martes, 25 de septiembre de 2018

DIARIO DE AGNES: VENRES, 21 DE SETEMBRO DE 2018


Venres, 21 de setembro de 2018

Estou moi ilusionada coas cousiñas que vivo, coas que me veñen e con todo o que sinto. Sei que hai cousas que me fan dano, pero son quen de enfrontarme a elas coma se fose a muller máis sabia e forte do mundo. Estou segura de que, se non fose tan feliz, non sería capaz de convivir con esas cousiñas que tan tristeira poden chegar a me pór. Tamén sei que eiquí, na miña terra, todo é moito máis sinxelo para min, son moito máis libre que en calquera parte do mundo e, como xa me sinto totalmente conectada comigo mesma, podo falar cos demais e ser eu mesma sen case sentir timidez; algo que xamais pensei que me podería ocorrer. Síntome libre desas inseguridades que sempre viviron na miña ialma, ceibe xa dos meus complexos, da miña timidez, de todo o que me detiña e me encerraba en min mesma. Agora falo con seguridade, sorrío con moita facilidade e podo facer calquera cousa. Síntome capaz de todo, xúroo, e xamais me sentín así, de verdade. Teño por dentro miña tanta ilusión que, ás veces, teño que pechar os ollos para intentar domear o que sinto, para concentrarme no momento que estou vivindo.

Quero contar moitas cousas, e non sei por onde comezar.

Como xa contei a última vez que escribín, o luns empezarei a traballar na cafetería de Silvia. Estou moi ilusionada con este traballo. Durante esta semana toda, Silvia estivo ensinándome a facer todo o que tería que facer na cafetería. Ensinoume a empregar as máquinas que hai, a facer café, a usar a caixa, despois tamén me amosou todo o que tería que facer cos pedidos e unha morea de cousas que se me quedaron axiña, que axiña aprendín, ao contrario do que eu pensaba. Eu, ás veces, pensaba que me custaría moito aprender todo o que tería que facer, pero non é así para nada. Eu comezaría hoxe mesmo, pero xa o farei o luns. Ademais, hoxe pola tarde, Lúa e máis eu iremos á aldeíña porque mañá segue a vendima. Iremos á comarca do Ribeiro porque eilí agora están co máis importante da vendima. Ademais, noutras comarcas da nosa terra, tamén están coa recollida do millo e pode que tamén tratemos de axudar.

Tamén quería contar que, esta fin de semana, tocaremos unha pandeirada nas festas da vendima dalgunhas aldeas nas que están facendo a vendima. Teño moitísimas ganas de vivir eses momentos. É curioso... Nunca sinto vergonza cando teño que cantar, bailar e tocar diante da xente. Síntome libre, feliz, chea de enerxía. Non penso en toda a xente que me está mirando, senón na música, nas letras, na miña voz, na miña maneira de tocar e de danzar. Paréceme que estou soa no mundo, soa coa música.

Estes días foron moi intensos porque marchaba cedo pola mañá e despois regresaba á casa cando xa era pola tardiña, case o serán. Ademais, onte comecei a ir ás clases de ioga que fai Lúa. Díxome que era unha parvada que eu non fose a esas clases se tanto me prestaba ir. Gustoume moitísimo ir. Sentín tanta paz e felicidade en todo momento... Ademais, tamén vén algunha das mulleres que coñecín hai xa... dúas semanas, se non estou trabucada. Sei que conto as cousas de xeito desordenado, pero quero explicar tantas cousas que me custa seguir unha orde.

