lunes, 10 de septiembre de 2018

DIARIO DE AGNES: MÉRCORES, 29 DE AGOSTO DE 2018


Mércores, 29 de agosto de 2018

Onte foi un día moi intenso, aínda que levo dende o luns vivindo intres moi raros e outros momentos nos que as cousas parecen estar moito máis claras que nunca; pero foi onte cando de verdade tomamos Artemisa e máis eu unha decisión. Ata entón, ningunha das dúas se atrevía a dicir o que realmente pensaba por medo a que a outra se puidese sentir abafada e condicionada polo que a outra pensaba, pero en verdade ambas as dúas desexabamos que a outra dixese xa algo ao fin. Primeiro teño que dicir que me parece que o que pasou con Lúa foi un estoupido de tolaría que me posuíu. Non me arrepinto do que fixen porque o fixen sentindo amor e moitísimo desexo, non o fixen por facer; pero si é certo que me sinto moi mal por Artemisa. Eu non aturo que ela sufra e non o podo aturar porque a amo de verdade. Durante estes días, ningunha das dúas sabía como tiña que mirar á outra, pero tamén sentiamos que desexabamos abrazarnos e bicarnos e que non o faciamos porque se supoñía que nos atopabamos nunha situación complicadiña que nos impedía ser libres, pero xa todo iso quedou atrás.

Onte pola tarde ao final falei ben con Artemisa e con Lúa. Primeiro falei con Artemisa e despois con Lúa. E quería falar primeiro con Artemisa porque eu coidaba que Artemisa tiña a derradeira palabra nesta historia. Era ela quen podía decidir se a nosa relación podía seguir existindo, era ela en realidade a que tiña a nosa vida nas súas mans. Eu non deixei de ter claro que quería estar con Artemisa; pero, despois do que fixen, só era Artemisa quen podía permitir que isto seguise adiante. E o permitiu.

Artemisa díxome que ela si quería seguir comigo, pero só se de verdade me arrepentía do que fixera. Eu fun moi sincera con ela. Díxenlle que si sentía algo especial por Lúa, pero tamén lle recoñecín que non a amaba tanto como a ela, que o domingo pola noite (ou, máis ben, o luns pola madrugada) cría que mesmo estaba namorando de Lúa, pero que non é certo, que eu só a amo a ela, á miña Artemisa. Tamén lle dixen que todo iso que ela dicía verbo que Lúa era da miña terra e que iso a min me importaba moito non é certo, non ten nada que ver co feito de que Lúa me guste ou non. Díxenlle que o que tiña con ela (con Artemisa) era moi forte, era unha conexión moi antiga que non podía desaparecer tan doadamente. Ademais, díxenlle que eu quería pasar a miña vida con ela, que non era quen de imaxinar a miña vida sen ela. Ela choraba namentres eu lle dicía esas cousiñas tan sinceras, que non me custaba nada dicirlle porque me saían da ialma. Díxenlle tamén que eu non quería perdela, que para min era moi importante que ela quixese vivir na miña terra, que só me importaba estar con ela, que o que sentira por Lúa cría que sobre todo foi algo sexual e moitísima paixón, pero que o amor de verdade o sentía por ela. E é certo. Eu amo á miña Artemisa coma sempre. Tamén é verdade que o de Lúa me encadeou moitísimo, coma se ela fose a luz do sol da tarde, das tardes de Ourense, tan brilantes e fortes; pero, cando ese sol desapareceu, cando chegou o solpor, só puido brilar a luz da miña Artemisiña, que brila coma se nela se concentrasen todas as estrelas do firmamento. E eu quero compartir a vida con ela.

Estou escribindo con dificultade porque levo dende onte cunha dor horríbel de cabeza. Creo que me pasa porque levo sen descansar ben dende o sábado. O domingo fun durmir moi tarde, o luns durmín con Artemisa, pero ningunha das dúas durmiu ben porque creo que ningunha das dúas podía deixar de pensar no que estaba a ocorrer e onte pola noite recuperei con Artemisa todo o tempo que nos fixo perder esta situación. Seica pareza unha tolaría que Artemisa e máis eu sigamos xuntas despois de todo o que pasou entre Lúa e máis eu, pero, aínda que me custe recoñecelo, o que sinto por Lúa non é tan forte como o que sinto por Artemisa e creo que non é xusto que ese sentimento estrague unha relación tan forte e tan bonita.

