domingo, 14 de octubre de 2018

DIARIO DE AGNES: LUNS, 8 DE OUTUBRO DE 2018


Luns, 8 de outubro de 2018
Sinto que estou entolecendo, de novo; pero xuro que esta vez sei con toda certeza que non estou doente, que non estou toleando, que as percepcións que sinto non nacen da miña enfermidade, xúroo. Estou tan segura diso como de que teño os ollos negros. A sensación de que non estou soa cando vou pola rúa intensificouse tanto que me parece que non sinto outra cousa. Onte, cando voltei á miña casa despois de estar tanto tempo sentada na beiriña do río Miño, tamén me sentín seguida, pero ignorei esa sensación tan estarrecedora porque xa tiña abondo con pensar en todo o que estaba a pasar; pero hoxe xa non a puiden seguir ignorando máis. Agora é moi tarde, acabamos de cear, e, cando cheguei pola tarde, confeseille a Lúa o que me estaba ocorrendo case sen pensar nas palabras que lle dicía. Entrei na casa sentindo que fuxía de alguén ou de algo que non ten nome. Esta mañá, cando fun ao traballo, pareceume que alguén camiñaba preto e á vez lonxe de min, que non estaba soa polas rúas (e xuro que é moi cedo, que son as seis e carto da mañá cando ando por Ourense cara a cafetería). Dende a cafetería, miraba á rúa intentando descubrir se había alguén espreitándome dende a distancia, pero as únicas persoas que camiñaban pola rúa nin se detiñan diante da porta da cafetería. Os clientes que entraban eran persoas que nunca me viran antes, que eu non coñecía de nada. Xa teño tamén algúns clientes fixos cos que xa estou collendo confianza, pero sei que ningunha desas persoas se molestaría en seguirme. Para que? Ao mesmo tempo penso que en realidade non hai ninguén que me siga, que todo está na miña imaxinación, pero négome a aceptar iso. Sei o que é sentir que alguén nos observa e sei cando iso é real ou un produto da nosa mente, e esta vez sei que non é a miña mente quen percibe esas cousas, que esas sensacións se corresponden coa realidade, que están describindo algo que está ocorrendo, e sei que non estou tola, non o estou. Síntome máis sa que nunca, teño a mente máis clara que nunca, sei onde remata a realidade e onde comezan os meus pensamentos. Sei que isto é real, pero que carallo pasa? Por que alguén me segue? Que queren de min? E por que precisamente eiquí? A Lúa custoulle crer que fose certo o que lle dicía. Expliqueille nerviosa que o sábado xa sentira que alguén nos asexaba, que alguén nos ollaba dende a distancia, que nos observaban decotío... pero que non lle dera importancia a esa percepción porque pensaba que estaba trabucada; pero agora sei que non o estou.
Cando saín do traballo, non podía negar que non estaba soa. Vireime milleiros de veces, intentando albiscar os ollos que me seguían, pero non vía a ninguén na rúa que parecese estar observándome e iso despistábame e desesperábame moitísimo. Pola Deusa, quero entender o que está ocorrendo. Non podo seguir eisí ou tolearei de verdade. Eu non quero estar doente outra vez. Eu síntome moi ben, moi sa, malia que estea tristeiriña e moi preocupada por Artemisa; mais esas emocións son normais, sobre todo cando levo sen saber nada dela dende o xoves. Mesmo a intentei chamar, pero non me colle o teléfono. O que me acougou foi descubrir que o tiña aceso, que si o empregaba, pero por que non hai maneira de dar con ela? Seica teña que aceptar que ela xa non quere estar na miña vida. Talvez estea tan mal que Casandra a obrigase a non falar comigo, nin tan sequera lle permita pensar en min e ela tampouco quere falar comigo para que Artemisa non poida saber nada máis de min; pero, aínda que puidese entender iso, paréceme algo moi cruel.
Lúa díxome que ignorase esas sensacións, díxome que posibelmente estivese moi sensíbel e calquera cousa me afectase moito, que talvez estivese máis pendente dos estímulos da rúa porque estou moi desacougada por Artemisa; pero eu non acabo de estar de acordo con ela. Eu non creo que esas sensacións nazan de estar preocupada por Artemisa. Ponme medo que Lúa poida pensar que estou tola, que de novo volveu a miña doenza, porque xuro que non é certo, que, por primeira vez na miña vida, sei que estou sa. Non sei se me curei definitivamente, pero sinto que esa doenza tan horríbel que me esnaquizaba a ialma e que me impedía ser eu mesma está moi lonxe de min.
Ademais Lúa está moi pesada con que eu bebo moito nas fins de semana, que bebo máis do que me convén, que non debería beber tanto... Mesmo me dixo que estas sensacións que teño son froito da confusión que o alcohol me crea, pero iso non pode ser porque o efecto do que bebín o sábado xa se foi por completo. Onte pola noite estivemos a piques de discutir porque mesmo se puxo a dicirme que unha amiga súa comezara coma min e que despois non podía deixar de beber... pero eu non teño nada que ver con esa xente que se bota ao alcohol continuamente para intentar fuxir dos seus problemas, que eu sei perfectamente onde están os meus límites... pero hei de dicir tamén que Lúa está moi estraña, que está moi irritábel e que mesmo hoxe estivo a piques de discutir coa súa nai porque lle pediu de súpeto que mañá a acompañase ao médico cando Lúa e máis eu xa tiñamos plans para a tarde... pero eu detívena a tempo e lle dixen que non lle falase eisí á súa nai, que era unha persoa maior e que non podía estar sempre lembrando todo e, cando Lúa me ouviu dicirlle iso, botouse a chorar e axiña lle pediu perdón á súa nai. Non sei que lle pasa a Lúa, pero ben non está. Non obstante, non me di o que lle pasa...
E onte levei un susto moi grande xusto cando me dispuxen a voltar á casa. Levaba un anaco oíndo sereas de bombeiros e axiña souben que había un incendio, pero dábame medo saber onde. Cando subín á ponte, vin que ao lonxe había fume. Por sorte, tratábase do incendio de dúas casas abandonadas, moi preto do centro de Ourense; pero non ocorreu nada malo. Si hai algúns incendios importantes na miña terra. Ogallá chova pronto e se apaguen. Non podería aturar que ocorrese o mesmo que o ano pasado.
E xa vou deixar de escribir porque estou esgotadísima. Aínda me dura o cansazo do sábado pola noite e ademais estou cada vez máis desacougada por todo o que está a ocorrer.
 