Ás veces, cústame crer que esta vida sexa real, é dicir, que todo o que vivo pertenza á realidade e non forme parte dun soño. Tamén, ás veces, me custa entender como é posíbel que estea con Lúa así sabendo como está Artemisa, despois de todo o que vivín con ela... Síntome con Lúa coma se levase milleiros de anos con ela. Todos os momentos que vivimos son fermosísimos, sentimos sempre unha conexión tan forte... pero tamén quero falar da conversación que mantiven con Artemisa o martes pola noite. Chamoume ela; o cal me abraiou porque eu pensaba que ela non quería falar comigo. Pensei que a conversación que manteriamos sería acougada, pero estaba moi equivocada. Non discutimos nin nada, pero houbo moitísima tensión e, durante moito tempo, eu non souben que dicirlle. Ao principio, comezamos a falar con tranquilidade, explicándonos cousas da nosa vida. Ela explicoume que fora ao templo e que todos me botaban moito en falla; pero, despois, Artemisa comezou a preguntarme se non a estrañaba, a dicirme que ela non se sentía quen de vivir sen min, que estaba moi mal, que nin tan sequera tiña ganas de traballar, que non quería vivir... Eu non sabía que dicirlle e quedei sen palabras definitivamente cando ouvín como ela me pedía que lle dese outra oportunidade, que, por favor, a escoitase, que era quen de ir a Ourense para falar comigo, que, se eu lle dicía que viñese, o deixaría todo para vir comigo... eu non sabía que dicirlle. Ao escoitar as súas palabras, críaa capaz de vir de verdade e non quería vivir esa situación por nada do mundo. Non quería porque eu teño clarísimo que xa non quero estar con ela. Non sei por que estou tan segura de que xa non volvería nunca máis con ela; pero Artemisa iso non o entende. Dicíame que era quen de deixalo todo por min, que non lle importaba nada... e eu o único que souben dicir foi que iso tería que telo feito antes. Entón ela preguntoume: xa é tarde, daquela? Non domeei a miña voz... Non puiden... e díxenlle que si, que xa era tarde, moi tarde, pero non porque ela non se merecese outra oportunidade, senón porque eu tiña outros sentimentos. Ela preguntoume entón se xa non a quería nada. Si, si a quero, pero, tal como lle dixen, quéroa como amiga, só como amiga. Preguntoume tamén se nunca máis nos volveriamos ver e eu díxenlle que si, pero cando estivese mellor. Non sei se iso poderá ser, pero, se algunha vez ela e máis eu nos vemos, terá que ser porque ela vén a Galicia. Eu non creo que vaia saír de eiquí... ao menos polo momento; pero Artemisa tamén me propuxo que quedásemos en León, que iría na ponte do Pilar; pero díxenlle que non, que o mellor era que non nos vísemos aínda. Aínda está todo moi recente... pero ela só pensa en que ten que falar comigo, que lle teño que dicir á cara que non quero estar xa con ela, que non o cre, que pensa que estou enchendo con Lúa o baleiro que ela me deixou na ialma ao cortar a nosa relación, pero eu negueille iso axiña. Non é certo. Nunca podería actuar eisí. Eu estou con Lúa porque sinto que a quero, quéroa moito, ámoa cada vez con máis forza e sinto moita ilusión cando me decato de que ambas as dúas estamos a construír a nosa propia vida con tanto agarimo e esperanza. Non ten sentido que fale con Artemisa da nosa relación se eu sinto que esta xa quedou tan atrás, pero ela non sabe falar doutra cousa e tamén o entendo. Non estou dicindo que non a queira, pero algo pasou na miña ialma. É coma se o que sinto por Lúa tivese invadido o meu ser todo e desterrado sentimentos que me poden facer dano.

Non obstante, hai veces nas que si sinto que boto moito en falla Artemisa. Iso xa o dixen varias veces, pero, como lle dixen a ela, estráñoa porque me gustaría compartir con ela todo o que estou a vivir, porque me gustaría que fósemos as mellores amigas do mundo, porque sei que, se ela non o estivese pasando tan mal, poderiamos ser moi boas amigas... pero tamén hei de confesar que tampouco quero ver a Artemisa porque teño medo a que a súa tristura me confunda. Sei que, se a vexo agora mesmo, a percibirei tan desfeita que non o poderei aturar e podo cometer tolarías con tal de non vela sufrir; pero non falo de volver con ela, para nada... pero non sei, non me sinto quen de falar con ela en persoa... e diso tamén quero falar porque hai algo que teño que contar.