Onte pola tarde, namentres falaba con Artemisa, boteime a chorar moitísimo dicindo que me arrepentía moitísimo do que fixera, que o sentía moitísimo, que me trabucara moito... e Artemisa non me deixaba de dicir que non me preocupase máis, que todos temos dereito a equivocarnos algunha vez, que todos nos trabucamos, que ela tamén se trabucou moitísimo comigo moitas veces e que o único que lle importaba era que eu fose quen de recoñecer o que sentía. Tamén me preguntou moitas veces se estaba segura de que non quería estar con Lúa. Díxome moitas veces que, se eu escollía estar con Lúa, ela se arredaría de min sen dicir nada, aceptando que perdera, pero eu non quero que Artemisa desapareza da miña vida. Creo que o que pasou con Lúa intensificou o amor que sinto por Artemisa, serviume para decatarme de que a amo de verdade a ela. É certo que con Lúa gocei moitísimo e estou segura de que algunha vez ese desexo rexurdirá, pero non podo deixar a Artemisa por iso, non podo, sei que ela é o amor da miña vida. Mesmo creo que o que pasou con Lúa era inevitábel despois de tanto tempo lembrándonos a unha da outra, despois de compartir momentos tan bonitos, pero xa está. Foi algo que tiña que ocorrer, pero todo me di que non podo deixar a Artemisa, que Artemisa e máis eu nacemos para estar xuntas, na miña terra, eiquí, ambas as dúas.

Despois falei con Lúa, que veu á aldeíña para falar comigo. Aceptou o que lle dixen porque xa o esperaba, porque sabía que eu non deixaría a Artemisa por ela. Quizais por iso me dixese o luns pola madrugada que non falásemos dos nosos sentimentos neses momentos. Agora entendo que ela sempre soubo que eu non deixaría nunca a Artemisa e que Artemisa nunca me deixaría a min, por moi intensos e fermosos que fosen os momentos que compartiramos. Sempre o soubo, pero, aínda así, non quería desaproveitar a oportunidade de estar comigo, de saber como son eu neses momentos, e creo que merece ter esas lembranzas na súa memoria.

Lúa e máis eu podemos seguir sendo amigas, pero si é certo que Lúa me recoñeceu que lle iría ben que durante un tempo non nos vísemos tanto, só para aceptar que non podía estar comigo. Será doado que non nos vexamos porque mañá eu irei con Artemisa a Barcelona para axudala a preparar a mudanza. Non a podo deixar soa nese eido tan complicado. Facer unha mudanza non é fácil e estaría sendo moi egoísta se a deixase soíña. Custarame moitísimo arredarme da miña terra, da miña xente, de Ourense, de Galicia; pero tamén sei que voltarei antes de que teña tempo a estrañar todo isto. Non obstante, son consciente de que, en canto colla o tren que me afastará de Ourense, xa comezarei a sentir esa morriña tan forte que me esnaquiza a ialma; pero agora marcharei sabendo cando vou voltar e iso é o que máis me arenga a regresar a Barcelona, é iso en realidade o que me dá azos para enfrontar todo o que teña que vivir.

Tamén son consciente de que me custará un pouquiño acostumarme a non ver a Lúa e talvez me doa moito non poder falar con ela. Teño que recoñecer que houbo momentos nos que imaxinei unha vida con ela, pero non podo deixar a Artemisa por esas ilusións. Sei que non estivo ben soñar que podiamos compartir unha vida. Sei que non estivo ben pensarme con ela, imaxinar que estaba con ela, na súa casa, que espertaba con ela, empezando cada novo día con ela... pero, ás veces, podemos confundirnos moito, podemos desorientarnos na nosa vida... e o que importa é saber voltar ao lugar onde temos que estar. Artemisa tamén sabe que o que sinto por Lúa non vai desaparecer tan rápido, pero o que importa é que ningunha das dúas deixamos de querernos.

