde quedó mi
lucha, no sé en qué momento de mi vida acabó el tiempo de soñar y de confiar en
mí. Es evidente que yo tendría que regresar cuanto antes a mi aldea para volver
a estar con mi madre, pero parece como si la vida entera estuviese en contra de
que yo volviese. Sé que esto sólo se arregla reaccionando ignorando los miedos
y las inseguridades. Hace tiempo que yo podría haber cogido un tren que me
llevase de nuevo a Ourense, podría haberlo hecho sin consultarlo con nadie, sin
que nadie conociese mis planes. Podría haber dicho que voy a trabajar como un
día cualquiera y coger en realidad un tren que me llevase mucho más lejos, pero
hay algo por dentro de mí que me detuvo siempre, que no me permitía caminar por
esa senda que yo quiero construir en mi vida. Hay algo que siempre me dijo que
no saldría bien, que, si me voy, perderé a Artemisa y que no podré recuperarla
nunca más. Yo quiero mucho a Artemisa. La quiero con toda mi alma, pero también
amo a mi tierra y quiero recuperar a mi madre, quiero que vivamos juntas estos
años para silenciar todo el dolor que aún grita en nuestra alma. Mas sé que, si
quiero volver a mi tierra, tendría que tomar una decisión sin pensar en nada.
Al mismo tiempo que siento que soy cobarde y que me falta aliento para luchar
por mi vida, me digo que yo soy fuerte, que tengo que serlo porque soy gallega
y los gallegos somos personas muy luchadoras que nunca se agotan de caminar por
la vida, eso fue lo que me enseñó mi madre y también mi abuela hace muchos
años. Pero yo no sé qué hacer. No sé con quién hablar. Podría hablar con
Casandra para preguntarle qué haría ella, pero sé que ella no pensará en mí
cuando me dé una respuesta, sino en su hermana y eso lo comprendo muy bien. No
podría recriminárselo nunca. Tampoco puedo hablar con Artemisa porque ella
siempre me dice lo mismo. Me dice que, si me marcho, tendrá que ser sin ella,
que ella no puede venir conmigo y que puede que tarde mucho tiempo en poder
arreglar las cosas para venir conmigo a Galicia, que las cosas no son tan
fáciles, que ella nunca renunciaría a lo que tenemos.
Precisamente en esa
conversación de la que no quise hablar aquí, le dije que su actitud me parecía
muy egoísta, que no la reconocía en esas palabras, que ella siempre defendió
que teníamos que luchar por lo que verdaderamente deseamos. Es cierto que fui
un poco injusta, pero era lo que sentía. Sinceramente, a mí Artemisa me parece
muy egoísta, mucho, cuando me dice todas esas cosas. No sé si en realidad ella
sabe bien todo lo que yo pasé, no sé si recuerda cuánto sufrí en mi vida por
pensar que mi madre quiso alejarme de su lado porque me rechazaba. No sé si es
consciente de cuánto ansío volver.
Hace mucho tiempo que
yo me habría marchado de aquí sin pensar en nada, sin atender a nada. Algo me
dijo siempre que ella nunca se atreverá a venir conmigo, que tendré que
aguardar durante años el momento en el que a ella le dé la gana de partir al
fin a Galicia y comenzar conmigo una nueva vida allí. Por eso... por eso... si
este fin de semana no cambio de opinión, el lunes cogeré un tren y me iré a
Ourense. Ya no aguanto más. No puedo más. Ya fui demasiado comprensiva, ya
comprendí y esperé demasiado, mucho más de lo que tendría que esperar, ya estoy
harta de que nadie se tome en serio mis sentimientos ni mis deseos. Artemisa me
dice que tenga paciencia, que sí iremos, pero que tenemos que hacer las cosas
bien, pero ¿por qué? ¿Qué es para ella hacer las cosas bien, no quedarnos sin
trabajo, no luchar por lo que deseamos? Sé que vivir allí no es su deseo, lo sé
muy bien, me lo reconoció muchas veces, ¿pero entonces dónde queda lo que yo
deseo?