Onte pola noite, por segunda vez, tiven un soño moi estraño. Estaba de novo en Ourense, pero era nesta época. No soño, xa estaba traballando na cafetería e ía de camiño á casa de Lúa (a que, segundo ela, podo chamar a miña casa, tamén) cando ouvía que me chamaban por teléfono. Era Artemisa. Collíalle o teléfono e comezaba a preguntarme onde estaba. Eu explicáballe que estaba saíndo do traballo e que ía para á miña casa e entón, de súpeto, ouvía o ruidiño que fan os semáforos de Ourense cando se poñen verde e entón adiviñaba axiña que Artemisa estaba moi preto de min. Sentía un medo moi forte e quedaba en branco, sen saber que dicir. Artemisa pedíame que fose ao parque de san Lázaro e eu ía sen saber moi ben o que tiña que facer. Cando me vía, Artemisa abrazábame desesperadamente, chorando case sen poder respirar. Eu non sabía como me tiña que comportar con ela. Só a abrazaba intentando acougala. Ao final, Artemisa collíame do brazo e pedíame que fósemos dar un paseo ata a ponte romana. Falaba ela todo o tempo, explicándome cousas que case xa non lembro, ata que chegábamos á ponte romana. Entón, Artemisa, deténdose na ponte, preguntoume se de verdade non quería estar con ela, se de verdade era quen de vivir sen ela... O río estaba tras ela, azul e brilante, pero de súpeto comezaba a virarse vermello, sen motivo. Eu queríalle contestar a Artemisa, pero a imaxe do río volvéndose de sangue me deixara sen palabras. Namentres, Artemisa non me deixaba de pedir que volvese con ela, que lle dese outra oportunidade. Ao ver que non lle contestaba, empezou a falar moito máis forte, alzando a voz con forza, preguntándome berrando se de verdade a esquecera tan rápido. Eu mireina abraiada, intentei dicirlle que o río se estaba tinxindo de sangue, pero Artemisa estaba entolecendo sen fin, sen que nin ela mesma puidese evitalo nin domear os seus sentimentos. Entón, de súpeto, desesperadamente, con moita forza, díxome:

      Se non queres estar comigo, daquela, non ten sentido que siga vivindo! 

Non puiden reaccionar. Artemisa virouse e lanzouse ao río, sen dicir nada máis. Eu fun tras súa cando a vin pular ao baleiro, pero xa era demasiado tarde. Xa non se podía facer nada por ela. E entón abrín os ollos. Espertei co seu nome nos meus beizos, a piques de voar lonxe da miña voz.  Sei que eses soños non nacen de botar en falla a Artemisa coa desesperación coa que ela me estraña. Nacen dalgo distinto, dalgo que eu non podo domear, que é máis grande ca min. E mesmo penso que eses soños son un aviso. Eu... eu sempre predixen a morte das persoas que quero a través dos soños. Sempre vin a morte dos meus seres queridos nos soños; pero négome a aceptar que esta vez sexa... sexa... Non, négome a aceptalo; pero é a segunda vez nunha semana que soño que Artemisa se lanza ao río... e iso inquiétame tanto que non o podo aturar. Lúa dime que non me desacougue, que eses soños son froito da inquedanza que sinto por Artemisa. Lúa dime que, aínda que xa non queira estar con ela, eu desexo que Artemisa estea ben, non quero que sufra, e eses soños son a manifestación desa inquedanza e deses desexos... Ogallá sexa iso, por favor... e tamén por iso non quero que ela veña a Ourense, xa non porque eu non saiba como tratala se vén, senón porque teño medo a que o que soño se volva realidade se ela vén eiquí... pero seica teña en baluto eses medos. Ogallá non volva soñar algo así. Parécenme soños moi tristes, moi horríbeis.

E creo que xa vou deixar de escribir. Contarei como foi esta fin de semana en canto poida.

 

Traducción

Viernes, 21 de septiembre de 2018

Estoy muy ilusionada con las cosiñas que vivo, con las que me vienen y con todo lo que siento. Sé que hay cosas que me hacen daño, pero soy capaz de enfrentarme a ellas como si fuese la mujer más sabia y fuerte del mundo. Estoy segura de que, si no fuese tan feliz, no sería capaz de convivir con esas cosiñas que tan triste pueden llegar a ponerme. También sé que aquí, en mi tierra, todo es mucho más sencillo para mí, soy mucho más libre que en cualquier parte del mundo y, como ya me siento totalmente conectada conmigo misma, puedo hablar con los demás y ser yo misma sin casi sentir timidez; algo que jamás pensé que podría ocurrirme. Me siento libre de esas inseguridades que siempre vivieron en mi alma, libre ya de mis complejos, de mi timidez, de todo lo que me detenía y me encerraba en mí misma. Ahora hablo con seguridad, sonrío con mucha facilidad y puedo hacer cualquier cosa. Me siento capaz de todo, lo juro, y jamás me he sentido así, de verdad. Tengo por dentro de mí tanta ilusión que, a veces, tengo que cerrar los ojos para intentar dominar lo que siento, para concentrarme en el momento que estoy viviendo.

Quiero contar muchas cosas, y no sé por dónde empezar.