E creo que vou deixar de escribir. Dóeme a cabeciña coma se me estivesen cravando unha infinda espada. Deitareime un anaquiño con Artemisa. Agora me presta estar con ela coma se levásemos milleiros de días separadiñas. Que curioso é todo... Que cousas che fai a vida…

 

Traducción:

Miércoles, 29 de agosto de 2018

Ayer fue un día muy intenso, aunque llevo desde el lunes viviendo instantes muy raros y otros momentos en los que las cosas parecen estar mucho más claras que nunca; pero fue ayer cuando de verdad tomamos Artemisa y yo una decisión. Hasta entonces, ninguna de las dos se atrevía a decir lo que realmente pensaba por miedo a que la otra pudiese sentirse agobiada y condicionada por lo que la otra pensaba, pero en verdad las dos deseábamos que la otra dijese algo al fin. Primero tengo que decir que me parece que lo que pasó con Lúa fue un estallido de locura que me poseyó. No me arrepiento de lo que hice porque lo hice sintiendo amor y muchísimo deseo, no lo hice por hacer; pero sí es cierto que me siento muy mal por Artemisa. Yo no soporto que ella sufra y no puedo soportarlo porque la amo de verdad. Durante estos días, ninguna de las dos sabía cómo tenía que mirar a la otra, pero también sentíamos que deseábamos abrazarnos y besarnos y que no lo hacíamos porque se suponía que nos encontrábamos en una situación complicadiña que nos impedía ser libres, pero ya todo eso ha quedado atrás.

Ayer por la tarde al final hablé bien con Artemisa y con Lúa. Primero hablé con Artemisa y después con Lúa. Y quería hablar primero con Artemisa porque yo creía que Artemisa tenía la última palabra en esta historia. Era ella quien podía decidir si nuestra relación podía seguir existiendo, era ella en realidad la que tenía nuestra vida en sus manos. Yo no he dejado de tener claro que quería estar con Artemisa; pero, después de lo que hice, sólo era Artemisa quien podía permitir que esto siguiese adelante. Y lo ha permitido.

Artemisa me dijo que ella sí quería seguir conmigo, pero sólo si de verdad me arrepentía de lo que había hecho. Yo fui muy sincera con ella. Le dije que sí sentía algo especial por Lúa, pero también le reconocí que no la amaba tanto como a ella, que el domingo por la noche (o, más bien, el lunes por la madrugada) creía que incluso estaba enamorándome de Lúa, pero que no es cierto, que yo sólo la amo a ella, a mi Artemisa. También le dije que todo eso que ella decía sobre que Lúa era de mi tierra y que eso a mí me importaba mucho no es cierto, no tiene nada que ver con el hecho de que Lúa me guste o no. Le dije que lo que tenía con ella (con Artemisa) era muy fuerte, era una conexión muy antigua que no podía desaparecer tan fácilmente. Además, le dije que yo quería pasar mi vida con ella, que no era capaz de imaginarme mi vida sin ella. Ella lloraba mientras yo le decía esas cosiñas tan sinceras, que no me costaba nada decirle porque me salían del alma. Le dije también que yo no quería perderla, que para mí era muy importante que ella quisiese vivir en mi tierra, que sólo me importaba estar con ella, que lo que había sentido por Lúa creía que sobre todo fue algo sexual y muchísima pasión, pero que el amor de verdad lo sentía por ella. Y es cierto. Yo amo a mi Artemisa como siempre. También es verdad que lo de Lúa me encandiló muchísimo, como si ella fuese la luz del sol de la tarde, de las tardes de Ourense, tan brillantes y fuertes; pero, cuando ese sol desapareció, cuando llegó el crepúsculo, sólo pudo brillar la luz de mi Artemisiña, que brilla como si en ella se concentrasen todas las estrellas del firmamento. Y yo quiero compartir la vida con ella.

Estoy escribiendo con dificultad porque llevo desde ayer con un dolor horrible de cabeza. Creo que me pasa porque llevo sin descansar bien desde el sábado. El domingo me fui a dormir muy tarde, el lunes dormí con Artemisa, pero ninguna de las dos durmió bien porque creo que ninguna de las dos podía dejar de pensar en lo que estaba ocurriendo y ayer por la noche recuperé con Artemisa todo el tiempo que nos hizo perder esta situación. Tal vez parezca una locura que Artemisa y yo sigamos juntas después de todo lo que ha pasado entre Lúa y yo, pero, aunque me cueste reconocerlo, lo que siento por Lúa no es tan fuerte como lo que siento por Artemisa y creo que no es justo que ese sentimiento estropee una relación tan fuerte y tan bonita.