Seguramente cambiaré
de opinión y lo haré no porque me dé miedo ir a vivir allí, sino porque no
puedo imaginarme a mí misma sin ella, sin Artemisa, porque una parte de mí
depende de ella, pero no toda yo dependo de ella, eso es cierto, y pienso que,
si ella me quiere de verdad, tiene que pensar bien lo que quiere hacer con su
vida. Yo no soy sin Galicia, es decir, si ella me quiere, tiene que aceptarme
con mi tierra. Somos algo inseparable. Si no puede aceptarlo, entonces quiere
decir que no me ama de verdad. Y eso lo comprobaremos el lunes o los días
siguientes. Es evidente que no me iré sin decirle nada. Se lo diré el domingo
por la tarde o por la mañana. Le diré que ya tengo el billete comprado (lo
compré hoy) y que, si quiere, puede venir conmigo, y, si no, que igualmente yo nunca
dejaré de aguardarla allí, en mi tierra, la que también puede ser su hogar. Sé
que lloraremos muchísimo las dos, que no lo aceptará, que hará cualquier cosa
para que no me marche, pero, si no quiere separarse de mí, entonces que venga
conmigo, y punto. Ya está bien de renunciar a mí misma por los demás. Llevo
toda la vida deseando volver, los demás llevan toda la vida impidiéndome
volver. Ya me cansé.
Esta tarde me pasaré
por el médico para coger una baja de un mes, para que no me coincida con las
vacaciones, y a mi doctora le explicaré que me encuentro muy mal, que estoy muy
desanimadiña y que me cuesta mucho hacerlo todo, que no me siento bien y que
tengo otra crisis de las mías. En el fondo, no es muy mentira, es verdad a
medias, pues llevo días sintiéndome muy tristiña, con muchas ganas de llorar a
la mínima ocasión y también con ganas de huir, de no querer hablar con nadie.
Llevo días en los que solamente pienso en cómo podría volver, en los que sólo
imagino cómo deben de oler los campos de mi tierra, imaginando el color del
cielo cuando cae el ocaso, cuando viene la anochecida, en los que sólo ansío
estar junto a mi madre, hablando con ella como si nada hubiese ocurrido.
Sí, volveré. No sé si
será definitivamente, pero necesito irme, lo necesito muchísimo, es una
necesidad física, y eso Artemisa lo entenderá, lo sé. Además, le diré que
estaré un mes allí, que después ya pensaré en volver o no. Allí tengo mi hogar,
tengo mi tierra, no tengo que preocuparme por nada.
Yo quería hacer las
cosas bien, como dice Artemisa. Yo quería construir allí una vida desde el
principio intentando sacarme unas oposiciones, pero todo lo que hice este año
me salió mal, todo, y no hace falta dar más detalles. Nada me ha salido bien.
Todo falló, todo, no hice nada bien, nada de lo que me propuse me salió bien,
nada, así que lo único que me queda es volver y punto.
Y entonces podré ser
libre otra vez allí. No puedo ni imaginar lo bien que me sentiré cuando de
nuevo me vea rodeada por mis árboles, por el aire de mi tierra, por el habla de
mi pueblo gallego, del que nunca me sentí apartada, por mucho que el tiempo, la
distancia y las malas intenciones de la gente quisiesen alejarme de mi
identidad. Y entonces todo comenzará a acabar, lo sé, las heridas que aún me
sangran por dentro se cerrarán y todo irá desapareciendo y sosegándose por
dentro de mí.
No quiero huir. Sólo
quiero volver a mi vida. Nada más. Quiero recuperar muchas cosas, no sólo a mi
madre y mi hogar, sino sobre todo a mí misma. Quiero recuperarme a mí misma
porque allí en Ourense quedó una gran parte de mí que nunca pude volver a
encontrar, nunca más, y sé que aún está allí, escondida entre los árboles, aún
me aguarda esa niña que vive todavía allí, en ese rinconciño del mundo que es,
fue y siempre será mi mundo.