Como ya conté la última vez que escribí, el lunes empezaré a trabajar en la cafetería de Silvia. Estoy muy ilusionada con este trabajo. Durante esta semana toda, Silvia estuvo enseñándome a hacer todo lo que tendría que hacer en la cafetería. Me enseñó a usar las máquinas que hay, a hacer café, a utilizar la caja, después me mostró todo lo que tendría que hacer con los pedidos y una cantidad de cosas que se me quedaron enseguida, que enseguida aprendí, al contrario de lo que yo pensaba. Yo, a veces, pensaba que me costaría mucho aprender todo lo que tendría que hacer, pero no es así para nada. Yo comenzaría hoy mismo, pero ya lo haré el lunes. Además, hoy por la tarde, Lúa y yo iremos a la aldeíña porque mañana sigue la vendimia. Iremos a la comarca del Ribeiro porque allí ahora están con lo más importante de la vendimia. Además, en otras comarcas de nuestra tierra, también están con la recogida del millo y puede que también tratemos de ayudar.

También quería contar que, este fin de semana, tocaremos una pandeirada en las fiestas de la vendimia de algunas aldeas que están haciendo la vendimia. Tengo muchísimas ganas de vivir esos momentos. Es curioso... Nunca siento vergüenza cuando tengo que cantar, bailar y tocar delante de la gente. Me siento libre, feliz, llena de energía. No pienso en toda la gente que está mirándome, sino en la música, en las letras, en mi voz, en mi manera de tocar y de danzar. Me parece que estoy sola en el mundo, sola con la música.

Estos días han sido muy intensos porque me marchaba temprano por la mañana y después regresaba a casa cuando ya era por la tardiña, casi el crepúsculo. Además, ayer comencé a ir a las clases de yoga que hace Lúa. Me dijo que era una tontería que yo no fuese a esas clases si tanto me apetecía ir. Me gustó muchísimo ir. Sentí tanta paz y felicidad en todo momento... Además, también viene alguna de las mujeres que conocí hace ya... dos semanas, si no estoy equivocada. Sé que cuento las cosas de modo desordenado, pero quiero explicar tantas cosas que me cuesta seguir un orden.

A veces, me cuesta creer que esta vida sea real, es decir, que todo lo que vivo pertenezca a la realidad y que no forme parte de un sueño. También, a veces, me cuesta entender cómo es posible que esté con Lúa así sabiendo cómo está Artemisa, después de todo lo que viví con ella... Me siento con Lúa como si llevase millones de años con ella. Todos los momentos que vivimos son hermosísimos, sentimos siempre una conexión tan fuerte... pero también quiero hablar de la conversación que mantuve con Artemisa el martes por la noche. Me llamó ella; lo cual me sorprendió porque yo pensaba que ella no quería hablar conmigo. Pensé que la conversación que mantendríamos sería calmada, pero estaba muy equivocada. No discutimos ni nada, pero hubo muchísima tensión y, durante mucho tiempo, yo no supe qué decirle. Al principio, comenzamos a hablar con tranquilidad, explicándonos cosas de nuestra vida. Ella me explicó que había ido al templo y que todos me echaban mucho en falta; pero, después, Artemisa comenzó a preguntarme si no la extrañaba, a decirme que ella no se sentía capaz de vivir sin mí, que estaba muy mal, que ni tan siquiera tenía ganas de trabajar, que no quería vivir... Yo no sabía qué decirle y me quedé sin palabras definitivamente cuando oí cómo ella me pedía que le diese otra oportunidad, que, por favor, la escuchase, que era capaz de ir a Ourense para hablar conmigo, que, si yo le decía que viniese, lo dejaría todo para venir conmigo... Yo no sabía qué decirle. Al escuchar sus palabras, la creía capaz de venir de verdad y no quería vivir esa situación por nada del mundo. No quería porque yo tengo clarísimo que ya no quiero estar con ella. No sé por qué estoy tan segura de que ya no volvería nunca más con ella; pero Artemisa eso no lo entiende. Me decía que era capaz de dejarlo todo por mí, que no le importaba nada... y yo lo único que supe decir fue que eso tendría que haberlo hecho antes. Entonces ella me preguntó: ya es tarde, ¿entonces? No dominé mi voz... No pude... y le dije que sí, que ya era tarde, muy tarde, pero no porque ella no se mereciese otra oportunidad, sino porque yo tenía otros sentimientos. Ella me preguntó entonces si ya no la quería nada. Sí, sí la quiero, pero, tal como le dije, la quiero como amiga, sólo como amiga. Me preguntó también si nunca más volveríamos a vernos y yo le dije que sí, pero cuando estuviese mejor. No sé si eso podrá ser, pero, si alguna vez ella y yo nos vemos, tendrá que ser porque ella viene a Galicia. Yo no creo que vaya a salir de aquí... al menos por el momento; pero Artemisa también me propuso que quedásemos en León, que iría en el puente del Pilar; pero le dije que no, que lo mejor era que no nos viésemos todavía. Aún está todo muy reciente... pero ella sólo piensa en que tiene que hablar conmigo, que tengo que decirle a la cara que no quiero estar ya con ella, que no se lo cree, que piensa que estoy llenando con Lúa el vacío que ella me dejó en el alma al cortar nuestra relación, pero yo le negué eso enseguida. No es cierto. Nunca podría actuar así. Yo estoy con Lúa porque siento que la quiero, la quiero mucho, la amo cada vez con más fuerza y siento mucha ilusión cuando me percato de que las dos estamos construyendo nuestra propia vida con tanto cariño y esperanza. No tiene sentido que hable con Artemisa de nuestra relación si yo siento que ésta ya quedó tan atrás, pero ella no sabe hablar de otra cosa y también lo entiendo. No estoy diciendo que no la quiera, pero algo ha pasado en mi alma. Es como si lo que siento por Lúa hubiese invadido mi ser todo y desterrado sentimientos que pueden hacerme daño.