Ayer por la tarde, mientras hablaba con Artemisa, me eché a llorar muchísimo diciendo que me arrepentía muchísimo de lo que había hecho, que lo sentía muchísimo, que me había equivocado mucho... y Artemisa no dejaba de decirme que no me preocupase más, que todos tenemos derecho a equivocarnos alguna vez, que todos nos equivocamos, que ella también se equivocó conmigo muchas veces y que lo único que le importaba era que yo fuese capaz de reconocer lo que sentía. También me preguntó muchas veces si estaba segura de que no quería estar con Lúa. Me dijo muchas veces que, si yo escogía estar con Lúa, ella se alejaría de mí sin decir nada, aceptando que había perdido, pero yo no quiero que Artemisa desaparezca de mi vida. Creo que lo que ha pasado con Lúa ha intensificado el amor que siento por Artemisa, me ha servido para percatarme de que la amo de verdad a ella. Es cierto que con Lúa gocé muchísimo y estoy segura de que alguna vez ese deseo resurgirá, pero no puedo dejar a Artemisa por eso, no puedo, sé que ella es el amor de mi vida. Incluso creo que lo que ha pasado con Lúa era inevitable después de tanto tiempo acordándonos una de la otra, después de compartir momentos tan bonitos, pero ya está. Fue algo que tenía que ocurrir, pero todo me dice que no puedo dejar a Artemisa, que Artemisa y yo nacimos para estar juntas, en mi tierra, aquí, las dos.

Después hablé con Lúa, que vino a la aldeíña para hablar conmigo. Aceptó lo que le dije porque ya lo esperaba, porque sabía que yo no dejaría a Artemisa por ella. Quizás por eso me dijese el lunes por la madrugada que no hablásemos de nuestros sentimientos en esos momentos. Ahora entiendo que ella siempre supo que yo no dejaría nunca a Artemisa y que Artemisa nunca me dejaría a mí, por muy intensos y hermosos que fuesen los momentos que habíamos compartido. Siempre lo supo, pero, aún así, no quería desaprovechar la oportunidad de estar conmigo, de saber cómo soy yo en esos momentos, y creo que merece tener esos recuerdos en su memoria.

Lúa y yo podemos seguir siendo amigas, pero sí es cierto que Lúa me reconoció que le iría bien que durante un tiempo no nos viésemos tanto, sólo para aceptar que no podía estar conmigo. será fácil que no nos veamos porque mañana yo iré con Artemisa a Barcelona para ayudarla a preparar la mudanza. No puedo dejarla sola en ese ámbito tan complicado. Hacer una mudanza no es fácil y estaría siendo muy egoísta si la dejase soliña. Me costará muchísimo alejarme de mi tierra, de mi gente, de Ourense, de Galicia; pero también sé que volveré antes de que tenga tiempo a extrañar todo esto. No obstante, soy consciente de que, en cuanto coja el tren que me separará de Ourense, ya comenzaré a sentir esa morriña tan fuerte que me destroza el alma; pero ahora me marcharé sabiendo cuándo voy a volver y eso es lo que más me alienta a regresar a Barcelona, es eso en realidad lo que me da ánimo para enfrentar todo lo que tenga que venir.

También soy consciente de que me costará un poquiño acostumbrarme a no ver a Lúa y tal vez me duela mucho no poder hablar con ella. Tengo que reconocer que hubo momentos en los que imaginé una vida con ella, pero no puedo dejar a Artemisa por esas ilusiones. Sé que no estuvo bien soñar que podíamos compartir una vida. Sé que no estuvo bien pensarme con ella, imaginar que estaba con ella, en su casa, que despertaba con ella, empezando cada nuevo día con ella... pero, a veces, podemos confundirnos mucho, podemos desorientarnos en nuestra vida... y lo que importa es saber volver al lugar donde tenemos que estar. Artemisa también sabe que lo que siento por Lúa no va a desaparecer tan rápido, pero lo que importa es que ninguna de las dos hemos dejado de querernos.