Traducción:
Lunes, 8 de octubre de 2018
Siento que me estoy volviendo loca, de nuevo; pero juro que esta vez sé con toda certeza que no estoy enferma, que no estoy enloqueciendo, que las percepciones que siento no nacen de mi enfermedad, lo juro. Estoy tan segura de eso como de que tengo los ojos negros. La sensación de que no estoy sola cuando voy por la calle se intensificó tanto que me parece que no siento otra cosa. Ayer, cuando volví a mi casa después de estar tanto tiempo sentada en la orilliña del río Miño, también me sentí seguida, pero ignoré esa sensación tan espantosa porque ya tenía suficiente con pensar en todo lo que estaba pasando; pero hoy ya no pude seguir ignorándola más. Ahora es muy tarde, acabamos de cenar, y, cuando llegué por la tarde, le confesé a Lúa lo que me estaba ocurriendo casi sin pensar en las palabras que le decía. Entré en casa sintiendo que huía de alguien o de algo que no tenía nombre. Esta mañana, cuando fui al trabajo, me pareció que alguien caminaba cerca y a la vez lejos de mí, que no estaba sola por las calles (y juro que es muy temprano, que son las seis y cuarto de la mañana cuando ando por Ourense hacia la cafetería). Desde la cafetería, miraba a la calle intentando descubrir si había alguien espiándome desde la distancia, pero las únicas personas que caminaban por la calle ni se detenían delante de la cafetería. Los clientes que entraban eran personas que nunca me habían visto antes, que yo no conocía de nada. Ya tengo también algunos clientes fijos con los que ya estoy cogiendo confianza, pero sé que ninguna de esas personas se molestaría en seguirme. ¿Para qué? Al mismo tiempo también pienso que en realidad no hay nadie que me siga, que todo está en mi imaginación, pero me niego a aceptar eso. Sé lo que es que alguien nos observa y sé cuándo eso es algo real o un producto de nuestra mente, y esta vez siento que no es mi mente quien percibe esas cosas, que esas sensaciones se corresponden con la realidad, que están describiendo algo que está ocurriendo, y sé que no estoy loca, no lo estoy. Me siento más sana que nunca, tengo la mente más clara que nunca, sé dónde termina la realidad y dónde comienzan mis pensamientos. Sé que esto es real, pero ¿qué carallo pasa? ¿Por qué alguien me sigue? ¿Qué quieren de mí? ¿Y por qué precisamente aquí? A Lúa le ha costado creer que fuese cierto lo que le decía. Le he explicado nerviosa que el sábado ya había sentido que alguien nos acechaba, que alguien nos miraba desde la distancia, que nos observaban continuamente... pero que no le había dado importancia a esa percepción porque pensaba que estaba equivocada; pero ahora sé que no lo estoy.
Cuando salí del trabajo, no podía negar que no estaba sola. Me volví millones de veces, intentando atisbar los ojos que me seguían; pero no veía a nadie en la calle que pareciese estar observándome y eso me despistaba y me desesperaba muchísimo. Por la Diosa, quiero entender lo que está ocurriendo. No puedo seguir así o me volveré loca de verdad. Yo no quiero estar enferma otra vez. Yo me siento muy bien, muy sana, a pesar de que esté muy tristiña y preocupada por Artemisa; mas esas emociones son normales, sobre