No obstante, hay veces en las que sí siento que echo mucho en falta a Artemisa. Eso ya lo he dicho varias veces, pero, como le dije a ella, la extraño porque me gustaría compartir con ella todo lo que estoy viviendo, porque me gustaría que fuésemos las mejores amigas del mundo, porque sé que, si ella no estuviese pasándolo tan mal, podríamos ser muy buenas amigas... pero también he de confesar que tampoco quiero ver a Artemisa porque tengo miedo a que su tristeza me confunda. Sé que, si la veo ahora mismo, la percibiré tan deshecha que no podré soportarlo y puedo cometer locuras con tal de no verla sufrir; pero no hablo de volver con ella, para nada... pero no sé, no me siento capaz de hablar con ella en persona... y de eso también quiero hablar porque hay algo que tengo que contar.

Ayer por la noche, por segunda vez, tuve un sueño muy extraño. Estaba de nuevo en Ourense, pero era en esta época. En el sueño, ya estaba trabajando en la cafetería e iba de camino a la casa de Lúa (la que, según ella, puedo llamar mi casa, también) cuando oía que me llamaban por teléfono. Era Artemisa. Le cogía el teléfono y comenzaba a preguntarme dónde estaba. Yo le explicaba que estaba saliendo del trabajo y que iba para mi casa y entonces, de súbito, oía el ruidiño que hacen los semáforos de Ourense cuando se ponen verde y entonces adivinaba enseguida que Artemisa estaba muy cerca de mí. Sentía un miedo muy fuerte y me quedaba en blanco, sin saber qué decir. Artemisa me pedía que fuese al parque de san Lázaro y yo iba sin saber muy bien lo que tenía que hacer. Cuando me veía, Artemisa me abrazaba desesperadamente, llorando casi sin poder respirar. Yo no sabía cómo tenía que comportarme con ella. Sólo la abrazaba intentando serenarla. Al final, Artemisa me cogía del brazo y me pedía que fuésemos a dar un paseo hasta el puente romano. Hablaba ella todo el tiempo, explicándome cosas que casi ya no recuerdo, hasta que llegábamos al puente romano. Entonces, Artemisa, deteniéndose en el puente, me preguntó si de verdad no quería estar con ella, si de verdad era capaz de vivir sin ella... El río estaba tras ella, azul y brillante, pero de súbito empezaba a volverse rojo, sin motivo. Yo quería contestarle a Artemisa, pero la imagen del río volviéndose de sangre me había dejado sin palabras. Mientras, Artemisa no dejaba de pedirme que volviese con ella, que le diese otra oportunidad. Al ver que no le contestaba, empezó a hablar mucho más fuerte, alzando la voz con fuerza, preguntándome chillando si de verdad la había olvidado tan rápido. Yo la miré sorprendida, intenté decirle que el río estaba tiñéndose de sangre, pero Artemisa estaba enloqueciéndose sin fin, sin que ella misma pudiese evitarlo ni dominar sus sentimientos. Entonces, de súbito, desesperadamente, con mucha fuerza, me dijo:

      ¡Si no quieres estar conmigo, entonces, no tiene sentido que siga viviendo!