Y creo que voy a dejar de escribir. Me duele la cabeciña como si me estuviesen clavando una infinita espada. Me tumbaré un ratiño con Artemisa. Ahora me apetece estar con ella como si llevásemos miles de días separadiñas. Qué curioso es todo... Qué cosas te hace la vida...

2 comentarios:

  1. ¡Bravoooo! ¡Se perdonan y se salva la relación! De verdad que pensaba que Agnes estaba enamorada de Lúa, le dije que la quería y me lo creí. Al menos Lúa supo desde un primer momento que eso no era del todo verdad. Sentía algo por ella, pero no tan intenso como lo que siente por Artemisa.

    Artemisa ha demostrado ser muy buena, que no siente rencor y que su amor por Agnes es de verdad. Le perdona (no todo el mundo es capaz de hacerlo) y sigue luchando por Agnes, apostando por la relación. ha sido fundamental que Agnes aclarase sus sentimientos. Sabiendo que ama a Artemisa sobre todas las cosas, la relación se salva. Me alegra mucho, no sabía cómo irían las cosas con las dos separadas. Hemos vivido con ellas su historia de amor y todo lo que han tenido que sufrir para conservarlo. Si es que siempre lo he pensado, aunque puedan tener diferencias, son una pareja maravillosa. Es cierto que la infidelidad de Agnes fue un bombazo, pero quizás eso las hizo reaccionar a las dos, esforzarse por la relación, preocuparse por las necesidades de ambas, teniendo en cuenta sus sentimientos, contando la una y la otra para hacer cosas juntas, para tener una vida en común. Que Agnes haya cedido en ir a Barcelona para ayudarla con el traslado, me parece un gesto muy bonito por su parte. Quizás esa infidelidad sea una bendición jajaja. Nada, que vuelves a volverme loco jajaja. Cuando pienso una cosa, es otra totalmente distinta. Como juegas con el lector jajaja. Pues me alegra que Agnes por fin haya aclarado lo que siente, que por fin apueste por Artemisa y que a partir de ahora vaya a luchar por su amor, por una vida en común. Y también me alegra que Artemisa la perdone, que la ame y la infidelidad no termine con su relación. Para mi, es un capítulo feliz. Ya me imaginaba a Artemisa fuera de la vida de Agnes...y me daba mucha pena. ¡Un capitulazo!

    ResponderEliminar
  2. Y, cuando todo parecía perdido... la relación se salva. No sé, hay algo que no me encaja, como un regusto a fracaso. En realidad, no apruebo la reacción de ninguna de las tres, porque me parecen unas cobardes. Artemisa es cobarde, porque se lo traga todo, a ella le conviene que la inversión que ha hecho en Agnes no se arruine, que los cambios que ha estado preparando no acaben en nada... es verdad que es buena y generosa, pero, no sé, seguir con Agnes es lo más cómodo, es no desandar el camino, pero lo hace de un modo tan simple que no me convence. Agnes es otra cobarde. No se puede decir "sentía algo especial por Lúa, pero tamén lle recoñecín que non a amaba tanto como a ela", ¿pero esto qué es? ¿un mercado de ganado? A ti que quiero 5,7, en cambio Lúa apenas es un 4,2... nada, nada, tú ganas. Pues no, pues no, las cosas no son así, o se ama o no se ama. Lúa no me parece un simple capricho sexual, eso sí lo habría entendido, pero con ella hay muchísimo más que eso, porque en el fondo Lúa es Galicia. Ahora Agnes tiene miedo de tirar todo por la borda y dice que no, que se lo ha pensado. No me convence. Y Lúa es otra cobarde, si amas y por fin te corresponden y luego te dicen que no, que perdones que es que se había precipitado pues lo que tienes que hacer, por amor propio y respeto a ti, es mandar a Agnes a freír espárragos, porque si no va a estar de segundo plato indefinido toda la vida. Así que tampoco me la creo.


    Y así estamos, que parece que se están arreglando las cosas pero yo creo que no es así, porque a fin de cuentas no se ha abordado el problema, solo se ha alcanzado un equilibrio precario, que va a saltar a las primeras de cambio. ¡Aquí queda mucho por pasar, lo presiento!

    ResponderEliminar