Qué fácil sería todo
si Artemisa lo entendiese a la primera. Tengo que hablar con ella, tengo que
hacerlo porque ella me importa, porque no quiero que entre nosotras surja una
brecha que nos separe, porque ya estuve separada de ella hace mucho tiempo y lo
pasé muy mal. Yo quiero que ella forme parte de mi mundo, que ella esté en mi
mundo. No quiero dejarla apartada de todo porque ella también es muy importante
para mí.
Esta tarde hablaré
con ella. Sí, he cambiado de opinión porque no quiero hacerle tanto daño,
porque no es justo que le diga tan tarde que me voy. Quizá ella reflexione y
quiera venir conmigo. Yo también se lo comentaré, también se lo pediré, que
venga conmigo si quiere. No es una partida eterna. Solamente quiero pasar allí
más de un mes porque siento que lo necesito mucho, nada más. No sé si después tendré
ánimo para volver, pero creo que, si voy ahora y paso allí un tiempo, puede que
tenga después más fuerzas para confiar en la vida y en mí misma.
Eso es todo por
hoy... Sé que todavía me quedan muchas cosas por contar, pero lo haré el
domingo, lo más probable.
Madre mía, al final toma la decisión. Parece que por el momento se marcha un mes, pero por la forma en la que habla, me parece que se quedará allí. Es algo que debería haber hecho hace tiempo. Aquí no la ata nada, está en un lugar que detesta, con el que no conexiona en absoluto. Allí nació, allí se crió, es su tierra, allí está su madre, su cuarto, sus cosas, sus vecinos...es el momento de volver. Es que es verdad, todos se le ponen en contra para que vuelva, si no era uno, era otro. ¡¡Por fin regresará a Galicia!! (emoticonos de aplausos jajaja). Menos mal que decide decírselo a Artemisa, al menos para que se haga a la idea y pueda tomar una decisión, aunque sinceramente, en estos momentos no tengo ni idea de cual será. Estoy muy confundido, no sé si se marchará dejándolo todo, o por el contrario, se quedará, momentáneamente o para siempre. A Artemisa le atan más cosas, pero tampoco es la tierra que la vio nacer, aunque tiene un trabajo que adora, una hermana a la que quiere, amigos y un hogar, eso tira mucho, aunque por amor todo se hace. Cortito, pero interesante. Un capítulo decisivo que puede marcar un antes y un después en sus vidas. ¡¡Esto está que arde!!
ResponderEliminarAgnes finalmente está asimilando la situación. Su reacción es la más razonable posible: ir a Galicia porque lo necesita, como ella dice tiene que reestablecer su vida, retomar lo que dejó. Fue arrancada, con este viaje repara el daño, es como si todo el intervalo intermedio, el hospital, todo lo demás, quedasen borrados, o por lo menos es una afirmación de que ha podido situarse en el punto anterior, lo que en medio pasó no ha sido tan poderoso como para impedir su vuelta. Y, lo que es mejor, ahora va posiblemente a disfrutar de una relación mejor con su madre.
ResponderEliminarClaro, el problema puede venir por la relación con Artemisa, pero a mí curiosamente no me preocupa demasiado, porque todo va a colocarse en su sitio por sí mismo. Una vez que ella sienta que es dueña de su propio destino, y que se encuentre mejor, va a pensar en Artemisa, en qué representa para ella y qué ha de venir en un futuro. Y Artemisa es lo mejor que le ha pasado en mucho tiempo, yo no creo que vaya a querer borrar para siempre a esta persona tan especial de su vida. Tal vez el dilema que ella tiene a la larga no exista. ¿Por qué se ha de vivir en un sitio concreto? Ya no está atada, y estoy seguro que volver a casa le va a dar un chute de optimismo que le vendrá muy bien.
entón poderei ser libre outra vez alí. Non podo nin imaxinar o ben que me sentirei cando de novo me vexa rodeada polas miñas árbores, polo ar da miña terra, pola fala do meu pobo galego, do que nunca me sentín apartada, por moito que o tempo, a distancia e as malas intencións da xente quixesen afastarme da miña identidade. E entón todo comezará a rematar, seino, as feridas que aínda me sangran por dentro pecharanse e todo irá desaparecendo e acougándose por dentro miña.
Eso es justamente lo que va a pasar, y me alegro.