todo cuando llevo sin saber nada de ella desde el jueves. Incluso intenté llamarla, pero no me coge el teléfono. Lo que me sosegó fue descubrir que lo tenía encendido, que sí lo usaba, pero ¿por qué no hay manera de dar con ella? Quizás tenga que aceptar que ella ya no quiere estar en mi vida. Tal vez esté tan mal que Casandra la obligase a no hablar conmigo, ni tan siquiera le permita pensar en mí y ella tampoco quiere hablar conmigo para que Artemisa no pueda saber nada más de mí; pero, aunque pudiese entender eso, me parece algo muy cruel.
Lúa me ha dicho que ignore esas sensaciones, me ha dicho que posiblemente esté muy sensible y cualquier cosa me afecte mucho, que tal vez esté más pendiente de los estímulos de la calle porque estoy muy preocupada por Artemisa; pero yo no acabo de estar de acuerdo con ella. Yo no creo que esas sensaciones nazcan de estar preocupada por Artemisa. Me da miedo que Lúa pueda pensar que estoy loca, que de nuevo ha vuelto mi enfermedad, porque juro que no es cierto, que, por primera vez en mi vida, sé que estoy sana. No sé si me he curado definitivamente, pero siento que esa enfermedad tan horrible que me destrozaba el alma y que me impedía ser yo misma está muy lejos de mí.
Además Lúa está muy pesada con que yo bebo mucho los fines de semana, que bebo más de lo que me conviene, que no debería beber tanto... Incluso me ha dicho que estas sensaciones que tengo son fruto de la confusión que el alcohol me crea, pero eso no puede ser porque el efecto de lo que bebí el sábado ya se ha ido por completo. Ayer por la noche estuvimos a punto de discutir porque incluso se puso a decirme que una amiga suya había comenzado como yo y que después no podía dejar de beber... pero yo no tengo nada que ver con esa gente que se lanza al alcohol continuamente para intentar huir de sus problemas, que yo sé perfectamente dónde están mis límites... pero he de decir también que Lúa está muy extraña, que está muy irritable y que incluso hoy estuvo a punto de discutir con su madre porque le ha pedido de repente que mañana la acompañase al médico cuando Lúa y yo ya teníamos planes para la tarde... pero yo la he detenido a tiempo y le he dicho que no le hablase así a su madre, que es una persona mayor y que no puede estar continuamente acordándose de todo y, cuando Lúa me oyó decirle eso, se echó a llorar y enseguida le ha pedido perdón a su madre. No sé qué le pasa a Lúa, pero bien no está. No obstante, no me dice lo que le pasa...
Y ayer me llevé un susto muy grande justo cuando me dispuse a volver a casa. Llevaba rato oyendo sirenas de bomberos y enseguida supe que había un incendio, pero me daba miedo saber dónde. Cuando subí al puente, vi que a lo lejos había humo. Por suerte, se trataba del incendio de dos casas abandonadas, muy cerca del centro de Ourense; pero no ha ocurrido nada malo. Sí hay algunos incendios importantes en mi tierra. Ojalá llueva pronto y se apaguen. No podría soportar que ocurriese lo mismo que el año pasado.
Y ya voy a dejar de escribir porque estoy agotadísima. Todavía me dura el cansancio del sábado por la noche y además estoy cada vez más desasosegada por todo lo que está ocurriendo.