No pude reaccionar. Artemisa se volvió y se lanzó al río, sin decir nada más. Yo fui tras ella cuando la vi saltar al vacío, pero ya era demasiado tarde. Ya no se podía hacer nada por ella. Y entonces abrí los ojos. Me desperté con su nombre en mis labios, a punto de volar lejos de mi voz. Sé que esos sueños no nacen de echar en falta a Artemisa con la desesperación con la que ella me extraña. Nacen de algo distinto, de algo que yo no puedo dominar, que es más grande que yo. E incluso pienso que esos sueños son un aviso. Yo... yo siempre predije la muerte de las personas que quiero a través de los sueños. Siempre vi la muerte de mis seres queridos en los sueños; pero me niego a aceptar que esta vez sea... sea... No, me niego a aceptarlo; pero es la segunda vez en una semana que sueño que Artemisa se lanza al río... y eso me inquieta tanto que no puedo soportarlo. Lúa me dice que no me desasosiegue, que esos sueños son fruto de la inquietud que siento por Artemisa. Lúa me dice que, aunque ya no quiera estar con ella, yo deseo que Artemisa esté bien, no quiero que sufra, y esos sueños son la manifestación de esa inquietud y de esos deseos... Ojalá sea eso, por favor... y también por eso no quiero que ella venga a Ourense, ya no porque yo no sepa cómo tratarla si viene, sino porque tengo miedo a que lo que sueño se vuelva realidad si ella viene aquí... pero tal vez tenga en balde esos miedos. Ojalá no vuelva a soñar algo así. Me parecen sueños muy tristes, muy horribles.

Y creo que ya voy a dejar de escribir. Contaré cómo fue este fin de semana en cuanto pueda.

2 comentarios:

  1. Artemisa se sigue arrastrando, humillándose una y otra vez ante una persona que ya no la ama y que tiene muy claro que no volverá con ella. Me da rabia, me gustaría que pasase de ella, que viviese su propia vida, ahora que puede pensar en si misma, en sus propias metas. Comprendo su dolor y su tristeza, pero no es ni la primera ni la última persona a la que le ocurre, es duro, pero lo tiene que superar. Artemisa merece ser feliz, encontrar a la persona que la ame para siempre o vivir feliz con su hermana, sus amigas, su felicidad propia sin depender de nadie.

    Me da miedo ese sueño de Agnes, siempre se cumplen las muertes que sueña...Espero que esta sea la excepción y no ocurra. Estando Artemisa tan mal, es mejor que ni le coja el teléfono, que no sepa nada de ella y así se pueda recuperar. Ains, me da pena que Artemisa no pueda rehacer su vida...pero claro, su amor es de verdad, la quiere y no es capaz de soportar que la persona con la que se suponía pasaría el resto de su vida, se haya olvidado de su amor tan pronto y sea feliz junto a otra persona, pero bueno, eso ocurre todos los días, y hay que superarlo.

    Ains, me da mala espina todo esto...espero equivocarme...¡Voy a leer otro!

    ResponderEliminar
  2. Repasando veo que este comentario no está, debe de ser un maleficio o algo así, porque esta es la tercera vez que lo pongo, jajajajaja.
    Bueno, es claro que el capítulo tiene dos partes muy marcadas, la del sueño y el resto; al principio Agnes nos pone al tanto de su vida, está muy feliz, sin duda, pero tiene sin resolver el asunto de Artemisa, nos lo dice claramente... Ás veces, cústame crer que esta vida sexa real, é dicir, que todo o que vivo pertenza á realidade e non forme parte dun soño. Tamén, ás veces, me custa entender como é posíbel que estea con Lúa así sabendo como está Artemisa, despois de todo o que vivín con ela… Artemisa podría pensarse que es una especie de estorbo para Agnes, pero no, porque ella misma reconoce que la echa en falta a veces, ¿entonces qué pasa?

    Y la escena del sueño, aunque realmente es corta, constituye un apartado claramente diferente. Me maravilla que en tan poquitas líneas puedas contar algo tan completo, se imagina todo, el paseo, el cambio de coloración del río... da pavor leerlo. Luego, llama la atención esa forma de morir, ¿es que acaso se tiró Artemisa de un puente en otra vida, tal vez de ese mismo puente? Los sueños de Agnes no son por cualquier cosa, y en realidad lo que sueña encaja solo regular con su vida, que sueñe con Agnes y sus problemas está bien pero ¿tirarse de ese puente? ¿y el agua roja de sangre? ¿es una premonición o advertencia? Un capítulo no muy largo pero de muy muy intenso.

    ResponderEliminar