2 comentarios:

  1. Artemisa es una gran espía jajajaja, debería abrir una agencia de detectives jajaja. Agnes intuye que alguien la sigue, pero claro, no sabe si es producto de su imaginación o la enfermedad que tenía. Sabemos que de enfermedad no tiene nada, que está en lo cierto. Artemisa se está tomando con calma el primer contacto con ella, no como la primera vez, que fue directamente y sin pestañear. Lúa empieza a quemarse, y yo creo que debe ser por esto, la incertidumbre por no saber si Agnes se quedará con ella o con Artemisa. Agnes no pasa página, habla continuamente de Artemisa, siempre preocupada por ella...eso debe afectarle mucho. Es lo que imagino, que a lo mejor no se trata de eso. Lo dije en broma, pero veo que hasta Lúa se preocupa por la forma de beber de Agnes. Tanto vino...ya son muchas entradas hablando que bebió más de la cuenta, y eso no es normal. Es lógico que Lúa se preocupe. Ya hay tensión entre ellas. Todo esto está afectando a su relación. Ya veremos que es lo que ocurre. Yo estoy muy perdido, has conseguido despistarme mucho y ahora me espero cualquier cosa, estoy en ascuas. Me está gustando muchísimoooooo!!!

    ResponderEliminar
  2. No está loca Agnes, claro que no. Es verdad que cuando te siguen o te miran insistentemente por la espalda muchas veces tenemos una sensación especial, pero es que en este caso se trata de un seguimiento en toda regla; y ahí viene la segunda parte: Agnes no está loca, pero sí está ciega, porque su intuición, tan fina para tantas cosas, debería haberle hecho sospechar de Artemisa, precisamente porque no puede contactar con ella por teléfono, porque sabe que ya intentó verla antes, no sé, con todas las cábalas que ha hecho, desconfiando incluso de algún cliente de la cafetería, una de sus hipótesis al menos tendría que haber sido Artemisa... pero por otro lado también lo entiendo, es una de esas verdades que cuesta suponer, e incluso supongo que Artemisa estará usando de todas sus artes para que Agnes no cele de ella. Lúa, claro, piensa que todo son imaginaciones de Agnes, y aprovechando que el Pisuerga pasa por Valladolid, mete su cuña de la liga antialcohólica. Lo que es seguro es que esta situación de acecho, de acoso invisible, no se puede sostener mucho tiempo, así que seguro que pronto vamos a tener novedades... no me imagino cómo ni cuándo será pero con suerte ocurrirá en el próximo capítulo.

    ResponderEliminar